Telexornal Galicia 2 22-07-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 22-07-2026

Protesta contra a apertura comercial en domingos e festivos | O autobús da selección, fabricado en Ourense | Aitana desperta pasións na Coruña

22/07/2026 00:10:03
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 22-07-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 22-07-2026
Telexornal Galicia 2 22-07-2026 00:10:03 22/07/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Protesta convocada por Comisións Obreiras contra a apertura en domingos e festivos. Din que atenta contra o dereito á conciliación dos traballadores e prexudica o comercio de proximidade | A investigadora galega Marisol Soengas e o anestesiólogo estadounidente Emery Neal Brown son xa os novos doutores honoris causa da Universidade da Coruña | Falta mes e medio para que comece o curso, e a maioría dos estudantes universitarios teñen xa onde vivir. En Santiago pagan de media 300 euros por unha habitación. Moitos quéixanse de que os pisos non están en boas condicións | O autobús no que desfilou a selección española de fútbol polas rúas de Madrid para celebrar a vitoria no mundial foi fabricado pola ourensá UNVI. É unha referencia internacional na elaboración deste tipo de vehículos, presentes en tódalas capitais europeas |A cantante Aitana fai parada na Coruña coa súa xira 'Cuarto azul'. O concerto será esta noite, a partir das 10 e media, pero decenas de seguidoras fan cola xa ás portas do Coliseum dende moi cedo ou incluso dende hai días. 22-07-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado