Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os empresarios galegos auguran un outono con dificultades económicas // En Ourense, as explotacións gandeiras teñen que usar cisternas para asegurarlles a auga ás vacas // Catro incendios forestais seguen activos en Galicia, pero xa todos están estabilizados ou controlados // Iago Aspas, o xogador emblema do Celta, amplía o seu contrato co club dúas tempadas máis 26-07-22

Os empresarios galegos auguran un outono con dificultades económicas // En Ourense, as explotacións gandeiras teñen que usar cisternas para asegurarlles a auga ás vacas // Catro incendios forestais seguen activos en Galicia, pero xa todos están estabilizados ou controlados // Iago Aspas amplía o seu contrato co Celta dúas tempadas máis 26-07-22

Hai 50 anos morría no exilio no Brasil, Xosé Velo, coautor do secuestro do transatlántico "Santa María", para chamar a atención da opinión pública internacional.

Cadrando co 50 cabodano de Velo, publícase un libro cin escritos deste mestre de Celanova, que nunca abandonou a loita antifranquista.

O rei Filipe VI preside en Santiago a ofenda nacional ao Apóstolo // Hoxe é o Día de Galicia, festivo, e o ambiente está especialmente animado en Santiago // O BNG reivindica unha saída da crise xusta. O PSdeG propón reformar o Estatuto de autonomía // Sete incendios forestais continúan activos en Galicia, pero a Xunta xa da por estabilizado o gran lume de Valdeorras, 25-07-22

O rei Filipe VI preside en Santiago, por terceiro ano consecutivo, a ofenda nacional ao Apóstolo // Hoxe é o Día de Galicia, festivo, e o ambiente está especialmente animado en Santiago // O BNG reivindica unha saída da crise xusta. O PSdeG propón reformar o Estatuto de Autonomía // A Xunta da por estabilizado o gran incendio de Valdeorras, mentres seguen activos os do Courel e o que afecta ó parque natural do Invernadeiro. 25-07-22

A semana comezou cunha mañá algo nubrada, por unha fronte pouco activa, que entrou pola zona norte de Galicia. A medida que avanza o día, vólvese máis solleiro e despexado, pero non demasiado caloroso, con temperaturas máximas en torno aos 25 graos, agás Ourense, onde poden superar os 30 graos. 25-07-22

O rei Filipe VI preside en Santiago, por terceiro ano consecutivo, a ofenda nacional ao Apóstolo // Hoxe é o Día de Galicia, festivo, e o ambiente está especialmente animado en Santiago // O BNG reivindica unha saída da crise xusta. O PSdeG propón reformar o Estatuto de Autonomía // A Xunta da por estabilizado o gran incendio de Valdeorras, mentres seguen activos os do Courel e o que afecta ó parque natural do Invernadeiro. 25-07-22

Perimetrados xa os incendios do Courel e Valdeorras, os equipos de extinción traballan agora para estabilizalos, tras batir o record de superfice queimada en Galicia. Mentres, segue sen control no Parque Natural do INvernadeiro, en Ourense. // Comezan en Santiago as Festas do Apóstolo con numerosas actividades programadas para os próximos días, nos que está previsto que se congregue a maior afluencia de peregrinos e tamén de turistas. Os establecentos rexistran unha ocupación por riba dos anos previos á pandemia. 22/07/22

Abundantes nubes pola mañá, que irán retrocedendo ata quedar o ceo despexado pola tarde, especialmente na metade sur. As temperaturas máximas descenden e quedan entre os vinte graos da Coruña e os trinta de Ourense. O vento seguirá soprando do norte e nordés, con máis forza no litoral atlántico. 22-07-22

Os medios de extinción teñen xa perimetrados e traballan para estabilizar os incendios da zona do Courel e Valdeorras, onde o lume xa non avanza, tras batir o record de superfice queimada en Galicia. Mentres, segue sen control no Parque Natural do INvernadeiro, en Ourense. // Ameaza de folga por parte de profesionais da área sanitaria de Pontevedra-Salnés ante a situación na que se atopan os centros de atención primaria. Cinco sindicatos advertiron hoxe da mobilización, en protesta pola falla de facultativos para cubrir as baixas. // Nova campaña da asociación Stop Accidentes con voluntarios, para concienciar aos condutores dos perigos ao volante nesta época de maior circulación de viaxes vacacionais e recorridos curtos. O exceso de velocidade ou a conducción baixo os efectos do alcohol e drogas seguen a ser as actividades de maior risco. // 22-07-22

Os medios de extinción teñen xa perimetrados e traballan para estabilizar os incendios da zona do Courel e Valdeorras, onde o lume xa non avanza, tras batir o record de superfice queimada en Galicia. Mentres, segue sen control no Parque Natural do INvernadeiro, en Ourense. // Ameaza de folga por parte de profesionais da área sanitaria de Pontevedra-Salnés ante a situación na que se atopan os centros de atención primaria. Cinco sindicatos advertiron hoxe da mobilización, en protesta pola falla de facultativos para cubrir as baixas. // Nova campaña da asociación Stop Accidentes con voluntarios, para concienciar aos condutores dos perigos ao volante nesta época de maior circulación de viaxes vacacionais e recorridos curtos. // 22-07-22

O incendios do Courel e Valderoras baten o record de maior superficie queimada ata agora en Galicia, ao superar as 10.000 hectáreas cada un. Na última semana o lume leva arrasadas máis de 30.000 en total. // Camilo chega a Galicia coa súa xira "De Adentro Pa Afuera". colas O cantante colombiano actuará hoxe no Coliseum da Coruña, nun espectáculo no que presenta o seu último disco ademáis de recordar algúns dos seus grandes éxitos. 21-07-22

.

Refórzase a influencia anticiclónica, con circulación de vento do nordés. As temperaturas quedarán por riba dos 36 graos na comarca de Valdeorras e no Miño de Ourense, de novo en aviso amarelo por calor. Ceos despexados en xeral, agás no terzo norte, onde haberá chuvias febles. 21-07-22

Seguen sen control os incendios do Courel e Valderoras, que xa son os de maior superficie queimada rexistrados ata agora en Galicia. Cando se cumpre unha semana dende que comenzou a vaga, a superficie que ardeu supera as 30.000 hectáreas. // A Xunta aprobou hoxe un paquete de axudas aos afectados, con prioridade para os propietarios das 75 vivendas e edificacións danadas polo lume, // A celulosa de Pontevedra para temporalmente a sua actividade, ante o descenso do caudal do Río Lérez. O volume de auga está por de debaixo do nivel que a Xunta establece como caudal ecolóxico.. // As industrias galegas do metal e a automoción rexeitan o recorte do 15 por cento do mercado de gas proposto por Bruxelas, en caso de escaseza a partir de Outono. Destacan a dependencia deste combustible para manter a sua actividade. 21-07-22

Seguen sen control os incendios do Courel e Valderoras, que xa son os de maior superficie queimada rexistrados ata agora en Galicia. Cando se cumpre unha semana dende que comenzou a vaga, a superficie que ardeu supera as 30.000 hectáreas. // A Xunta aprobou hoxe un paquete de axudas aos afectados, con prioridade para os propietarios das 75 vivendas e edificacións danadas polo lume, // A celulosa de Pontevedra para temporalmente a sua actividade, ante o descenso do caudal do Río Lérez. O volume de auga está por de debaixo do nivel que a Xunta establece como caudal ecolóxico.. // As industrias galegas do metal e a automoción rexeitan o recorte do 15 por cento do mercado de gas proposto por Bruxelas, en caso de escaseza a partir de Outono. Destacan a dependencia deste combustible para manter a sua actividade. 21-07-22

Xa son máis de 24.000 as hectáreas arrasadas polo lume, ainda sen control. A maioría dos veciños desaloxados poideron xa volver, e foi restablecida a circulación do AVE entre Galicia e Madrid. // En Valdeorras o lume exténdese en ambas marxes do Sil e afecta ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra. No Courel segue activa a situación de alerta dous, pola proximidade das lapas a vivendas. A maior preocupación é na parroquia de Seceda, en Folgoso. 20-07-22

Xa son máis de 24.000 as hectáreas arrasadas polo lume, que deixa aldeas como esta de Veiga de Cascallá, na comarca de Valdeorras, completamente reducida a cinzas. A Xunta habilita prazas en residencias para persoas maiores desaloxadas. // As principais frontes dos incendios seguen a estar nas comarcas de Valdeorras e o do Courel, onde as lapas avanzan ainda sen control. // Os sindicatos piden cambios na lei de prevención de riscos laborais para evitar a exposición a golpes de calor dos traballadores, o secretario xeral de UGT reclama, dende Vigo, medidas para adaptar a actividade laboral ás as altas temperaturas, que serán máis habituais no futuro. // Celta e Lugo continúan coa preparación da pretempada. Unai Núñez é a última incoporación do equipo vigués, cedido polo Atletic de Bilbao con opción a compra. 20-07-22

Temos algunhas nubes baixas que tenden a desaparecer, para deixar unha tarde de ceos moi despexados. As temperaturas mínimas sofriron un descenso, máis acusado en Ourense e no sur de Lugo, mentres que as máximas experimentan un lixeiro ascenso 20-07-22

Xa son máis de 24.000 as hectáreas arrasadas polo lume, que deixa aldeas como esta de Veiga de Cascallá, na comarca de Valdeorras, completamente reducida a cinzas. A Xunta habilita prazas en residencias para persoas maiores desaloxadas. // As principais frontes dos incendios seguen a estar nas comarcas de Valdeorras e o do Courel, onde as lapas avanzan ainda sen control. // Os sindicatos piden cambios na lei de prevención de riscos laborais para evitar a exposición a golpes de calor dos traballadores, o secretario xeral de UGT reclama, dende Vigo, medidas para adaptar a actividade laboral ás as altas temperaturas, que serán máis habituais no futuro. // Celta e Lugo continúan coa preparación da pretempada. Unai Núñez é a última incoporación do equipo vigués, cedido polo Atletic de Bilbao con opción a compra.20-07-22

Xa son preto de 20.000 as hectareas arrasadas polo lume, que devora tamen aldeas, como a de Vilar, co seu centro etnográfico pasto das lapas. Algúns veciños desaloxados puderon volver a casa. // As mellores condicións meteorolóxicas están a permitir nas últimas horas unha maior eficiacia dos medios de extinción, que loitan en 15 frontes activas. A parte de zonas de importante valor ecolóxico, hai máis de 80 casas afectadas. 19-07-22