Protesta convocada por Comisións Obreiras contra a apertura en domingos e festivos. Din que atenta contra o dereito á conciliación dos traballadores e prexudica o comercio de proximidade | A investigadora galega Marisol Soengas e o anestesiólogo estadounidente Emery Neal Brown son xa os novos doutores honoris causa da Universidade da Coruña | Falta mes e medio para que comece o curso, e a maioría dos estudantes universitarios teñen xa onde vivir. En Santiago pagan de media 300 euros por unha habitación. Moitos quéixanse de que os pisos non están en boas condicións | O autobús no que desfilou a selección española de fútbol polas rúas de Madrid para celebrar a vitoria no mundial foi fabricado pola ourensá UNVI. É unha referencia internacional na elaboración deste tipo de vehículos, presentes en tódalas capitais europeas |A cantante Aitana fai parada na Coruña coa súa xira 'Cuarto azul'. O concerto será esta noite, a partir das 10 e media, pero decenas de seguidoras fan cola xa ás portas do Coliseum dende moi cedo ou incluso dende hai días. 22-07-2026
Sguimos baixo influencia das altas presións. Tempo seco e cálido pola tarde, con sensación de bochorno. Os termómetros superan os 36 graos nos vales do Miño e do Sil. Ceos con poucas nubes, e brétemas costeiras no litoral atlántico. 22-07-2026
Protesta contra a apertura comercial autorizada pola Xunta o domingo 26 de xullo e o xoves 15 de agosto | A investigadora galega Marisol Soengas e o anestesiólogo estadounidente Emery Neal Brown son xa os novos doutores honoris causa da Universidade da Coruña | A Xunta espera pechar nas próximas semanas o traspaso de competencias nos permisos de traballo das persoas estranxeiras |O autobús que levou aos gañadores do mundial de celebración polas rúas de Madrid, é un modelo fabricado en Ourense pola compañía UNVI | Centos de seguidores agardan, dende hai horas, ás portas do Coliseum da Coruña para asistir ao concerto, esta noite, de Aitana. 22-07-2026
Nova protesta contra a apertura comercial autorizada pola Xunta o domingo 26 de xullo e o xoves 15 de agosto, festivo nacional. ás portas dunha gran superficie, en Santiago, representantes de Comisións Obreiras defenden a convocatoria de folga para esas datas | A Universidade da Coruña aposta pola excelencia científica, coa investidura, hoxe, co doutoramento honoris causa de duas figuras de relevancia internacional. A galega Marisol Soengas, destacada polos seus traballos na investigación do melanoma, e Emery Brown, experto norteamericano en biomedicina | O autobús descapotable que levou aos gañadores do mundial de celebración polas rúas de Madrid, é un modelo fabricado en Ourense pola compañía UNVI, do grupo Pérez Rumbao. Con 300 traballadores, elabora un cento de vehículos ao ano, de xeito case artesanal | Euforia de fans na Coruña ante o concerto, esta noite, de Aitana, unha das grandes estrelas do panorama nacional. Centos de seguidores agardan, dende hai horas, ás portas do Coliseum para asistir a un espectáculo, que requeríu 37 toneladas de estruturas e tres días de traballo. 22-07-2026
A sede de Afundación en Santiago acolle ‘Compostella Expeditio’. Unha experiencia inmersiva que nos traslada ao pasado medieval da capital galega a través da realidade virtual.
Un bar en Arteixo foi denunciado por facer apoloxía do franquismo. O establecemento leva anos exhibindo lemas da ditadura e bandeiras preconstitucionais. A plataforma veciñal denunciante considera que foi a máis e que incumpre tanto o marco estatal coma galego.
Hai 25 anos colocábase a primeira pedra da conexión de alta velocidade ferroviaria a Galicia. As obras comezaban no treito entre Santiago e A Coruña do chamado eixo atlántico. Un cuarto de século despois, aínda están pendentes actuacións para completar a modernización do tren en Galicia.
