A vaga de calor segue no interior, con máximas que en Lugo chegan aos 38 graos e a 41 en Ourense. A entrada de brétemas fai descender algo as temperaturas polo litoral, pero con todo os termómetros chegarán aos 27 graos en Vigo e A Coruña. A presenza de aire cálido continúa, con tendencia a un lixeiro descenso nos próximos días. 06-07-2026
Enfrontamento, esta noite, entre España e Portugal no Mundial, que se vive con especial intensidade a ambos lados do Miño | A Xunta avanza na preparación do Xacobeo 2027, co financiamento dos primeiros proxectos de actividades culturais programadas | A Xunta destinará preto dun millón e medio de euros a reforzar a seguridade dos peregrinos que chegan a Santiago | Inaugrado na Fonsagrada, o museo dedicado ao humorista gráfico Antonio Fraguas, Forges, con raíces familiares nesa localidade. 06-07-2026
Ambiente de máxima rivalidade ante o encontro, esta noite, entre as seleccións de Portugal e de España, no mundial. A partir das nove, en TVE, con pantallas xigantes en moitos puntos, como no Auditorio de Castrelos, en Vigo | A Xunta avanza na preparación do Xacobeo 2027, co financiamento dos primeiros 56 proxectos de actividades culturais programadas. Tamén anuncia un aumento das axudas para a produción de películas de cine e series de televisión | Dar estabilidade e afecto aos menores que non poden vivir coa súas propias familias, mentres se busca unha solución á súa situación persoal. É o obxetivo do programa de acollemento de Aldeas Infantiles. Case unha vintena de fogares están adheridos en Galicia a esta iniciativa | A antiga Casa do Concello da Fonsagrada, convertida en museo para albergar as viñetas que durante anos retrataron a realidade española de mans de Antonio Fraguas, Forges. É o Centro Cultural, inaugurado esta fin de semana, dedicado ao xenial humorista na localidade na que tiña as súas raíces familiares. 06-07-2026
Co verán aumentan os desprazamentos en moto e tamén os accidentes. Por iso, a Garda Civil intensifica os controis sobre todo nas fins de semana que é cando máis sinistros se producen. No que vai de ano aumentaron un cinco por cento os accidentes con motoristas falecidos.
O artista Carlos Pazos presenta unha nova mostra na sede da súa fundación en Oza-Cesuras. A peza estrela é unha guillotina de cinco metros feita de metal. O autor puxo na estrutura a súa ironía máis xenuína e os primeiros en observar a instalación foron os propios veciños da aldea de Trasanquelos.
Na aldea máis afectada polas treboadas do mes pasado en Viana do Bolo, avanzan os traballos de limpeza dos restos das riadas. Despois tocará avaliar os danos nas infraestruturas públicas e nas casas para pedir as axudas que permitan a súa reparación.
Continúa a influencia anticiclónica con circulación do nordés que dá lugar a tempo seco e soleado en xeral. Temperaturas en lixeiro ascenso ata acadar valores moi altos. As máximas van hoxe dende os 27 graos na Coruña aos 38 en Ourense. Unha tendencia que continuará durante a fin de semana pola chegada de aire cálido do norte de África. 03-07-2026
A intensa calor favorece a aparición dun lume nos límites dos concellos de Vilanova de Arousa e Cambados | Arranca a primeira gran operación saída de tráfico nun verán onde se agardan máis de 16 millóns de desprazamentos en toda a zona noroeste | Cerca de 400 firmas amosan os seus produtos de equipamento e maquinaria para traballos forestais en Galiforest, a feira que se celebra en Boqueixón | Unha guillotina metálica de nove metros de altura. É a nova obra do artista catalán Carlos Pazos, Premio Nacional de artes plásticas, que incorpora á Fundación que xestiona coa súa muller no concello de Oza-Cesuras. 03-07-2026
Vivendas ameazadas polo lume, agora xa baixo control, en Vilanova de Arousa e Cambados. É un dos incendios rexistrados nas últimas horas na provincia de Pontevedra, no arranque da tempada de máximo risco, favorecidos pola intensa calor | Comeza tamén a operación de tráfico de verán. Agárdanse ata 16 millóns de desprazamentos nas nosas estradas. A Garda Civil intensifica os controis, ante o incremento de accidentes nos que hai motos involucradas, sobre todo as fins de semana | Cerca de 400 firmas amosan os seus produtos de equipamento e maquinaria para traballos forestais en Galiforest, a feira que se celebra en Boqueixón, dedicada a un sector que en Galicia representa un 12 por cento do emprego industrial | Unha guillotina metálica de nove metros de altura. É a nova obra do artista catalán Carlos Pazos, Premio Nacional de artes plásticas, que incorpora á Fundación que xestiona coa súa muller no concello de Oza-Cesuras. Inaugura unha mostra esta fin de semana con traballos de catro editoriais e numerosos artistas. 03-07-2026
A adicción ás redes sociais pode afectar ao cerebro igual que as consideradas drogas duras. A Organización Mundial da Saúde fala dun problema de saúde pública global. Oito de cada cen mozos din que están enganchados ás pantallas.
