Os afeccionados ao rock máis potentente cítanse no Resurrection Fest de Viveiro. Arranca unha edición que espera bater récords de asistentes, co concerto do 50 aniversario de Iron Maiden. Os suecos Sabaton son o prato forte desta noite
A Praia das Catedrais, Illa Pancha, o Monte Meme ou o porto de Baiona, sinalados coas bandeiras negras de Ecoloxistas en Acción como exemplos de contaminación ou mala xestión ambiental.
Remata o prazo da regularización extraordinaria de migrantes. Aínda que non hai datos oficiais, as entidades sociais calculan que en Galicia a solicitaron máis de 10.000 persoas. O seu principal obxetivo, poder traballar legalmente e ter acceso a vivenda.
Unha fronte pouco activa deixa nubes e algúns orballos durante a mañá. Despois, ceos despexados agás no terzo norte. As temperaturas mínimas suben e as máximas sen moitos cambios agás na costa da Coruña onde descenden e apenas chegarán aos 22 graos. 30-06-2026
Ecoloxistas en Acción outorga Bandeiras Negras a seis puntos da costa galega pola degradación ambiental, entre eles o porto deportivo de Baiona | Remata o prazo para solicitar a regularización de inmigrantes, cunhas 10.000 solicitudes presentadas en Galicia | Inaugurado un Laboratorio Demostrador de Ciberseguridade para poñer a proba ferramentas informáticas | As últimas novidades gastronómicas no festival de alta cociña no Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía | Empeza o certame Curtocircuito en Santiago. 30-06-2026
Bandeira Negra para as obras de ampliación do porto deportivo de Baiona. O colectivo Ecoloxistas en Acción considera este emprazamento un caso de mala xestión do espazo marítimo. No seu informe anual inclúen tamén a praia das Catedrais ou a Illa Pancha | O prazo para solicitar a regularización extraordinaria de inmigrantes remata hoxe, con máis de 10.000 solicitudes en Galicia, fronte ás máis dun millón que se estiman no conxunto de España. O seu principal obxectivo, poder traballar legalmente e ter acceso á vivenda | Simular incidentes informáticos e preparar aos sistemas contra ataques reais. É o obxectivo do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade inaugurado pola Xunta. Tamén dará apoio ás pequenas empresas para mellorar a protección e á seguridade dixital | As últimas novidades en produtos artesanais da carne, os queixos ou os viños de Galicia, no festival de alta cociña no Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía. Un evento que reúne a críticos, chefs e profesionais do sector para reivindicar o potencial gastronómico da comunidade. 30-06-2026
Galicia, con 28 persoas afogadas no que vai de ano, é a segunda comunidade con maior incidencia destes sinistros. Os socorristas reclaman maior dotación de medios para aumentar a vixilancia nas praias. Insisten na importancia de que os adultos extremen a atención aos menores ao seu cargo.
A Xunta aproba o proxecto da lei de educación dixital, que limitará o uso do móbil ata 3º da ESO e regulará a intelixencia artificial e a desconexión dixital nas aulas. Busca unha educación dixital máis segura, ordenada e adaptada á idade dos estudantes.
O Deportivo recolle nunha fin de semana máis de 70 toneladas de material humanitario para enviar a Venezuela. Centos de persoas achegáronse a o estadio de Riazor con comida, auga, roupa e medicamentos, desbordando as previsións da fundación.
A semana comeza marcada polo tempo anticiclónico con máis nubes na metade norte e con algúns orballos na Mariña. As temperaturas máximas soben, entre os 24 graos da Coruña e os 32 de Ourense; 27 en Santiago e ao redor dos 30 na Rías Baixas. 29-06-2026
Inquietude pola familia residente en Marín, desaparecida en Venezuela no momento dos terremotos | As organizacións que recollen axuda para os afectados, desbordadas pola resposta cidadá | A Xunta aproba o anteproxecto de lei de que regula o uso das tecnoloxías dixitais no ensino | Protesta dos autónomos en Vigo contra tributar o IRPF por debaixo do salario mínimo | Inaugurado en Antas de Ulla o Parque Central de Galicia | Os socorristas demandan máis vixilancia nas praias para evitar os afogamentos. 29-06-2026
Inquietude en Marín pola familia residente nesa localidade que se atopaba de visita en Venezuela no momento dos tremores de terra. O pai, a nai e os dous fillos, de sete e nove anos, poderían atoparse baixo os cascallos dun edificio derrubado | As organizacións que recollen axuda para os afectados, desbordadas pola resposta cidadá | A Xunta dá luz verde ao proxecto da Lei de Educación Dixital, que limitará o uso pedagóxico do móbil ata 3º da ESO e regulará tamén a intelixencia artificial e a desconexión dixital nas aulas | Xornada de movilización dos autónomos diante da Axencia Tributaria. Reclaman a supresión do IRPF para os que ingresen menos que o salario mínimo interprofesional | Galicia, con 28 persoas afogadas no que vai de ano, é a segunda comunidade con maior incidencia destes sinistros. Os socorristas reclaman maior dotación de medios para aumentar a vixilancia. 29-06-2026
Da vaga de calor, ás chuvias torrenciais. Os fenómenos meteorolóxicos extremos marcan o arranque da temporada de máxima afluencia de peregrinos que chegan a Santiago polas rutas xacobeas.
