Telexornal Galicia 02-07-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 02-07-2026

Atrasos nos trens entre Galicia e Madrid | Inaugurada a interconexión eléctrica do norte entre España e Portugal | O polbo volve aos mercados

02/07/2026 00:24:31
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 02-07-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 02-07-2026
Telexornal Galicia 02-07-2026 00:24:31 02/07/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Problemas na conexión ferroviaria entre Galicia e Madrid por unha incidencia na subministración eléctrica. A circulación estivo interrompida entre as estacións da Gudiña e Puebla de Sanabria, o que provocou atrasos en todos os trens que debían circular por ese punto | Cun acto, en Arbo, os gobernos de España e Portugal inauguran a interconexión eléctrica polo norte, entre Pontevedra e Viana do Castelo. Un proxecto que aumenta a capacidade de intercambio entre ambos países nuns mil megawatios, o que supón un reforzo para ambos sistemas e permite aumentar a integración de enerxías renovables | Colas de estudantes nas inmobiliarias de Santiago. Levamos xa varios anos vendo esta imaxe a principios de xullo. Comeza a carreira para atopar piso de alugueiro e son moitos os que madrugan para ser os primeiros en elixir | O polbo fresco volve aos mercados logo de dous meses de veda biolóxica. A flota comeza a campaña con descenso de capturas respecto ao ano pasado aínda que destacan a boa calidade dos exemplares. A alta demanda sitúa o prezo na loxa nunha media de 13 euros o quilo. 02-07-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado