Enlaces accesibilidad

Bastóns con experiencia para novos peregrinos a Compostela

  • Unha segunda vida para os bordóns que os peregrinos deixan en Santiago á súa chegada
  • Correos levará de volta os bastóns desde Santiago a albergues situados no Camiño Francés
Nova vida para os bastóns dos peregrinos que chegan a Santiago
Marta Landeira | Juan Barcia

Hai camiños que rematan en Santiago. E hai outros que comezan precisamente aquí. O bordón, este compañeiro inseparable de milleiros de peregrinos, inicia agora unha segunda vida para seguir acompañando a novos camiñantes.

Os bastóns que xa fixeron o Camiño poden pasar a novos peregrinos

Os bastóns que xa fixeron o Camiño poden pasar a novos peregrinos

Miguel Pérez, presidente da Federación do Camino Francés explícao: "Los bastones que los peregrinos se ven obligados a dejar en Santiago de Compostela van a tener una nueva vida pasando a los nuevos peregrinos que inician el camino. Y conseguiremos, por un lado una especie de unión mágica entre peregrinos, esos bastones que tocan el suelo lo van a volver a tocar... Ya tiene experiencia, entre comillas, el propio bastón, y el peregrino, sin embargo, es nuevo".

Coa colaboración de Correos

A iniciativa xorde pola colaboración entre a Hospedería de San Martiño Pinario, onde se depositarán os bastóns en Santiago, a Federación Camino Francés, que coordina a súa distribución, e Correos. Este último será o encargado do seu transporte dende Compostela ata os sete puntos de distribución que comezan en Pamplona.

"Después", indica Miguel Pérez, "están los albergues de Estella, de Los Arcos, de Nájera, de Burgos, de Mansilla de las Mulas, de Astorga y de Ponferrada. Esos son los lugares donde Correos se va a encargar de, una vez que recogen los bastones en San Martín Pinario, de llevarlos a cada uno de los albergues".

A iniciativa comeza en agosto

Dende o mes de agosto os bordóns poderán seguir escribindo historias quilómetro a quilómetro.

Unha sala da Hospedería de San Martiño Pinario, en Santiago, é o lugar no que se depositarán os bordóns ao remate do Camiño.

Nunha etiqueta, os peregrinos poderán contar a súa experiencia, para que a próxima persoa que os recolla coñeza a historia do camiño do bordón

Os bordóns levarán unha etiqueta que explicará esta curiosa iniciativa e na que, ademáis, os peregrinos poderán contar a súa experiencia para que a próxima persoa que os recolla coñeza cal foi exactamente a historia do camiño do bordón.

Un xesto sinxelo que dá unha segunda vida a un dos grandes símbolos da peregrinación e co que manter vivo o espírito de compartir que caracteriza o Camiño de Santiago.