Preocupación dos venezolanos polas consecuencias dos terremotos | O Congreso aproba a transferencia da AP-9 á Xunta | Cita co cómic en Pontevedra
25/06/2026 00:24:58Preocupación e angustia da comunidade venezolana asentada en Galicia, integrada por máis de 40.000 persoas, pendentes das noticias que lles transmiten os seus familiares e achegados. Temen que o número de vítimas dos terremotos sexa moi superior ás cifras oficiais | O Congreso dos Deputados prevé aprobar hoxe a transferencia da xestión da AP-9 á Xunta, proposta polos socialistas, Sumar e BNG. Os populares votan en contra, igual que Vox, por considerar que non se garante que o Goberno Central asuma os custos económicos tralo cambio de titularidade | Arranque oficial das rebaixas. Os pequenos comercios din que non poden competir coas campañas das grandes empresas de distribución | As historietas e a novela gráfica toman estes días espazos emblemáticos da cidade de Pontevedra no festival BdraGráfica, un punto de encontro entre autores, editores e lectores arredor do mundo do cómic, dende hoxe ata o domingo. 25-06-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad