A Xunta da por estabilizados os incendios que onte á tarde ameazaron os veciños de Meira, en Moaña e de varias aldeas de Ponteareas // Ante a situación de seca prolongada, os concellos insisten na necesidade de facer un uso responsable da auga // A inflación e o encarecemento de materias primas como o papel disparan a factura do inicio do curso escolar // A cúpula da igrexa de Reboreda, en Redondela, que un raio derrubou en marzo, agarda reconstruída no chan do atrio a súa volta ao alto da torre. 23-08-2022
A preocupación pola seca esténdese á bacía do río Tambre, do que se fornece a comarca de Santiago, e á do Grande, na Costa da Morte // O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anuncia que o Consello de Ministros vai declarar mañá zona catastrófica as áreas queimadas nos grandes incendios deste verán // O transporte urbano da Coruña vai contar cun autobús que funciona con hidróxeno verde // O piragüismo galego trae dúas medallas de ouro e unha de prata do campionato europeo de Munich. 22-08-2022
A preocupación pola seca esténdese á bacía do río Tambre, do que se fornece a comarca de Santiago, e á do Grande, na Costa da Morte // O transporte urbano da Coruña vai contar durante unha semana, de xeito experimental, cun autobús que funciona con hidróxeno verde // A fin de semana déixanos a derrota do Celta por un a catro ante o Real Madrid en Balaídos. O Lugo empatou no campo do Tenerife // O piragüismo galego trae dúas medallas de ouro e unha de prata do campionato europeo de Munich. 22-08-2022
A preocupación pola seca esténdese á bacía do río Tambre, do que se fornece a comarca de Santiago // O transporte urbano da Coruña vai contar durante unha semana cun autobús que funciona con hidróxeno verde // A fin de semana déixanos a derrota do Celta por 1-4 ante o Real Madrid. O Lugo empatou no campo do Tenerife // O piragüismo galego trae dúas medallas de ouro e unha de prata do campionato europeo. 22-08-2022
Aumentan lixeiramente as temperaturas máximas en practicamente toda a comunidade. Lugo, Santiago e Pontevedra terán unha xornada de ceos despexados e temperaturas que superarán os 30 graos. Máis calor aínda en Ourense onde agardan que os termómetros acaden os 36 graos. 22-08-2022
Extinguido o lume, comeza a loita contra os seus efectos no monte. Na Barbanza, onde arderon máis de 2.000 hectáreas, están poñendo barreiras e botando palla á beira dos regatos // Asistimos ás probas dun dos vehículos autónomos que desenvolve o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia // O Celta prepara a segunda cita da Liga mañá en Balaídos contra o Real Madrid // O globo de papel máis grande do mundo volve voar trala pandemia. Desde Betanzos. 19-08-2022
Extinguido o lume, comeza a loita contra os seus efectos no monte // Asistimos ás probas dun dos vehículos autónomos que desenvolve o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia // O Celta prepara a segunda cita da Liga mañá en Balaídos contra o Real Madrid // O globo de papel máis grande do mundo volve voar en Betanzos. 19-08-2022
Este venres Galicia temos ceos despexados en todas as provincias, con pequenas excepcións no litoral norte a última hora do día, cando poden aparecer algunhas nubes baixas. As temperaturas subiron. En Lugo, Ourense e Pontevedra chegan e mesmo superan os 30 graos de máxima. 19-08-2022
Cae a plataforma que quedara en pé tralo derrubamento en xuño de parte do Viaduto do Castro, na A6 // Extinguido o lume, comeza a loita contra os seus efectos no monte // Asistimos ás probas dun dos vehículos autónomos que desenvolve o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia // O Celta prepara a segunda cita da Liga mañá en Balaídos contra o Real Madrid // O globo de papel máis grande do mundo volve voar en Betanzos. 19-08-2022
Na vaga de lumes de hai un mes, en Valdeorras e no Courel, arderon case un cento de vivendas. Os veciños tratan hoxe de repoñerse // Os especialistas atribúen os grandes incendios á especial meteoroloxía deste ano // Dúas semanas de restricións na subministración de auga da traída en Ribadavia // Neste 2022 fan 100 anos do nacemento de María Casares na Coruña. Exiliada en Francia, chegou a ser unha das actrices máis importantes do teatro e o cine da época // Un mural do artista ourensán Mon Devane acaba de ser elixido como o mellor do mundo do mes de xullo por unha plataforma especializada. 18-08-2022
Hai un mes, un dos peores incendios de Galicia destruía estas vivendas en Rubiá, en Ourense. Os veciños tratan hoxe de repoñerse // Os especialistas forestais atribúen os grandes incendios á meteoroloxía especial deste ano e din que hai que actuar na ordenación do territorio para previlos // Dúas semanas de restricións na subministración de auga da traída en Ribadavia // Un mural do artista ourensán Mon Devane acaba de ser elixido como o mellor do mundo do mes de xullo por unha plataforma especializada. 18-08-2022
Hai un mes, un dos peores incendios de Galicia destruía estas vivendas en Rubiá, en Ourense. Os veciños tratan hoxe de repoñerse // Os especialistas forestais atribúen os grandes incendios á meteoroloxía especial deste ano e din que hai que actuar na ordenación do territorio para previlos // Dúas semanas de restricións na subministración de auga da traída en Ribadavia // Un mural do artista ourensán Mon Devane acaba de ser elixido como o mellor do mundo do mes de xullo por unha plataforma especializada. 18-08-2022
Despois dunha mañá de néboas e nubes baixas, os ceos foron quedando máis despexados. As temperaturas ascenden lixeiramente sobre todo no interior e no sur. Ata 28 graos terán en Ourense e 27 en Pontevedra e Vigo. 18-08-2022
Comezan a desmontar o tramo do viaduto do Castro que quedou illado cando caeron outros dous treitos da plataforma, en xuño // Só queda un incendio por extinguir en Galicia, en Pantón, en Lugo, que está estabilizado tras queimar unhas 25 hectáreas // As aldeas modelo e os polígonos agroforestais son ferramentas pensadas para pór en valor as leiras e os montes abandonados e para que sirvan como corta lumes naturais contra os incendios // Roberto Verino cumpre 40 anos na industria da moda, desde unha vila de Ourense sen tradición industrial nin téxtil. 17-08-2022
Día nubrado e chuvioso en toda a comunidade. A borrasca deixará precipitacións especialmente na parte norte de Galicia, aínda que remiten conforme avance a xornada. As temperaturas mantéñense ou soben lixeiramente polo sur. 17-08-2022
Comezan a desmontar o tramo do viaduto do Castro que quedou illado cando caeron outros dous treitos da plataforma, a principios de xuño // A Xunta da por extinguido o incendio que queimou máis de 2.000 hectáreas entre Laza e Chandrexa de Queixa // Unha das medidas de Medio Rural para previr os incendios é a recuperación de terras agrarias, coa creación e aldeas modelo e polígonos agroforestais // Roberto Verino cumpre 40 anos na industria da moda. 17-08-2022
Comezan a desmontar o tramo do viaduto do Castro que quedou illado cando caeron outros dous treitos da plataforma, a principios de xuño // A Xunta da por extinguido o incendio que queimou máis de 2.000 hectáreas entre Laza e Chandrexa de Queixa // Unha das medidas de Medio Rural para previr os incendios é a recuperación de terras agrarias, coa creación e aldeas modelo e polígonos agroforestais // Roberto Verino cumpre 40 anos na industria da moda, desde unha vila de Ourense sen tradición industrial nin téxtil. 17-08-2022
O día de San Roque, festivo en numerosas vilas e cidades galegas, prolonga unha ponte na que se recupera o movemento turístico de antes da pandemia // A oficina do peregrino xa despachou no que vai de ano máis de 240.000 compostelas // Melide, Vigo, Santiago ou Betanzos son algunhas da cidades e vilas galegas que estenden a ponte co festivo de San Roque. Tamén Vilagarcía, que ademais xunta milleiros de persoas na súa Festa da Auga. Este ano eliminaron o uso de mangueiras // En Malpica, o Concello reparte auga embotellada entre os veciños tras declararse non apta para o consumo a da traída municipal. 16-08-2022
E despois do paso dunha fronte fría durante a madrugada volve a chuvia. Son chuvascos que poden caer en calquera punto de Galicia. Serán máis frecuentes e intensos no terzo norte onde tamén poden vir acompañados de treboadas. Durante a mañá sobre todo choveu na provincia da Coruña. As temperaturas volveron baixar. Hoxe as máximas roldarán os 20 graos. 16-08-2022
O día de San Roque, festivo en numerosas vilas e cidades galegas, prolonga unha ponte na que se recupera o movemento turístico de antes da pandemia // A oficina do peregrino xa despachou no que vai de ano máis de 240.000 compostelas // Vilagarcía celebrou hoxe a Festa da Auga, pero sen mangueiras para mollar á xente debido á prealerta por seca // En Malpica, o Concello reparte auga embotellada entre os veciños tras declararse non apta para o consumo a da traída municipal. 16-08-2022