As escolas infantís galegas convértense, dende hoxe, nas primeiras de España en ser gratuítas para tódolos nenos, unha medida que beneficia a unhas 30.000 familias. // Empregados da adxudicatoria do servizo de atención telefónica de Energy protestan na Coruña pola deslocalización do servizo. Cen postos de traballo serán trasladados a Colombia. // Ata onde chegan xa as capacidades da Intelixencia Artifcial e cómo van cambiar o mundo nos próximos anos. E o que se pode comprobar de primeira man na exposición interactiva More than Human que abre hoxe na Coruña, na sede de Afundación. // Pontevedra regresou ao Medievo esta fin de semana. O Lérez centrou unha nova edición da Feira Franca, que volveu ateigar as rúas da cidade. Artesanía, xantares e xogos populares encheron o ambiente de festa e ledicia 05-09-22
Galicia permanece baixo a influencia das baixas presións, mesmo con alerta marela ata as tres da tarde no litoral de Pontevedra e na zona do Miño. O vento sopra de compoñente sur, con intervalos fortes no noroeste. Temperaturas suaves, con mínimas que non baixarán dos 16 graos e máximas que oscilan entre os 20 e os 25. 05-09-22
Os máis pequenos, adiántanse na volta a clase. As escolas infantís galegas abren hoxe as suas portas e convértense nas primeiras de España en ser gratuítas para tódolos nenos, unha medida que beneficia a unhas 30.000 familias. // As etapas de primaria, secundaria e bacharalato prepáranse para arrancar o próximo xoves. Sindicatos e grupos da oposición acusan á Xunta de non aplicar a tempo os cambios establecidos na lei educativa, e de recortar o número de profesores. // Un sorprendente gol no minuto 97, a cargo de Cris Ramos, que fixo dous tantos, supuxo a vitoria do Lugo fronte ao Zaragoza. Culmina así unha xornada de éxito para o futbol galego, tralo triunfo do Celtra fronte ao Cádiz en Balaídos. 05-09-22
Os máis pequenos, adiántanse na volta a clase. As escolas infantís galegas abren hoxe as suas portas e convértense nas primeiras de España en ser gratuítas para tódolos nenos, unha medida que beneficia a unhas 30.000 familias. // As etapas de primaria, secundaria e bacharalato prepáranse para arrancar o próximo xoves. Sindicatos e grupos da oposición acusan á Xunta de non aplicar a tempo os cambios establecidos na lei educativa, e de recortar o número de profesores. // Un sorprendente gol no minuto 97, a cargo de Cris Ramos, que fixo dous tantos, supuxo a vitoria do Lugo fronte ao Zaragoza 05-09-22
Roberto Verino cumpre 40 anos na industria da moda, desde unha vila de Ourense sen tradición industrial nin téxtil. O deseñador cóntanos a súa traxectoria ata lograr o prestixio e a presenza internacional da súa marca.
A fin dos contratos de temporada fai subir o paro en algo máis de 2.000 persoas en Galicia en agosto // Catro anos despois do estoupido en Paramos, en Tui, a vida continúa, pero con menos veciños // O Celta busca esta noite a segunda vitoria da tempada ante o Cádiz // No barrio ferrolán de Canido atopamos estes días tantas Meninas diferentes como artistas participan no festival de arte urbana. 02-09-22
A fin dos contratos de temporada fai subir o paro en algo máis de 2.000 persoas en Galicia en agosto // A Fiscalía pide 14 anos de cárcere e once millóns de fianza para o dono do almacén ilegal de material pirotécnico que estoupou en 2018 en Paramos, en Tui. Catro anos despois, en Paramos a vida continúa, pero con menos veciños // O Celta busca esta noite en Balaídos a segunda vitoria da tempada ante o Cádiz // Grandes pequenas, transgresoras, clásicas, reivindicativas... No barrio ferrolán de Canido atopamos estes días tantas Meninas diferentes como artistas participan no festival de arte urbana. 02-09-22
Néboas no litoral oeste durante a mañá e ceos parcialmente cubertos con algúns chuvascos dispersos e ocasionais no resto, máis probables na metade norte. As temperaturas mantéñense sen cambios importantes ou cun lixeiro descenso das máximas. Os ventos, do suroeste pola mañá, irán virando a norte co avance da xornada. 02-09-22
A fin dos contratos de temporada fai subir o paro en algo máis de 2.000 persoas en Galicia en agosto // A Fiscalía pide 14 anos de cárcere para o dono do almacén de material pirotécnico que estoupou en 2018 en Paramos, en Tui // O Celta busca esta noite en Balaídos a segunda vitoria da tempada ante o Cádiz // No barrio ferrolán de Canido atopamos estes días tantas Meninas diferentes como artistas participan no festival de arte urbana. 02-09-22
Primeiro día da gratuidade dos abonos para os trens, cun considerable aumento dos usuarios // O primeiro Consello da Xunta tralas vacacións acaba de darlle o visto e prace ás obras de ampliación do hospital clínico de Santiago // Yolanda Díaz inicia en Galicia a xira por España do seu proxecto político, Sumar // Un artefacto estoupou nunha entidade bancaria de Hío, en Cangas, esta madrugada. 02-09-2022Primeiro día da gratuidade dos abonos para os trens, cun considerable aumento dos usuarios // O primeiro Consello da Xunta tralas vacacións acaba de darlle o visto e prace ás obras de ampliación do hospital clínico de Santiago // Yolanda Díaz inicia en Galicia a xira por España do seu proxecto político, Sumar // Un artefacto estoupou nunha entidade bancaria de Hío, en Cangas, esta madrugada. 02-09-2022
