Visita de Dona Sofía á recuperación de zonas afectadas por incendios | A Xunta activa a prealerta por seca | Novo disco de Triángulo de Amor Bizarro
08/07/2026 00:10:04Visita ao Courel da Raíña Sofía aos traballos de recuperación de zonas afectadas polo lume nas provincias de Ourense e Lugo | A Xunta activa a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Anllóns. Vigo pon en marcha restricións para aforrar auga | O primeiro barco con coches da empresa chinesa SAIC está xa atracado no porto exterior de Caneliñas, en Ferrol. A compañía pretende abrir na cidade a sua primeira fábrica en Europa, coa creación de ata 2.300 empregos | O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira arranca hoxe e converterá a vila coruñesa na capital do folk durante os vindeiros cinco días | Triángulo de Amor Bizarro publican novo disco, 'Mi catedral', un traballo crú, para reencontranse co seu espíritu inconformista e contestatario. 08-07-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado