Máis espazos sen fume na nova lei antitabaco | Iniciativa para o Corredor do Atlántico Noroeste | Bar denunciado por apoloxía do franquismo en Arteixo
21/07/2026 00:25:00Prohibido fumar nas terrazas, nos campus universitarios ou concertos ao aire libre. Así o contempla a nova normativa impulsada polo goberno para ampliar os espazos sen fume. As asociacións de loita contra o tabaquismo dan o seu apoio, aínda que denuncian o incumprimento das restricións que xa están actualmente en vigor | Presentada hoxe en Santiago a iniciativa en favor do Corredor do Atlántico Noroeste. É un proxecto para mellorar a conexión por alta velocidade ferroviaria dos territorios de Galicia, Castela e León e do norte de Portugal, para reforzar a súa competitividade | Un establecemento hosteleiro de Arteixo, denunciado por apoloxía do franquismo. Os denunciantes din que incumpre tanto a normativa estatal como a autonómica ao exhibir, dende hai anos, bandeiras preconstitucionais e lemas favorables á dictadura | Como era a cidade de Santiago no século trece. É o que recolle a mostra Compostella Expeditio, unha experiencia inmersiva que nos traslada, mediante a realidade virtual, a 800 anos atrás, á época na que remataron as obras do Pórtico da Gloria. 21-07-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado