Lula Goce pinta en Baiona o mural máis grande de España
- Ocupa 1.400 metros cadrados do muro do espigón da Doca de Baiona
- A artista Lula Goce leva semanas traballando nunha gran paisaxe mariñeira
En Baiona xa toma forma o que será o mural máis grande de España. A artista Lula Goce, natural desta localidade e con obras espalladas por todo o mundo, leva varias semanas traballando sobre o muro do espigón da Doca nunha obra de 1.400 metros cadrados e case medio quilómetro de longo que busca reflectir a alma mariñeira da vila.
Un desafío emocional
O mural transformará por completo o muro do espigón nunha gran paisaxe mariñeira. "É unha superfie moi extensa e ten unhas esixencias. Cando sae o Sol, vai moita calor e cando hai mal tempo aquí nótase moito", explica a artista Lula Goce. Con esta obra enfróntase sobre todo a un desafío emocional, pois no espigón pasou os veráns da súa xuventude.
“A temática do mural é a natureza, os elementos mariños, algunha referencia á vila, as súas orixes, á historia...“
O deseño naceu dun proceso participativo con veciños, asociacións e escolares. Dous nenos protagonizan esta viaxe onírica inspirada na memoria mariñeira da vila. Lula explica que a temática do mural é a natureza, "os elementos mariños, algunha referencia á vila, as súas orixes, á historia...".
Pintura especial para a salitre
Para integrarse na paisaxe, elixiu cores pastel e tons suaves, pouco habituais neste tipo de murais. Explica que é moi importante empregar unha pintura especial para combatir a salitre e as inclemencias do tempo.
O mural inaugurarase o 11 de xuño e a artista firmará o seu maior proxecto de arte urbana do país.