Otero Pedrayo morreu hai 50 anos logo dunha vida que deixou unha fonda pegada na cultura galega. A el se achega o escritor Paco López-Barxas con perspectivas diversas, entre elas, como se vía Otero Pedrayo a si mesmo e como o vían os demais.
A fin de semana comeza nubes e claros e con chuvascos que van remitindo co avance do día. As temperaturas sen moitos cambios empezarán a subir mañá, pero en xeral oscilarán entre os 25 a 30 graos, nunha fin de semana na que se ha ir recuperando a influencia anticiclónica sobre todo o domingo. 26-06-2026
A comunidade venezolana en Galicia segue con moita preocupación. Unha familia con menores residente en Marín, que viaxou a Venezuela para visitar aos seus, está, de momento, ilocalizable | O Partido Popular eleva a 4.000 millóns de euros o custe de asumir a transferencia da AP-9 tal como foi aprobada no Congreso | Un estudo alerta de que a maoría das universidades, entre elas a de Santiago, non forma en IA aos futuros médicos | | Da vaga de calor ás chuvias torrenciais. Os fenómenos meteorolóxicos extremos Da vaga de calor ás chuvias torrenciais marcan o arranque da temporada de máxima afluencia de peregrinos a Santiago. 26-06-2026
Testemuños da comunidade venezolana afincada en Galicia alertan das consecuencias dos terremotos. Mentres, comenza xa a canalizarse dende a nosa comunidade axuda cara ese país | O Partido Popular eleva a 4.000 millóns de euros o custe de asumir a transferencia da AP-9 tal como recolle a proposta de socialistas, Sumar e BNG, aprobada no Congreso dos deputados | Un estudo elaborado por investigadores de Pontevedra sitúa á Universidade de Santiago entre as que non está a proporcionar a necesaria formación dos futuros médicos nas aplicacións da Intelixencia artificial | Da vaga de calor ás chuvias torrenciais. Os fenómenos meteorolóxicos extremos marcan o arranque da temporada de máxima afluencia de peregrinos, que chegan polos Camiños a Santiago. 26-06-2026
Mudou o tempo coa chegada das chuvias e con descenso notable de temperaturas despois da primeira vaga de calor do verán. Hoxe as máximas quedan entre os 23 graos en Santiago e os 29 en Ourense, pero en xeral boa parte da comunidade roldará os 25 graos. 25-06-2026
A comunidade venezolana mira con preocupación a situación de familiares e amigos tralos dous fortes terremotos que sacudiron o país | O congreso aproba hoxe a transferencia a Galicia da AP-9, cos votos a favor de PSOE, Sumar, BNG e os distintos socios do goberno de coalición. Votan en contra Vox e o Partido Popular | Hoxe comezan oficialmente as rebaixas nas principais cadeas de moda. O ambiente nas rúas está lonxe das tradicionais aglomeracións | En Pontevedra celébrase o festival BdraGráfica, un punto de encontro entre autores, editores e lectores arredor do mundo do cómic. 25-06-2026
Preocupación e angustia da comunidade venezolana asentada en Galicia, integrada por máis de 40.000 persoas, pendentes das noticias que lles transmiten os seus familiares e achegados. Temen que o número de vítimas dos terremotos sexa moi superior ás cifras oficiais | O Congreso dos Deputados prevé aprobar hoxe a transferencia da xestión da AP-9 á Xunta, proposta polos socialistas, Sumar e BNG. Os populares votan en contra, igual que Vox, por considerar que non se garante que o Goberno Central asuma os custos económicos tralo cambio de titularidade | Arranque oficial das rebaixas. Os pequenos comercios din que non poden competir coas campañas das grandes empresas de distribución | As historietas e a novela gráfica toman estes días espazos emblemáticos da cidade de Pontevedra no festival BdraGráfica, un punto de encontro entre autores, editores e lectores arredor do mundo do cómic, dende hoxe ata o domingo. 25-06-2026