Telexornal Galicia 2 21-07-2026
As asociacións de loita contra o tabaquismo dan o seu apoio ao novo proxecto de lei aprobado no Consello de Ministros, aínda que denuncian o incumprimento das restricións que xa están actualmente en vigor | Galicia, Castela e León e o norte de Portugal unen forzas para impulsar o Corredor Atlántico Noroeste. Trátase dun proxecto financiado con fondos europeos, que busca acelerar o desenvolvemento desta infraestrutura ferroviaria estratéxica | O BNG dá por roto o acordo de investidura que suscribiu co goberno municipal dos socialistas na Coruña, encabezado pola alcaldesa Inés Rey | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a condena ao Concello de Ourense e ao seu alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, por incumprir a normativa de prevención de riscos laborais | Un bar en Arteixo foi denunciado por facer apoloxía do franquismo. O establecemento leva anos exhibindo lemas da ditadura e bandeiras preconstitucionais. 21-07-2026
Refórzase a influencia anticiclónica, co que temos menos inestabilidade, máis calor e máis sol. Néboas illadas no interior e brétemas costeiras no litoral atlántico, que dan paso a tempo seco e soleado, con algunha nube no extremo norte. As temperaturas soben, con máximas de 36 graos no Miño de Ourense, en aviso amarelo por calor. 21-07-2026
Prohibido fumar nas terrazas, nos campus universitarios ou concertos ao aire libre. Así o contempla a nova normativa impulsada polo goberno para ampliar os espazos sen fume | Presentada a iniciativa en favor do Corredor do Atlántico Noroeste. É un proxecto para mellorar a conexión por alta velocidade ferroviaria dos territorios de Galicia, Castela e León e do norte de Portugal | O BNG dá por roto o acordo de investidura que suscribiu co goberno municipal dos socialistas na Coruña | Un bar en Arteixo, denunciado por facer apoloxía do franquismo. O establecemento leva anos exhibindo lemas da ditadura e bandeiras preconstitucionais. 21-07-2026
Prohibido fumar nas terrazas, nos campus universitarios ou concertos ao aire libre. Así o contempla a nova normativa impulsada polo goberno para ampliar os espazos sen fume. As asociacións de loita contra o tabaquismo dan o seu apoio, aínda que denuncian o incumprimento das restricións que xa están actualmente en vigor | Presentada hoxe en Santiago a iniciativa en favor do Corredor do Atlántico Noroeste. É un proxecto para mellorar a conexión por alta velocidade ferroviaria dos territorios de Galicia, Castela e León e do norte de Portugal, para reforzar a súa competitividade | Un establecemento hosteleiro de Arteixo, denunciado por apoloxía do franquismo. Os denunciantes din que incumpre tanto a normativa estatal como a autonómica ao exhibir, dende hai anos, bandeiras preconstitucionais e lemas favorables á dictadura | Como era a cidade de Santiago no século trece. É o que recolle a mostra Compostella Expeditio, unha experiencia inmersiva que nos traslada, mediante a realidade virtual, a 800 anos atrás, á época na que remataron as obras do Pórtico da Gloria. 21-07-2026
A cantante Wöyza, o portugués Antonio Zambujo ou o tributo ao italiano Ludovico Einaudi foron só unha parte da programación do IKFEM. O festival de Tui e Valença remata a súa edición número 14 consolidado coma unha das grandes citas de intercambio cultural neste espazo transfronteirizo.
Un dos protagonistas da festa trala final do Mundial foi Borja Iglesias. O compostelán convértese en campión do mundo e presume das súas orixes levando con el a bandeira de Galicia.
Borja Iglesias foi un dos protagonistas da final e convértese no primeiro futbolista galego campión do mundo. O dianteiro compostelano presumiu das súas orixes na celebración do triunfo no Mundial | A Xunta anuncia a concesión das Medallas de Galicia deste ano, coma unha homenaxe á colectividade galega no exterior, e recaen en catro mulleres que, desde distintos países, desenvolveron traxectorias de éxito sen perder o vínculo coa súa terra | Actuaban de madrugada, encapuchados e armados con coitelos e pistolas. A Garda Civil acaba de desartellar unha perigosa banda de atracadores que asaltou varios bares no sur na provincia de Pontevedra | O IKFEM, o festival Tui-Valença rematou a súa edición deste ano, consolidado xa coma unha das grandes citas de intercambio cultural neste espazo transfronteirizo. 20-07-2026
Celebración do triunfo de España no Mundial, coa bandeira de Galicia, portada por Borja Iglesias, tras un encontro que ninguén se quixo perder | A Xunta anuncia a concesión das Medallas de Galicia deste ano, coma unha homenaxe á colectividade galega no exterior | A Garda Civil desarticula unha banda armada especializada en asaltos con violencia a establecementos hosteleiros da provincia de Pontevedra | O festival Ikfem remata coa celebración dos 140 anos da ponte internacional sobre o Miño. 20-07-2026
Comezamos semana cunha situación atmosférica moi indefinida, con aire cálido en superficie e frío en altura. Luns de tempo cambiante, con apertura de grandes claros pola tarde, bochorno e risco de chuvascos e treboadas, sobre todo no interior da Coruña. Temperaturas sen cambios. As máximas entre os 25 graos de Vigo e os 35 de Ourense. 20-07-2026
Celebración do triunfo de España no Mundial, coa bandeira de Galicia, portada por Borja Iglesias. É unha das imaxes que deixa un encontro que ninguén se quixo perder e foi seguido dende pantallas xigantes en moitos puntos... Esta tarde programación especial nesta canle |A Xunta anuncia o reforzo do ensino secundario con 900 novos profesores para mellorar a atención ao alumnado e responder á diversidade. É un dos acordos do Consello que tamén decidiu conceder as Medallas de Galicia deste ano, coma unha homenaxe á colectividade galega no exterior | A Garda Civil desarticula unha banda armada especializada en asaltos con violencia a establecementos hosteleiros da provincia de Pontevedra. Na chamada Operación Troya, foi detido un dos integrantes e identificados outros catro, todos eles veciños de Vigo | O festival Ikfem remata coa celebración dos 140 anos da ponte internacional sobre o Miño. 12 horas ininterrupidas de música, arte e gastronomía, nunha exhibición de talento transfronteirizo, coa galega Rosa Cedrón no concerto de clausura. 20-07-2026
- Unha segunda vida para os bordóns que os peregrinos deixan en Santiago á súa chegada
- Correos levará de volta os bastóns desde Santiago a albergues situados no Camiño Francés
Galicia prepárase para seguir este domingo o España-Arxentina. Ducias de concellos instalarán pantallas xigantes e tamén a hostalería prevé unha xornada intensa de traballo.
A temporada de verán avanza con boas perspectivas de ocupación, cun aumento de turistas internacionais, grazas sobre todo ao tirón do Camiño. As Rías Baixas sitúanse entre os cinco destinos nacionais mellor valorados.