Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A multinacional chinesa SAIC culmina o primeiro desembarco dun buque con 700 coches no porto de Ferrol. A operación serve para comprobar a capacidade das instalacións de cara a implantación nesa cidade da súa primera fábrica europea.

Mañá de néboas que refrescan o ambiente e, de novo, á tarde os ceos quedan despexados. No interior, nubes de evolución nas provincias de Lugo e Ourense con posibilidade de chuvascos localmente treboentos nas zonas altas. As temperaturas, sen cambios. 09-07-2026

Paralizado o desafiuzamento dunha muller de Ucraína, refuxiada de guerra, e que vive soa cos seus catro fillos menores | A multinacional chinesa SAIC culmina o primeiro desembarco dun buque con 700 coches no porto de Ferrol. A operación é clave para a implantación nesa cidade da súa primeira fábrica europea | Xa está despregada a Unidade de Cabalería da Policía Nacional para protexer aos peregrinos do Camiño de Santiago e alertar sobre posibles incendios forestais | Aumentan os lugares onde está prohibido o baño pola contaminación microbiolóxica da auga | O Festival do Mundo Celta converte xa a localidade de Ortigueira nun fervedoiro de música, festa e tradición. Hoxe espérase a xornada de maior afluencia. 09-07-2026

Mobilización cidadá na Coruña, para evitar o desafiuzamento previsto para hoxe de Marta, unha muller ucraína refuxiada e os seus catro fillos menores. Finalmente quedou aprazado ata o próximo mércores, á espera de que o Concello tramite unha solución habitacional, que evite tamén que lle sexa retirada a custodia dos menores | A multinacional chinesa SAIC formaliza a súa implantación en Galicia co desembarco dun buque con 700 coches en Ferrol. Unha operación que se considera clave para instalar na nosa comunidade a primeira fábrica do xigante asiático en Europa | Axentes da Policía Nacional e cabalos procedentes da unidade central de Madrid protexen xa aos peregrinos e vixían os montes galegos para alertar de posibles lumes | Cheo total en Ortigueira, convertida en capital internacional do Mundo Celta. Hoxe, xornada central do festival, coa actuación estelar da banda de gaitas da localidade e os canadianos Yves Lambert Band. 09-07-2026

A superficie de zonas verdes nas cidades condiciona a calidade de vida. Regulan a temperatura, reducen ruídos e diminúen a contaminación, ademais de axudar ao benestar físico e mental. Un estudio realizado en varias cidades conclúe que Ourense está nos últimos postos en superficie e accesibilidade a espazos verdes mentres que Santiago é un exemplo en positivo.

Visita ao Courel da Raíña Sofía aos traballos de recuperación de zonas afectadas polo lume nas provincias de Ourense e Lugo | A Xunta activa a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Anllóns. Vigo pon en marcha restricións para aforrar auga | O primeiro barco con coches da empresa chinesa SAIC está xa atracado no porto exterior de Caneliñas, en Ferrol. A compañía pretende abrir na cidade a sua primeira fábrica en Europa, coa creación de ata 2.300 empregos | O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira arranca hoxe e converterá a vila coruñesa na capital do folk durante os vindeiros cinco días | Triángulo de Amor Bizarro publican novo disco, 'Mi catedral', un traballo crú, para reencontranse co seu espíritu inconformista e contestatario. 08-07-2026

Segue a calor na montaña e zona sur de Lugo, no sur e en boa parte de Ourense. De novo as brétemas refrescan o ambiente durante a mañá. Á tarde os ceos quedan máis despexados. En zonas altas medran nubes de evolución con amago de treboadas. As temperaturas soben nas Rías Baixas e polo sur, entre os 22 graos na Coruña, 33 en Lugo e ata 38 en Ourense. 08-07-2026

A raíña Sofía visita zonas afectadas por incendios forestais para comprobar o estado de proxectos de restauración nas provincias de Lugo e Ourense | A Xunta activa a situación de prealerta por seca nos sistemas do río Lére e o Anllóns | Un estudo destaca o contraste de zonas verdes entre Ourense, á cola, e Santiago, considerado un exemplo de dotación e accesibilidade aos espazos naturais | O primeiro barco con coches da empresa chinesa SAIC está xa atracado no porto exterior de Ferrol | O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira arranca hoxe e converterá a vila coruñesa na capital da música folk durante os vindeiros cinco días. 08-07-2026

