Activo o incendio en Ribas de Sil |18 detidos na operación “Logan” contra o narcotráfico | Campaña de control de alcohol e drogas ao volante
13/07/2026 00:10:02Ascenden a 180 as hectáreas queimadas no incendio do concello de Ribas de Sil, que segue activo, aínda que se considera fóra de perigo para os núcleos habitados. Os técnicos cren que o lume foi orixinado pola caída dalgún raio, igual que o que arrasou 220 hectáreas en Vimianzo e Laxe, nun incendio xa controlado | Alfonso Rueda refírese ao arquivo anunciado pola Xunta para o proxecto da macrocelulosa de Altri | Con motivo do Día da Xustiza gratuíta, avogados da quenda de oficio de Pontevedra informaron hoxe á cidadanía sobre a situación de precariedade | Previr os accidentes de tráfico para salvar vidas é o obxectivo da nova campaña especial de control de alcohol e drogas que puxo esta mañá en marcha a Dirección Xeral de Tráfico en colaboración coa Garda Civil e as policías locais | Un poema, traducido ao galego, da escritora Gloria Fuertes inspirou o título dunha exposición colectiva que pode visitarse estes días no Centro Galego de Arte Contemporánea: A Illa Ignorada. 13-07-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado