Enlaces accesibilidad

Unha guillotina monumental de Carlos Pazos na aldea de Trasanquelos

  • O artista Carlos Pazos presenta unha nova mostra na sede da súa fundación en Oza-Cesuras
  • A peza estrela é a escultura dunha guillotina de cinco metros de alto feita de metal
Unha guillotina monumental de Carlos Pazos na aldea de Trasanquelos
Patricia Liste | RTVE Galicia

O Premio Nacional de Artes Plásticas Carlos Pazos, abre unha nova exposición na sede da súa Fundación na aldea de Trasanquelos, no municipio de Oza-Cesuras, na Coruña. A peza que máis destaca é unha guillotina metálica dun tamaño algo maior que o da escala real. O autor puxo na estrutura a súa ironía máis xenuina. Os primeiros en observar a instalación foron os propios veciños da aldea, de pouco máis de 70 habitantes.

A única aldea con guillotina

Trasanquelos é a única aldea de Galicia con guillotina. Malia semellar algo sinistro, a obra do catalán Carlos Pazos tivo boa acollida. O artista di que estivo a piques de ser aínda máis alta: "Cuando se lo comenté al herrero, él la quería hacer de nueve metros, para que se pudiera ver incluso desde la carretera, pasando por la carretera".

Artista multidisciplinar e indisciplinado, ten integrado no lugar o seu propio taller. Un bunker de ideas punzantes, non sempre comprendidas. Pero para el, todo vale mentres se conte algo.

Una metáfora de cómo me parece que debe ser el arte: tajante e irreversible

"Es un poco", indica Carlos Pazos, referíndose á escultura da guillotina, "una metáfora de cómo me parece que debe ser el arte. Es decir, tajante e irreversible. Hay muchas piezas que se han llegado a entender 25 años después de haberlas hecho".

Libros de artista

Na sala da exposición, libros deconstruidos e deformados ata converterse nunha antiga bobina de cine. Os libros de artista, ese fetiche tan desexado por todos os creadores, e que recollen tamén na sede da Fundación Pazos Cuchillo. Aquí móstrase o traballo de catro editoriais e múltiples artistas.

Libros de artista na Fundación PazosCuchillo

Libros de artista na Fundación PazosCuchillo

Monserrat Cuchillo, patroa da Fundación, explica unha obra en concreto: "En una caja encontramos una vez una caja de zapatos con intervenciones de diversos artistas, todos ellos en el caso de 'La más bella', no tenemos autor conocido, el trabajo es anónimo".

Consiste en ver, interiorizar e non buscar explicacións. As persoas atopan neste curioso espazo todo un remanso de inspiración.