O plan de aforro enerxético chega ás luces de nadal, de Vigo. Os comerciantes prepáranse para aplicar a partir desta semana as medidas de limitación de temperaturas e illamento dos locais aprobadas polo Goberno. // Xullo sáldase en Galicia cunha baixada de 1.082 desempregados rexistrados menos, que deixan o total de parados en 140.000, o mínimo histórico. // O sector turístico e a hostalaría están entre os que rexistran un maior aumento da actividade. Os empresarios destacan, sen embargo, unha caida na sua rendibilidade, debido ao menor gasto dos visitantes e o aumento da inflación. 02-08-22
O plan de aforro enerxético chega ás luces de nadal, de Vigo. Os comerciantes prepáranse para aplicar a partir desta semana as medidas de limitación de temperaturas e illamento dos locais aprobadas polo Goberno. // Xullo sáldase en Galicia cunha baixada de 1.082 desempregados rexistrados menos, que deixan o total de parados en 140.000, o mínimo histórico. // O sector turístico e a hostalaría están entre os que rexistran un maior aumento da actividade. Os empresarios destacan, sen embargo, unha caida na sua rendibilidade, debido ao menor gasto dos visitantes e o aumento da inflación. 02-08-22
A Xunta activou o aviso laranxa no val do Miño e nas Rías Baixas por temperaturas que en Ourense poden chegar aos corenta graos // Un restaurante de Negreira celebra arestora con 27 cociñeiros, que entre todos suman 69 estrelas Michelin, o xantar Estrelas solidarias no Camiño // 12.600 millóns de euros. É a cifra o teito de gasto para os orzamentos de Galicia de 2023 // O Celta quere fichar catro xogadores máis, entre eles dous dianteiros 01-08-22
Hoxe as máximas rozarán os 40º en Ourense, e andarán ao redor dos 35º no resto de Galicia, agás A Coruña e Lugo. Ceos despexados e pouco vento marcan o resto do día. As mínimas subirán respecto a onte, e esta tendencia seguira previsiblemente durante toda a semana. 01-08-22
A Xunta activou o aviso laranxa no val do Miño e nas Rías Baixas por temperaturas que en Ourense poden chegar aos corenta graos // 12.600 millóns de euros. É a cifra á que se teñen que axustar os orzamentos de Galicia para 2023 // O Celta quere fichar catro novos xogadores antes de que peche o mercado, entre eles dous dianteiros // 27 cociñeiros que entre todos suman 69 estrelas Michelin. Un restaurante de Negreira celebra arestora con eles o xantar Estrelas solidarias no Camiño 01-08-22
A Xunta activou o aviso laranxa no val do Miño e nas Rías Baixas por temperaturas que en Ourense poden chegar aos corenta graos // 12.600 millóns de euros. É a cifra á que se teñen que axustar os orzamentos de Galicia para 2023 // O Celta quere fichar catro novos xogadores antes de que peche o mercado, entre eles dous dianteiros // 27 cociñeiros que entre todos suman 69 estrelas Michelin. Un restaurante de Negreira celebra arestora con eles o xantar Estrelas solidarias no Camiño 01-08-22
Os prezos seguen subindo. O dato do IPC que coñecemos hoxe sitúa a inflación de España preto do 11 por cento // As familias das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo piden axuda a empresas e particulares // Aves rapaces voan de novo tras meses de recuperación // Entrevistamos a un experto en toponimia, o lingüista Vicente Feijoo // Terceiro ano consecutivo sen a tradicional procesión de cadaleitos en Santa Marta de Ribarteme, no concello das Neves. Os dous anteriores por mor da Covid, e este ano por prohibición do párroco 29-07-22
Volven as altas presións, que de mañá deixaron chuvias febles en zonas do norte: na Mariña e Bergantiños. Co avance do día, foi despexando. As temperaturas mínimas serán idénticas ás de onte, pero as máximas soben algo.Haberá 30º en Ourense e Pontevedra
29-07-22
Os prezos seguen subindo. O dato do IPC que coñecemos hoxe sitúa a inflación de España preto do 11 por cento, unha cifra que xa se superou en Galicia o mes pasado // As familias das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo piden axuda a empresas e particulares para baixar pola súa conta ao pecio // Un falcón peregrino, un moucho e unha curuxa voan de novo tras meses de recuperación // Galicia ten unha riqueza en topónimos e microtopónimos única no mundo. Entrevistamos a un experto na materia, o lingüista Vicente Feijoo 29-07-22
Os prezos seguen subindo. O dato do IPC que coñecemos hoxe sitúa a inflación de España preto do 11 por cento // As familias das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo piden axuda a empresas e particulares // Aves rapaces voan de novo tras meses de recuperación // Entrevistamos a un experto en toponimia, o lingüista Vicente Feijoo 29-07-22
Reunión “cordial” entre Sánchez e Rueda na Moncloa, con compromisos de investimentos en proxectos industriais // A EPA reflicte a creación de 13.800 empregos en Galicia entre abril e xuño // Un incendio en Castrelo de Miño activou esta noite o nivel dous de risco pola súa proximidade ás vivendas // O presidente do Celta acusa a Denís Suárez de traizoar e desprestixiar o club. 28-07-22
Ceos nubrados e algunha chuvia lixeira e ocasional pola mañá, máis probable no noroeste. Ábrense claros a partir do mediodía. As temperaturas mínimas seguen igual e as máximas, en lixeiro descenso 28-07-22
Alfonso Rueda reclámalle a Sánchez axudas para os afectados polos incendios, medidas para mellorar a sanidade ou que o AVE chega a toda Galicia, na súa primeira reunión na Moncloa // A Enquisa de Poboación Activa reflicte a creación de 13.800 empregos en Galicia entre abril e xuño // Un incendio en Castrelo de Miño activou esta noite o nivel dous de risco pola súa proximidade ás vivendas // O presidente do Celta acusa a Denís Suárez de traizoar e desprestixiar o club. Admite que se equivocou con Santi Mina. 28-07-22
Alfonso Rueda reclámalle a Sánchez axudas para os afectados polos incendios, medidas para mellorar a sanidade ou que o AVE chega a toda Galicia, na súa primeira reunión na Moncloa // A EPA reflicte a creación de 13.800 empregos en Galicia entre abril e xuño // Un incendio en Castrelo de Miño activou esta noite o nivel dous de risco pola súa proximidade ás vivendas // O presidente do Celta acusa a Denís Suárez de traizoar e desprestixiar o club 28-07-22
Prisión preventiva para o detido no Porriño por, presuntamente, secuestrar e abusar sexualmente dunha exparella durante seis días // Alfonso Rueda salienta o consenso coa oposición sobre as cuestións que lle vai plantexar a Sánchez // O alcalde de Ourense gobernará con só 3 concelleiros os 10 meses que quedan da lexislatura // O Lugo confirma unha nova fichaxe, a do defensa Néider Lozano // Cinco grandes esculturas do artista Manolo Paz para reivindicar Galicia e a súa paisaxe 27-07-22
Mañá nubradas en Lugo e A Coruña. Ao longo do día toda Galicia pasa a estar con ceos despexados. As temperaturas lixeiramente máis baixas ca onte, ao redor os 25 graos de máxima, agás Ourense, onde poden chegar aos 30 27-07-22
Prisión preventiva para o detido nun piso do centro do Porriño por, presuntamente, secuestrar e abusar sexualmente dunha exparella durante seis días // Alfonso Rueda salienta o consenso coa oposición sobre as cuestións que lle vai plantexar a Sánchez // O alcalde de Ourense gobernará con só 3 concelleiros os 10 meses que quedan da lexislatura // Cinco grandes esculturas do artista Manolo Paz para reivindicar Galicia e a súa paisaxe 27-07-22
Prisión preventiva para o detido nun piso do centro do Porriño por, presuntamente, secuestrar e abusar sexualmente dunha exparella durante seis días // Alfonso Rueda salienta o consenso coa oposición sobre as cuestións que lle vai plantexar a Sánchez // O alcalde de Ourense gobernará con só tres concelleiros os 10 meses que quedan da lexislatura // Cinco grandes esculturas do artista Manolo Paz para reivindicar Galicia e a súa paisaxe 27-07-22
A falta de chuvia preocupa en varias zonas de Galicia. En Ourense, as explotacións gandeiras teñen que usar cisternas para asegurarlles a auga ás vacas // Os empresarios galegos auguran un outono con dificultades económicas pola caída da demanda, as limitacións ao consumo de gas e á inflación // O alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensá, anunciou que racha o pacto de goberno co PP, tanto no Concello como na Deputación // Fomentar o talento feminino na música. É o obxectivo do programa "Descúbreas" da Deputación de Pontevedra, que axuda a mozas, de entre 16 e 30 anos, nos seus primeiros pasos no sector da música 26-07-22
Un anticiclón procedente do norte deixa ceos nubrados, especialmente na Coruña e Lugo. Nesa parte, as temperaturas non superarán os 24º. Canto máis ao sur, os ceos estarán máis despexados. En Pontevedra e Ourense as temperaturas andarán polos 30 graos de máxima 26-07-22