Segunda xornada do xuízo polo crime de Yoel Quispe na Audiencia Provincial da Coruña
- As primeiras testemuñas, dous mozos, relatan dúas pelexas consecutivas
- A Fiscalía só acusa a un dos procesados, para o que pide 14 años de cárcere
Unha testemuña da morte de Yoel Quispe relatou que escoitou decir: "Que me dé mi amigo la navaja, me da igual que me lleven preso", a un integrante do segundo grupo agresor.
A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acolleu a segunda sesión do proceso contra tres homes pola morte do mozo Yoel Quispe, de 22 anos, na Noiteboa de 2023 na Coruña.
As primeiras testemuñas foron os mozos presentes no lugar dos feitos, que relatan dúas pelexas consecutivas.
Coinciden coa tese da Fiscalía, de que a agresión mortal chegou por parte dun dos membros do segundo grupo, que chegaron para intentar frear o primeiro.
Outro dos presentes dixo que os os acusados chegaron para socorrer a Yoel Quispe.
E despois Quispe volveuse contra eles polo que lle reprocharon a súa actitude: "Aun por encima de que te vinimos a ayudar", escoitou un deles antes da segunda disputa.
Todos coinciden en que non viron a agresión, pero si despois á victima desplomada no chan, chea de sangue e un deles tentou axudar.
"Que me dé mi amigo la navaja, me da igual que me lleven preso", foi a frase que escoitou un dos presentes aquela noite, aínda que non precisou quen a dixo.
Un dos seus amigos mantivo que o que se dixo foi: "Ahora sí que la cagaste, te vas a enterar. Pásame la navaja".
A Fiscalía só acusa a un
A Fiscalía só acusa ao primeiro dos procesados, para o que pide 14 años de cárcere polo homicidio "de forma voluntaria e consciente", segundo o seu escrito, tras unha pelexa na que interviu con intención conciliadora, se ben logo se converteu en agresor.