Traballos de recuperación de zonas afectadas polo lume nas provincias de Ourense e Lugo. Son o obxecto da visita da raíña Sofía, hoxe. A súa fundación participa nun programa, en colaboración coa consellería de Medio Ambiente, nos concellos de Rubiá e Folgoso do Courel | Tras catro meses consecutivos con escaseza de precipitacións, a Xunta activa a prelerta por escaseza de auga nas concas do Lérez e o Anllóns. Vigo pon en marcha medidas para aforrar auga | Un estudo destaca o contraste na dotación de zonas verdes entre distintas cidades galegas. Ourense está á cola, tanto en superficie como na accesibilidade dos cidadáns. O caso de Santiago, en cambio, é considerado un exemplo de boa integración dos espazos naturais | Forman unha das bandas máis aclamadas do rock alternativo en España. Desde unha aldea do Barbanza.Triángulo de Amor Bizarro, presentan un novo traballo, o séptimo da súa carreira,. Mi Catedral, no que din querer reencontrarse co seu espíritu inconformista e contestatario. 08-07-2026

Baiona prohíbe usar auga da traída para encher piscinas, regar xardíns ou lavar coches. É primeiro concello en adoptar medidas este verán para afrontar a posible situación de escaseza. Vigo, pola súa parte, declara a situación de prealerta por seca.

Este ano cúmprese o 50 aniversario do falecemento de Ramón Otero Pedrayo, considerado o Patriarca das Letras Galegas. Galicia dedícalle este ano a un dos seus grandes referentes, que formou parte da Xeración Nós, do Partido Galeguista e da Editorial Galaxia. Deixa un impresionante legado como literato, pero tamén será lembrado pola súa brillante oratoria.

Remite a vaga de calor con descenso notable de temperaturas. Debilítase a influencia anticiclónica, con presenza de néboas localmente persistentes no litoral. No interior, ceos máis despexados. Alerta amarela por temperaturas superiores aos 36 graos no sur e na montaña de Lugo e en boa parte de Ourense. 07-07-2026

Baiona prohibe encher piscinas ou regar xardíns con auga da traída. Vigo declárase, tamén, en prealerta por seca e o Concello estuda algunhas restricións | A Xunta trata de resolver a falla de médicos no servizo de urxencias do hospital de Ourense, cun concurso de méritos que os fará fixos sen necesidade de aprobar oposición |A Xunta xeral de accionistas de Inditex aproba o aumento de retribución para os conselleiros, tras gañar 1.375 millóns de euros no último trimestre | O escritor Xosé Neira Vilas será a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2027. 07-07-2026

Baiona prohibe usar auga da traída para encher piscinas, regar xardíns ou lavar coches. É o primeiro concello en adoptar medidas este verán para afrontar a posible situación de escaseza. Vigo, pola súa parte, declara a situación de prealerta por seca | O Parlamento aproba, cos votos do Partido Popular, a reforma da lei de medidas extraordinarias para provisión de postos de difícil cobertura, que pasará a incluir as prazas de urxencias do Complexo Hospitalario de Ourense | Inditex gañou no último trimestre 1.375 millóns de euros. Na reunión desta mañá na Coruña, aprobouse a incorporación do expresidente de Caixabank, José Ignacio Goirigolzarri, como novo conselleiro independente | Da celebración en Vigo, á decepción en Viana do Castelo. Así se vivíu a ambos lados da fronteira o encontro entre as seleccións de España e Portugal no Mundial de Fútbol, no que o equipo español certificou o pase a cuartos de final e no que tivo ocasión de debutar o celtista Borja Iglesias cuns minutos no tempo de desconto. 07-07-2026

Abre na Fonsagrada o museo de Forges, un espazo sobre a vida e obra do coñecido humorista gráfico Antonio Fraguas, que tiña raíces familiares nesta localidade da montaña de Lugo. As súas inconfundibles viñetas e o seu compromiso coas reivindicacións sociais da Fonsagrada están moi presentes neste novo centro cultural.