Celebración do triunfo no Mundial coa bandeira galega | Desarticulada una banda de atracos con violencia | Remata o festival transfronteirizo Ikfem
20/07/2026 00:17:21Celebración do triunfo de España no Mundial, coa bandeira de Galicia, portada por Borja Iglesias. É unha das imaxes que deixa un encontro que ninguén se quixo perder e foi seguido dende pantallas xigantes en moitos puntos... Esta tarde programación especial nesta canle |A Xunta anuncia o reforzo do ensino secundario con 900 novos profesores para mellorar a atención ao alumnado e responder á diversidade. É un dos acordos do Consello que tamén decidiu conceder as Medallas de Galicia deste ano, coma unha homenaxe á colectividade galega no exterior | A Garda Civil desarticula unha banda armada especializada en asaltos con violencia a establecementos hosteleiros da provincia de Pontevedra. Na chamada Operación Troya, foi detido un dos integrantes e identificados outros catro, todos eles veciños de Vigo | O festival Ikfem remata coa celebración dos 140 anos da ponte internacional sobre o Miño. 12 horas ininterrupidas de música, arte e gastronomía, nunha exhibición de talento transfronteirizo, coa galega Rosa Cedrón no concerto de clausura. 20-07-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad