Comenza a canalizarse axuda cara a Venezuela | O PP di que transferir a AP-9 custará a Xunta 4.000 millóns | A Calor e as treboadas marcan o Camiño
26/06/2026 00:25:01Testemuños da comunidade venezolana afincada en Galicia alertan das consecuencias dos terremotos. Mentres, comenza xa a canalizarse dende a nosa comunidade axuda cara ese país | O Partido Popular eleva a 4.000 millóns de euros o custe de asumir a transferencia da AP-9 tal como recolle a proposta de socialistas, Sumar e BNG, aprobada no Congreso dos deputados | Un estudo elaborado por investigadores de Pontevedra sitúa á Universidade de Santiago entre as que non está a proporcionar a necesaria formación dos futuros médicos nas aplicacións da Intelixencia artificial | Da vaga de calor ás chuvias torrenciais. Os fenómenos meteorolóxicos extremos marcan o arranque da temporada de máxima afluencia de peregrinos, que chegan polos Camiños a Santiago. 26-06-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado