Parque Xurásico en Outeiro de Rei | Xuízo por intento de asasinato á súa exnoiva | 300 axentes para controlar a seguridade durante a eclipse na Coruña
14/07/2026 00:25:04Tiranosauros, velociraptores e outras criaturas do Xurásico, animadas, a tamaño real. É o parque inaugurado en Outeiro de Rei, a poucos minutos da cidade de Lugo, único do noroeste peninsular. Unha recreación da cinematográfica Illa Nublar, que conta tamén con réplicas de mamuts e outros animais prehistóricos | En Pontevedra comenza o xuízo ao home acusado de intento de asasinato á súa exparella, ao botarlle gasolina e prenderlle lume. Os feitos ocorreron hai dous anos na localidade de Vincios, Gondomar| O Concello da Coruña anuncia un dispositivo especial con 300 axentes para controlar a seguridade durante a eclipse do 12 de agosto. Recomendan utilizar o transporte público, con servizos reforzados e aparcadoiros disuasorios | Unha pequena caixa con todos os elementos necesarios para investigar e desenvolver novos fármacos. É unha ferramenta innovadora presentada pola empresa biotecnolóxica galega Celtarys. Din que supón unha solución revolucionaria para acelerar todo o traballo habitual de laboratorio. 14-07-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado