Enlaces accesibilidad

Cúmprese un ano do primeiro estado de alarma, que confinou a poboación nas súas casas

  • O funcionamento da nova situación, co confinamento da actividade non esencial, era unha das preocupacións.
  • Daquela había aquí douscentos casos de covid e faleceran dúas persoas pola pandemia

Por
Un ano do primeiro estado de alarma

Hai un ano, como manda a natureza, tal día coma hoxe as camelias estaban en pleno florecemento, vermello, rosa e banco e a primavera empezaba a dar claros sinais de entrar.

Era domingo ese 15 de marzo, na primeira fin de semana despois de que o Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, fixera un anuncio que, pese a ser agardado, deixou pampa á sociedade. O estado de alarma, unha expresión que para a maioría da xente tiña un arrecendo a postguerra e medo, presentábase no medio da nosa realidade, aínda que con outras connotacións. Neste caso o inimigo era un virus que dende había semanas se convertera no centro da actualidade.

Paralizadas as actividades non esenciais

O estado de alarma e o confinamento da poboación nas súas casas entraban en vigor esa mesma fin de semana, pero era no luns 16 onde estaba posta a ollada das autoridades porque ese día, o primeiro da semana, era cando debía quedar paralizada toda actividade non esencial.

A partir dese momento, rúas e prazas baleiras e silencio que moitas zonas da nosa xeografía non tiveran durante décadas e as persoas tratando de adaptarse a unhas limitacións que nunca antes coñeceran.

O confinamento domiciliario duraría mes e medio, ata maio, cando se iniciou a desescalada. Posteriormente chegaría, a finais de xuño, o que se chamou “nova normalidade” para nomear unha recuperación paulatina da actitividade, sen deixar de axexar de esguello a evolución da pandemia.

Douscentos casos e dúas vítimas mortais

Naquel momento había aquí douscentos casos de covid e faleceran dúas persoas por esta pandemia. Un ano despois o número de vítimas é de 2.300 e máis de cen mil galegos souberon o que é infectarse, moitos deles con necesidade mesmo de ser atendidos nos hospitais.

loita dos traballadores sanitarios na primeira liña contra un virus que só fomos coñecendo sobre a marcha foi unha das batallas épicas que nos deixa este ano de guerra contra unha doenza que nos cambiou a vida.