O primeiro día da gratuidade dos abonos para os trens sáldase cun aumento do número de usuarios // Primeiro Consello da Xunta tralas vacacións. Yolanda Díaz inicia en Galicia a xira do seu proxecto político, Sumar // Un artefacto estoupou nunha entidade bancaria de Hío, en Cangas // Compartimos un ensaio con Andrea González, a pianista que recuperou o legado musical de Frei Rosendo Salvado. 02-09-2022
Galicia recibe hoxe aire húmido do Atlántico que deixa néboas na costa oeste e nubes en practicamente toda a comunidade. Tamén houbo esta mañá algunhas chuvias, dispersas e ocasionais, sobre todo no norte. As temperaturas apenas teñen cambios, mentres que os ventos sopraron do sur pola mañá e cambian a compoñente oeste pola tarde. 02-09-2022
O primeiro día da gratuidade dos abonos para os trens sáldase cun considerable aumento do número de usuarios // O primeiro Consello da Xunta tralas vacacións acaba de darlle o visto e prace ás obras de ampliación do hospital clínico de Santiago. Yolanda Díaz inicia en Galicia a xira por España do seu proxecto político, Sumar // Un artefacto estoupou nunha entidade bancaria de Hío, en Cangas, esta madrugada // Compartimos un ensaio con Andrea González, a pianista que vén de recuperar nun disco o legado musical de Frei Rosendo Salvado. 02-09-2022
Os prezos dos alimentos e a electricidade volven subir en agosto e manteñen a inflación por riba do dez por cento, por terceiro mes consecutivo // Un bombeiro en prácticas faleceu esta mañá en Santiago, atropelado por un autobús mentres os seus compañeiros tentaban extinguir un incendio declarado no vehículo // A auga acumulada nos encoros galegos segue descendendo. Están agora algo por debaixo do 50 por cento da súa capacidade // Siniestro Total despediuse dos escenarios despois de 40 anos de concertos, pero os seus membros continúan activos. 30-08-2022
A Xunta vai bonificar ata o 50 por cento o transporte público por estrada, desde mañá ata fin de ano, con independencia das axudas anunciadas polo Goberno // A ministra de Política Territorial destacou en Vigo o apoio ás familias e o aforro enerxético que van supoñer os abonos gratuítos de Renfe // A falta de chuvia ameaza a subministración de auga en varios concellos do sur de Ourense e tamén afecta ás explotacións lácteas // Motos da Garda Civil de Tráfico camufladas para previr a sinistralidade, especialmente neste tipo de vehículos. 31-08-2022
A Xunta vai bonificar ata o 50 por cento o transporte público por estrada, desde mañá ata fin de ano // A ministra de Política Territorial destacou en Vigo o apoio ás familias e o aforro enerxético que van supoñer os abonos gratuítos de Renfe // A falta de chuvia ameaza a subministración de auga en varios concellos de Ourense e tamén afecta ás explotacións lácteas // Motos da Garda Civil de Tráfico camufladas para previr a sinistralidade. 31-08-2022
Despois dunha mañá de nubes e baixas e néboas, pola tarde iranse abrindo máis claros. As brétemas costeiras no litoral atlántico poden ser localmente persistentes nun día de ventos frouxos e temperaturas en xeral con poucos cambios. 31-08-2022
A Xunta vai bonificar ata o 50 por cento o transporte público por estrada, desde mañá ata fin de ano // A ministra de Política Territorial destacou en Vigo o apoio ás familias e o aforro enerxético que van supoñer os abonos gratuítos de Renfe // A falta de chuvia ameaza a subministración de auga en varios concellos e tamén afecta ás explotacións lácteas // Motos da Garda Civil de Tráfico camufladas para previr a sinistralidade. 31-08-2022
Os prezos dos alimentos e a electricidade volven subir en agosto e manteñen a inflación por riba do dez por cento, por terceiro mes consecutivo // A inflación e a nova lei educativa, que obriga os alumnos mercar novos libros de texto dos cursos impares, dispara o custo da volta ao cole // A auga acumulada nos encoros galegos está agora algo por debaixo do 50 por cento da súa capacidade // Un bombeiro en prácticas faleceu esta mañá en Santiago, atropelado por un autobús que se estaba queimando // Fiscalía e acusacións pedirán prisión permanente revisable para o autor confeso do crime de Valga. Asasinou a tiros a súa ex-muller e fixo o mesmo coa súa sogra e a súa cuñada. 30-08-2022
Os ceos están cubertos dende primeira hora da mañá, pero na metade leste da comunidade irán despexando pola tarde. No resto da comunidade, especialmente no litoral atlántico, as nubes persistirán e mesmo poden chegar a deixar lixeiras chuvias, menos probables pola tarde. As temperaturas continúan baixando. 30-08-2022