O polbo fresco galego volve ás prazas, peixerías e restaurantes, logo de dous meses de veda. A campaña comeza con alta demanda e prezos medios de 13 euros na lonxa, pero con certa decepción, polo descenso de capturas.
Comeza a busca de piso de alugueiro para moitos universitarios e, en Santiago, un ano máis, con colas nas inmobiliarias. A maioría dos estudantes teñen como tope 300 euros por persoa e din que para conseguilo hai que madrugar.
Continuamos con influencia anticiclónica sobre toda Galicia e a circulación do nordés. Tempo seco e soleado en xeral. As temperaturas mínimas sen cambios e as máximas en lixeiro ascenso, que van dende os 24 graos na Coruña aos 34 de Vigo ou 35 en Ourense. Ventos do nordés moderados, con intervalos fortes no litoral noroeste. 02-07-2026
Restablecida a circulación dos trens entre Galicia e Madrid logo dunha caída de tensión que obrigou a cortar a vía entre Sanabria e A Gudiña | España e Portugal inauguran a interconexión eléctrica polo norte, que aumenta a capacidade de intercambio entre ambos países nuns mil megawatios | Colas de estudantes nas inmobiliarias de Santiago. Levamos xa varios anos vendo esta imaxe a principios de xullo | O polbo fresco volve aos mercados logo de dous meses de veda | Unha lenda viva do heavy metal, Iron Maiden, actúa esta tarde en Viveiro. 02-07-2026
Problemas na conexión ferroviaria entre Galicia e Madrid por unha incidencia na subministración eléctrica. A circulación estivo interrompida entre as estacións da Gudiña e Puebla de Sanabria, o que provocou atrasos en todos os trens que debían circular por ese punto | Cun acto, en Arbo, os gobernos de España e Portugal inauguran a interconexión eléctrica polo norte, entre Pontevedra e Viana do Castelo. Un proxecto que aumenta a capacidade de intercambio entre ambos países nuns mil megawatios, o que supón un reforzo para ambos sistemas e permite aumentar a integración de enerxías renovables | Colas de estudantes nas inmobiliarias de Santiago. Levamos xa varios anos vendo esta imaxe a principios de xullo. Comeza a carreira para atopar piso de alugueiro e son moitos os que madrugan para ser os primeiros en elixir | O polbo fresco volve aos mercados logo de dous meses de veda biolóxica. A flota comeza a campaña con descenso de capturas respecto ao ano pasado aínda que destacan a boa calidade dos exemplares. A alta demanda sitúa o prezo na loxa nunha media de 13 euros o quilo. 02-07-2026
A música como aliada nas terapias de ASPACE. A asociación, centrada na atención ás persoas con parálise cerebral, leva medio ano impartindo talleres cos que mellora substancialmente a calidade de vida dos usuarios, a nivel físico, mental e emocional.
Quedamos hoxe baixo influencia anticiclónica, con circulación moi marcada do nordés. O día comeza con nubes baixas e bancos de néboa que se van disipando para quedar cos ceos despexados. As temperaturas mínimas sen apenas cambios, mentres que as máximas quedan entre os 23 graos e os 31 de Ourense. Vento moderado do nordés, con intervalos fortes no litoral atlántico. 01-07-2026
Comenzan a aplicarse sancións por inclumplir a regulación da Zona de Baixas Emisións no centro de Ourense | O ministro de Política Territorial defende a chamada “lei e netos” para facilitar á nacionalidade a descendentes da emigración | Alerta en pequenos comercios galegos de roupa infantil, por multas impostas pola Comunidade de Madrid | Afeccionados de todo o mundo, ao rock máis potentente danse cita en Viveiro para asistir ao Resurrection Fest. Arranca unha edición que espera bater récords de asistentes. 01-07-2026
Multas de ata 200 euros por conducir sen etiqueta ambiental no centro de Ourense. É a aplicación, dende hoxe, de sancións para cumplir coa regulación da Zona de Baixas Emisións. Forma parte da normativa europea para mellorar a calidade do aire en cidades de máis de 50.000 habitantes | Fronte as críticas formuladas dende o Partido Popular, O ministro de Política Territorial defende a chamada “lei e netos” para facilitar acollerse á nacionalidade a descendentes da emigración | Alerta en pequenos comercios galegos de roupa infantil, por multas impostas pola Comunidade de Madrid, por incumplimentos da normativa de venda en liña. Nalgúns casos as sancións superan os 13.000 euros | Afeccionados de todo o mundo, ao rock máis potentente danse cita en Viveiro para asistir ao Resurrection Fest. Arranca unha edición que espera bater récords de asistentes, co concerto de 50 aniversario de Iron Maiden. Os suecos Sabaton son o prato forte desta noite. 01-07-2026
O impacto dos incendios forestais en Galicia, en fotografías no Parlamento Europeo. Unha exposición de imaxes de Brais Lorenzo, quen denuncia o abandono do rural e como os lumes son unha consecuencia máis desa situación.