Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Santiago acolle unha exposición con obras do arquivo persoal da fotógrafa Isabel Steva, coñecida como Colita, que retratou a muller da España franquista cunha mirada crítica. Antifémina é considerado o primeiro libro gráfico feminista da Transición. As súas páxinas cobran vida nas paredes do Auditorio de Galicia.

Unha baixa situada ao noroeste deixa, un día máis, inestabilidade atmosférica. Ceo parcialmente nubrado, con chuvascos treboentos, máis probables nas provincias de Lugo e Ourense pola tarde. E temperaturas sen grandes cambios, con valores que seguirán sendo suaves, mesmo baixos para esta época nalgúns puntos. 14-07-2026

En Outeiro de Rei, moi preto de Lugo, abriu hoxe as súas portas Terra Nublar, un proxecto turístico que recrea un parque xurásico con máis de vinte dinosauros con movementos animatrónicos | Comezou en Pontevedra o xuízo contra o home acusado de tentar queimar viva á súa exparella en Vigo, hai case dous anos | Di que non lembra nada, pero admite que se entregou porque estaba arrepentido | O Concello da Coruña vai despregar un dispositivo especial de seguridade para o día 12 de agosto, día da eclipse | A empresa biotecnolóxica galega Celtarys presentou hoxe unha ferramenta que acelera os ensaios na creación de novos fármacos. 14-07-2026

Tiranosauros, velociraptores e outras criaturas do Xurásico, animadas, a tamaño real. É o parque inaugurado en Outeiro de Rei, a poucos minutos da cidade de Lugo, único do noroeste peninsular. Unha recreación da cinematográfica Illa Nublar, que conta tamén con réplicas de mamuts e outros animais prehistóricos | En Pontevedra comenza o xuízo ao home acusado de intento de asasinato á súa exparella, ao botarlle gasolina e prenderlle lume. Os feitos ocorreron hai dous anos na localidade de Vincios, Gondomar| O Concello da Coruña anuncia un dispositivo especial con 300 axentes para controlar a seguridade durante a eclipse do 12 de agosto. Recomendan utilizar o transporte público, con servizos reforzados e aparcadoiros disuasorios | Unha pequena caixa con todos os elementos necesarios para investigar e desenvolver novos fármacos. É unha ferramenta innovadora presentada pola empresa biotecnolóxica galega Celtarys. Din que supón unha solución revolucionaria para acelerar todo o traballo habitual de laboratorio. 14-07-2026

Ascenden a 180 as hectáreas queimadas no incendio do concello de Ribas de Sil, que segue activo, aínda que se considera fóra de perigo para os núcleos habitados. Os técnicos cren que o lume foi orixinado pola caída dalgún raio, igual que o que arrasou 220 hectáreas en Vimianzo e Laxe, nun incendio xa controlado | Alfonso Rueda refírese ao arquivo anunciado pola Xunta para o proxecto da macrocelulosa de Altri | Con motivo do Día da Xustiza gratuíta, avogados da quenda de oficio de Pontevedra informaron hoxe á cidadanía sobre a situación de precariedade | Previr os accidentes de tráfico para salvar vidas é o obxectivo da nova campaña especial de control de alcohol e drogas que puxo esta mañá en marcha a Dirección Xeral de Tráfico en colaboración coa Garda Civil e as policías locais | Un poema, traducido ao galego, da escritora Gloria Fuertes inspirou o título dunha exposición colectiva que pode visitarse estes días no Centro Galego de Arte Contemporánea: A Illa Ignorada. 13-07-2026

Ascenden a 180 as hectáreas queimadas no incendio do concello de Ribas de Sil. O lume foi orixinado pola caída dun raio | En plena temporada de máximo risco de incendios forestais, grupos de veciños organizan cuadrillas para vixiar os montes, de xeito voluntario | A policía dá por desartellada unha banda criminal da que formaban parte membros dos Charlíns, receptores da droga, e o clan dos Balcáns, con 18 detidos, e incautados máis de cen quilos de cocaína, trinta de haxis e dez de marihuana | A Dirección Xeral de Tráfico desprega unha campaña de verán para controlar o consumo de alcohol e drogas ao volante. 13-07-2026

Ceos parcialmente nubrados, con orballos no litoral atlántico e algún chuvasco pola tarde, máis probable na provincia de Lugo e norte da Coruña. Temperaturas en lixeiro descenso, con máximas entre os 23 graos de Santiago e os 31 de Ourense. 13-07-2026

Segue activo o incendio en Ribas de Sil, cunhas 140 hectáreas queimadas, aínda que se considera fóra de perigo para os núcleos habitados, e quedou restablecida a circulación na zona. Os técnicos cren que o lume foi orixinado pola caída dalgún raio, igual que o que arrasou 220 hectáreas en Vimianzo e Laxe, xa controlado | Medios terrestres e aéreos traballan para frear o avance do lume, que se ve favorecido polas condicións meteorolóxicas. En plena temporada de máximo risco de incendios forestais, grupos de veciños organizan cuadrillas para vixiar os montes, de xeito voluntario | 18 detidos, e incautados máis de cen quilos de cocaína, trinta de haxis e dez de marihuana. É o balance da Operación Logan, levada a cabo entre Vigo e a comarca do Salnés, e na que un dos investigados resultou morto por disparo dun policía durante un rexistro na súa vivenda | A Dirección Xeral de Tráfico desprega unha campaña de verán para controlar o consumo de alcohol e drogas ao volante. Destaca que o consumo de bebidas alcohólicas é un dos principais factores de risco de accidentes, e está presente en case o 30 por cento dos sinistros con vítimas mortais. 13-07-2026

O Festival do Mundo Celta de Ortigueira volve consolidarse como unha das grandes citas culturais do verán en Galicia. Celebrado de maneira case ininterrompida desde 1978, reúne na vila coruñesa milleiros de seguidores da música folk. Agárdase a asistencia de preto de 100.000 persoas.

Unha DINA situada ao oeste de Portugal fai aumentar a inestabilidade atmosférica. Hoxe, grandes claros e algunhas treboadas no sur e zonas altas. Mañá, avisos por treboadas para este sábado en practicamente toda Galicia. Na provincia da Coruña o aviso é laranxa por precipitacións de ata 30 litros por metro cadrado nunha hora, acompañadas de sarabia e fortes refachos de vento. 10-07-2026

Traballos de conservación fluvial no lugar de Sobrerribas, en Padrón, tralo incendio do pasado mes de xuño | A Consellería de Sanidade pide un replantexamento do Estatuto Marco, que se debate xunto co Ministerio e as outras comunidades no Consello Interterritorial de hoxe | Un físico italiano estableceuse nunha aldea abandonada de Castro Caldelas, en Ourense, para dinamizar culturalmente a comarca e contribuir a que non siga despoboándose | Un físico italiano estableceuse nunha aldea abandonada de Castro Caldelas, en Ourense, para dinamizar culturalmente a comarca e contribuir a que non siga despoboándose. 10-07-2026

Técnicas de bioenxeñaría para rexenerar a zona gravemente afectada polo recente incendio forestal en Padrón. Unhas actuacións, supervisadas pola Conselleira de Medio Ambiente, para preservar as canles e áreas fluviais e evitar a degradación do ecosistema | O Conselleiro de Sanidade reclama un cambio na proposta do Estatuto Marco, que leva provocado a convocatoria de folgas por parte dos médicos, e que ameazan con facela indefinida tralo verán | Expertos internacionais imparten clases sobre física cuántica nunha aldea abandonada de Castro Caldelas. É a iniciativa do científico italiano Paolo Benicasa para dinamizar a comarca a través da cultura. Organizan charlas sobre ciencia abertas aos veciños e ao público en xeral | As Fillas de Casandra, triunfan sobre o escenario da Azucreira de Portas, na primeira xornada do Festival Portamérica. Propostas de rock, pop e electrónica, nun certame que fusiona música e gastronomía coa actuación, hoxe, de Hombres G e M-Clan. 10-07-2026

Aumentan os lugares onde está prohibido o baño pola contaminación microbiolóxica da auga. O Sergas incluíu este ano oito novos puntos na listaxe. Aínda que lembran que a calidade da auga é boa ou excelente no 98 % das zonas de baño galegas.