Bioenxeñaría para o monte queimado en Padrón | Clases de física cuántica en Castro Caldelas | Triunfo das Fillas de Cassanda no Festival Portamérica
10/07/2026 00:25:04Técnicas de bioenxeñaría para rexenerar a zona gravemente afectada polo recente incendio forestal en Padrón. Unhas actuacións, supervisadas pola Conselleira de Medio Ambiente, para preservar as canles e áreas fluviais e evitar a degradación do ecosistema | O Conselleiro de Sanidade reclama un cambio na proposta do Estatuto Marco, que leva provocado a convocatoria de folgas por parte dos médicos, e que ameazan con facela indefinida tralo verán | Expertos internacionais imparten clases sobre física cuántica nunha aldea abandonada de Castro Caldelas. É a iniciativa do científico italiano Paolo Benicasa para dinamizar a comarca a través da cultura. Organizan charlas sobre ciencia abertas aos veciños e ao público en xeral | As Fillas de Casandra, triunfan sobre o escenario da Azucreira de Portas, na primeira xornada do Festival Portamérica. Propostas de rock, pop e electrónica, nun certame que fusiona música e gastronomía coa actuación, hoxe, de Hombres G e M-Clan. 10-07-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado