Enlaces accesibilidad

A fichaxe no posto de traballo por recoñecemento facial medrou un trinta por cento coa pandemia

  • Un terminal recoñece a cara e rexistra a hora de entrada sen ningún tipo de contacto e en menos de dous segundos 
  • Non almacena fotos dos traballadores, senon medicións de doce puntos da cara

Por
Fichaxe por recoñecemento facial

O albergue de peregrinos e maila cafetería do Monte do Gozo, en Santiago, estrean este sistema de fichaxe, que nos últimos meses está a gañar terreo aos que empregan a pegada dactilar ou a tarxeta.

Medra a demanda 

"En Galicia hai unha tendencia á alza do 90% de demanda de información polas empresas respecto de 2020", di o delegado en Galicia de Bodel, a firma tecnolóxica.

O control horario é obrigatorio para as empresas desde 2019. Este dispositivo custa 1.400 euros, similar a mecanismos tradicionais e ofrece, din, máis garantías e non só para previr contaxios por coronavirus.

Con las tarjetas, un trabajador puede fichar por cinco, con esto no

"No puede haber fraude con los trabajadores. Con las tarjetas, un trabajador puede fichar por cinco, con esto no", di a directora xeral de Bodel para España Isabel Cantó.

Protección de datos

Aseguran os seus creadores que a protección de datos está garantida porque non se almacenan fotos dos traballadores, senon medicións de doce puntos da cara.

O complexo do Monte do Gozo prepárase así para reabrir dentro de dúas semanas e acoller a milleiros de persoas neste ano Xacobeo coas máximas garantías

Noticias

anterior siguiente