Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Situación intermedia entre a baixa térmica e o anticiclón, que afecta especialmente as zonas do interior, con bancos de néboa matinais que deixarán trás de si ceos nubrados pola tarde, con posibilidade de pequenos chuvascos dispersos. No resto de Galicia, ceos mais despexados, e intervalos fortes de vento no norte. 08-08-2022

Estabilizado o lume en Boiro, que arrasou 2.200 hetáreas durante a fin de semana. A brétema procedente da ría axuda nas tarefas de extinción a un dispositivo con 134 brigadas e numerosos medios aereos. // oOgoberno central convoca ás comunidades autónomas para explicarlles o Plan de Aforro enerxético, que inclúe medidas de limitación de temperaturas máximas e mínimas en lugares públicos e restricións á iluminación. A Xunta amósase en contra. // Desfrutar da praia, cantar e facer amigos. Son as actividades que enchen o día a día dos preto de 11.000 nenos que participan este verán nos campamenos xuvenís públicos organizados pola Xunta. non faltan complementos como, Tirolina bicicleta ou petanca. 08-08-2022

Segue a loita con Medios aereos e terrestres contra o incendio declarado entre Caldas e Vilagarcía, o máis grave dos que están activos agora en Galicia. Levan ardido máis de 450 hectáreas. // Xa son 40 os concellos en prealerta polo risco de seca. Din que a situación aínda é sostible, pero advirten do perigo de que, se continúa sen chover, os caudais que abastecen aos depósitos municipais queden baixo mínimos. // O Lugo presentou a súa nova camiseta para a próxima tempada na Segunda División. Aposta por un cambio, mudando as tradicionais raias verticiais por cadros de cor branca e vermella e con franxas azuis nos costados. // A música en directo é a gran protagonista da oferta cultural do verán, con máis dunha ducia de festivais só nesta fin de semana. O prato forte chega mañá a Vigo có concerto de Sting. 05-08-22

Medios aereos e terrestres intensifican a loita contra o lume entre Caldas e Vilagarcía, onde levan ardido máis de 450 hectáreas, logo dunha noite de perigo para núcleos habitados. Os veciños desaloxados puideron xa regresar. // Os técnicos do centro de Investigación de Lourizán califican de moderado o daño sofrido polos solos dos montes do Courel e a Comarca de Valdeorras. // Estrella López-Pardo toma posesión como nova xerente do Servizo Galego de Saúde, en sustitución de José Flores. O conselleiro de Sanidade recoñece que a a situación e especialmente crítica na area de Pontevedra, pola falla de especialistas. // A escaseza de precipitacións leva xa a 40 concellos á situación de prealerta pola seca. O Rosal, no Baixo Miño, súmase ás medidas de restrición e limita o consumo de auga a 300 litros diarios por vivenda 05-08-22

Medios aereos e terrestres intensifican a loita contra o lume entre Caldas e Vilagarcía, onde levan ardido máis de 450 hectáreas. Os veciños desaloxados puideron xa regresar ás suas casas. // Os técnicos do centro de Investigación de Lourizán califican de moderado o daño sofrido polos solos dos montes do Courel e a Comarca de Valdeorras. // Estrella López-Pardo toma posesión como nova xerente do Servizo Galego de Saúde. O conselleiro de Sanidade recoñece que a a situación e especialmente crítica na area de Pontevedra, pola falla de especialistas. // A escaseza de precipitacións leva xa a 40 concellos á situación de prealerta pola seca. O Rosal, no Baixo Miño, limita o consumo de auga a 300 litros diarios por vivenda 05-08-22

Ceos anuabados na metade norte de Galicia, que poderían deixar choivas febles, e un pequeno descenso xeneralizado das temperaturas, nun día no que se activa tamén a alerta na costa noroeste por ventos de forza 7. 05-08-22

Os servizos de extinción conseguen frear o avance das lapas en Verín, onde xa non hai vivendas ameazadas, logo dunha noite de intensa loita, e cunhas 600 hectáreas queimadas. // O Presidente da Xunta critica as medidas do Plan de Aforro Enerxético do Goberno Central, por consideralas inconcretas e que do cumprimento se teñan que encarga ás comunidades autónomas. // Difundir os beneficios da lactancia materna e facela máis visble. É o obxetivo da xuntanza en Pontevedra dun grupo de nais, para celebrar a semana mundial da lactancia materna. // Boa música, gastronomía e praia. É a carta de presentación do Son Rías Baixas, o festival de Bueu que se celébra esta fin de semana. Tres días de concertos con protagonistas como Rels B. ou a banda La M.O.D.A. ademáis de artistas locais como Bala ou Grande Amore. 04-08-22

Ceos algo máis anubrados, que irán despexando co avanza o día. As temperaturas, en torno aos 25º de máxima en Santiago ou Lugo, e rozan os 30 en Pontevedra. O val do miño de Ourense, onde se acadarán os 35º, e a única zona onde se mantén activa hoxe a alerta pola calor. 04-08-22

Segue activo o incendio en Verín, iniciado en 10 focos diferentes, cunhas 600 hectareas queimadas. Os servizos de extinción conseguen frear o avance das lapas, logo dunha noite de intensa loita, con núcleos habitados en risco. // A Xunta urxe ao goberno central a decretar zona catastrófica nas zonas de Valdeorras e o Courel que se viron afectadas polos maiores incendios rexistrados ata agora en Galicia. // Beneficiosa para os fillos e tamén para as nais. É a mensaxe do colectivo Vía Láctea, para difundir e facer máis visible en espazos públicos o xeito de alimentar aos bebés a demanda, na semana mundial da Lactación Materna. // Comenza en Cambados a Festa do Alvariño, coas catas profesionais no tunel de viño e as tradicionais casetas. Agárdanse máis de 150.000 visitantes, ata o domingo, para degustar os brancos das Rías Baixas. 04-08-22

Ante o ano máis secos das últimas catro décadas, A Xunta valora extender a toda Galicia as restricións de uso da auga. Nos concellos da area de Pontevedra, abastecidos polo Río Lérez, cun caudal un 70 por cento por debaixo do habitual, xa están prohibidas actividades como encher piscinas, ou regar xardíns. // Din que é un dos alimentos do futuro: a fariña de verme, con alto contido en proteínas, que elabora a empresa Galinsect, de Ponteareas. De momento comercializan penso para animais, ainda que conta con autorización da Unión europea para o consumo humano. // A Festa do Albariño de Cambados acolle esta noite ao rapeiro catalán Morad, que suma millóns de reproducións coas súas letras sobre a vida de barrio e as inxustizas sociais. É o seu primeiro concerto en Galicia, e estará acompañado do seu amigo e tamén rapeiro Beny Jr. 03-08-2022

Lixeira baixada das temperaturas en toda a comunidade. Ainda asi, volverá estar activa a alerta por calor na parte sur de Galicia, onde as máximas poden chegar os 38º en Ourense e os 34 en Pontevedra. Tamén baixan as minimas, que deixarán noites algo menos calorosas, en torno aos 18º. Polo demais, ceos despexados que irán nubrandose pouco a pouco. 03-08-2022

Encher piscinas, regar xardíns ou lavar coches, son actividades prohibidas nos concellos da area de Pontevedra, onde o río Lérez leva un 70 por cento menos de auga do habitual. A Xunta valora extendelas restricións ao resto de Galicia ante a ausencia de precipitacións // O Parlamento de Galicia aproba o teito de Gasto da Xunta para o ano que ven, o maior da historia autonómica, con 12.600 millóns de euros, que o goberno galego di serán destinados a protexer as familias fronte as incerterzas económicas. // Cen mil litros de auga, e case cen mil mazás, son parte do menú xuvenil para á Peregrinación Europea, que unha empresa de cáterin serve en 12 comedores diferentes. Grupos de voluntarios encárganse de organizar a estancia dos 12.000 mozos que enchen as rúas de Santiago. 03-08-2022

O aforro enerxético chega as luces de nadal de Vigo, que hoxe mesmo comenzaron a ser instaladas. Alumearán unha hora menos e o alcalde, Abel Caballero, non descarta outros recortes. // Ata 12.000 mozos e mozas chegan a Santiago para participar na peregrinación europea, primeiro gran evento da igrexa católica despois da Pandemia, ata o domingo, con 55 bispos e máis de 400 sacerdotes. // Rescatado con vida o único tripulante do veleiro volcado nas costas de Malpica. Un equipo de mergulladores de Salvamento Marítimo atopou ao varón francés de 62 anos no interior da embarcación que levaba volcada dende onte á tarde. // 02-08-22

En Valdeorras e en todo o val do Miño hai alerta laranxa por temperaturas en torno aos 40 graos. Calor abafante tamén nas Rías Baixas, no interior da Coruña e sur de Lugo con temperaturas que rondan os 35 graos.

Pola tarde agardase que vaian entrando nubes de evolución e que aumente a inestabiliade atmosférica. 02-08-22