Telexornal Galicia 22-07-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 22-07-2026

Protesta contra a apertura comercial en domingos e festivos | O autobús da selección, fabricado en Ourense | Aitana desperta pasións na Coruña

22/07/2026 00:25:00
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 22-07-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 22-07-2026
Telexornal Galicia 22-07-2026 00:25:00 22/07/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Nova protesta contra a apertura comercial autorizada pola Xunta o domingo 26 de xullo e o xoves 15 de agosto, festivo nacional. ás portas dunha gran superficie, en Santiago, representantes de Comisións Obreiras defenden a convocatoria de folga para esas datas | A Universidade da Coruña aposta pola excelencia científica, coa investidura, hoxe, co doutoramento honoris causa de duas figuras de relevancia internacional. A galega Marisol Soengas, destacada polos seus traballos na investigación do melanoma, e Emery Brown, experto norteamericano en biomedicina | O autobús descapotable que levou aos gañadores do mundial de celebración polas rúas de Madrid, é un modelo fabricado en Ourense pola compañía UNVI, do grupo Pérez Rumbao. Con 300 traballadores, elabora un cento de vehículos ao ano, de xeito case artesanal | Euforia de fans na Coruña ante o concerto, esta noite, de Aitana, unha das grandes estrelas do panorama nacional. Centos de seguidores agardan, dende hai horas, ás portas do Coliseum para asistir a un espectáculo, que requeríu 37 toneladas de estruturas e tres días de traballo. 22-07-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado