Informativo Galicia 7:45 - 01/06/26
A falta de confirmación oficial, ferrolterra perfílase como sede da primeira fábrica de coches da chinesa SAIC.
Dende hoxe desaparecen algunhas das medidas adoptadas pra contelos prezos tra-lo ataque de Estados Unidos en Irán. O IVE do gas e da luz volve ó 21 por cento.
E cita xudicial hoxe na Coruña... comeza o xuizo polo asasinato de Joel Quispe na noiteboa de 2023.
Deportes. A derrota ante as palmas non ensombreceu as celebracións na Coruña polo ascenso a primeira división do Deportivo con invasión de riazor primeiro ó acabar o partido e despois máis de 25 mil persoas á medianoite en catro camiños, con xogadores como Mella animando ós siareiros.
Festa tamén en Ourense co ascenso a primeira federación da Unión deportiva tras gañar 0-2 en Cuenca.
O tempo.
Comeza xuño aínda con influencia anticiclónica. Así o ceo vai estar despexado e temperaturas sen cambios