Telexornal Galicia 09-07-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 09-07-2026

Paralizado o desafiuzamento dunha refuxiada ucraína na Coruña | Desembarco de SAIC en Ferrol | A unidade policial de Cabalería comenza a patrullar

09/07/2026 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 09-07-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 09-07-2026
Telexornal Galicia 09-07-2026 00:25:01 09/07/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Mobilización cidadá na Coruña, para evitar o desafiuzamento previsto para hoxe de Marta, unha muller ucraína refuxiada e os seus catro fillos menores. Finalmente quedou aprazado ata o próximo mércores, á espera de que o Concello tramite unha solución habitacional, que evite tamén que lle sexa retirada a custodia dos menores | A multinacional chinesa SAIC formaliza a súa implantación en Galicia co desembarco dun buque con 700 coches en Ferrol. Unha operación que se considera clave para instalar na nosa comunidade a primeira fábrica do xigante asiático en Europa | Axentes da Policía Nacional e cabalos procedentes da unidade central de Madrid protexen xa aos peregrinos e vixían os montes galegos para alertar de posibles lumes | Cheo total en Ortigueira, convertida en capital internacional do Mundo Celta. Hoxe, xornada central do festival, coa actuación estelar da banda de gaitas da localidade e os canadianos Yves Lambert Band. 09-07-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado