Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Chuvascos que serán máis activos pola tarde e ao leste. De cara a noite irán remitindo pero nas comarcas atlánticas o vento do mar traerá moita humidade e algunha chuvia feble na madrugada. As temperaturas descenden. 23-06-2022

Unha celebración en véspera de festivo e sen restricións, para a que hai quen empeza xa a coller sitio. A noite de San Xoán chega coa espectativa de recuperar o ambiente habitual previo á pandemia. // Operación Sayal da Garda Civi, a máis importante ata agora non noso país contra o tráfico de armas, con rexistros en distintas provincias, entre elas Pontevedra e Lugo. En total hai 12 persoas detidas. // As grandes Cadeas e centros comerciais comenzan as rebaixas de verán, as qie se suman tamén pequenas tendas, sen esperar a xullo. Un respiro en plena escalada de prezos, con descontos entre o 30 e o 60% polos que moitos consumidores viñan esperando. // O Celta emprende a campaña que considera a máis ambiciosa nos seus cen anos de historia para captar abonados para a próxima tempada. Haberá unha plataforma para que os abonados retiren as entradas en liña. 23-06-2022

Proban no porto de Marín unha boia de salvamento autopropulsada e guiada a distancia que permite chegar axiña ata unha persoa que caia ao mar e remolcala de novo ata o barco ou a terra.

Último día do curso escolar, cos nenos cheos de gañas de diversión, tras dous anos de pandemia. Mentres os pais buscan formas de conciliar durante os tres meses de vacacións que quedan por diante. // Os transportistas levan a Mesa de dialogo coa Conselleira de Infraestruturas a sua preocupación polo custe do gasóleo. Piden que se investigue as empresas distribuidoras porque, din, están aumentar o prezo do combustible de forma artificial. // Pode chegar polos seus propios medios ata unha persoa caida ao mar e remolcala ata un barco ou a terra.E un dispositivo de salvamento autopropulsado presentado de fabricación portuguesa e presentado no Porto de Marín.. // A canción Ai Lalelo, composta a partir de programas de Intelixencia Artificial polo equipo compostelán CECUBO competirá no Festival internacional de innovación musical que se celebrará en Bélxica o próximo día seis. 22-06-2022

Ceos parcialmente nubrados e pola tarde aumenta a probabilidade de chuvascos, máis frecuentes en zonas de interior, onde caerán con intensidade puntualmente forte. As temperaturas máximas ascenden lixeiramente. 22-06-2022

Os transportistas reclaman solucións urxentes para o tráfico desviado polas derrubas no viaduto do Castro, que bloquea unha conexión fundamental co noroeste peninsular. Os expertos, desconcertados polo colapso da estrutura, sen precedentes na nosa rede viaria. // Hoxe remata o curso escolar e por diante veñen tres meses de vacacións que os nenos afrontan con moitas gañas de diversión, máxime agora tras dous anos de pandemia. // A central térmica das pontes, a piques de rematar co último abastecemento de carbón, terá que deixar de producir definitivamente. A empresa propietaria ENdesa, renuncia a facer o investimento necesario para poder seguir operando, pese ao novo panorama enerxético provocado pola guerra de Ucraína. 22-06-2022

Médicos de primaria rexeitan as fórmulas ofertadas pola Xunta para reducir as listas de espera con ampliación de xornada. Reclaman listas pechadas duns 35 pacientes ao día e incrementar o número de profesionais con incentivos aos que queden na Sanidade Pública. // Novo golpe contra o uso de narcolanchas e o tráfico de drogas. A Garda civil de Pontevedra ten en marcha unha macrooperación, coordinada por un xulgado de Vigo, con 20 detencións en Galicia ,Andalucía ,Cataluña e Toledo. // No curso que está a piques de rematar, retomáronse na igrexa do mosteiro de Celanova, os concertos didácticos de órgano para escolares. 1.400 alumnos de toda Galicia puderon descubrir así a capacidade sonora deste instrumemto de vento apenas coñecido para a mocidade. 21-06-2022

Alomenos 22 persoas detidas nunha operación para desarticular unha banda de narcotraficantes que operaba a gran escala entre Galicia e Andalucía. A Policía Nacional da a banda por desartellada.. // A planta de Stellantis, en Vigo, a piques de rematar a producción do histórico Citroen C4, un dos seus modelos máis exitosos, para empezar a nova Fiat Dobló, nun ano no que conseguíu bater o récord de producción pese á crise dos semiconductores. // Médicos de primaria rexeitan as fórmulas ofrecidas pola Xunta para reducir as listas de espera con ampliación de xornada. Abogan por incrementar o número de profesionais e incentivar aos que se queden na Sanidade Pública. 21-06-2022

Seguimos baixo a influencia da borrasca, con moita inestabililidade. Ceos parcialmente cubertos con chuvascos localmente fortes sobre todo no interior e que poden descargar en tan só unha hora ata 15 litros por metro cadrado. As temperaturas, sen cambios. 21-06-2022

Alomenos 22 persoas detidas nunha operación para desarticular unha banda de narcotraficantes que operaba a gran escala entre Galicia e Andalucía. A Policía Nacional da a banda por desartellada.. // A planta de Stellantis, en Vigo, a piques de rematar a producción do histórico Citroen C4, un dos seus modelos máis exitosos, para empezar a nova Fiat Dobló, nun ano no que conseguíu bater o récord de producción pese á crise dos semiconductores. // Médicos de primaria rexeitan as fórmulas ofrecidas pola Xunta para reducir as listas de espera con ampliación de xornada. Abogan por incrementar o número de profesionais e incentivar aos que se queden na Sanidade Pública. 21-06-2022

O viaduto do Castro terá que ser demolido e reconstruído de novo. É a conclusión a que chegan os técnicos, á vista do estado que presenta tralos derrubamentos dos últimos días. Agora analizan analizan o terreo no que están asentados os piares en busca de posibles causas. // O presidente da Xunta felicitou a Juanma Moreno pola sua vitoria en Andalucía. Mentres BNG e os socialistas ven un erro facer lecturas xerais, para o PP os resultados supoñen un cambio de ciclo. // Case 23 mil aspirantes esta fin de semana nas oposicións para converterse en mestres. Os que superen a primeira criba terán a partir do xoves que afrontar a segunda fase das oposicións para conseguir unha das 2.484 prazas convocadas pola Xunta. //. O sueco Williot Sviedberg, de 18 anos, é a primeira fichaxe presentada polo Celta, dentro dunha profunda renovación do cadro de xogadores para a próxima temporada. 20-06-22

Ceos nubrados e chuvias que se extenden por toda a comunidade. As temperaturas mínimas descenden e as máximas soben no terzo norte. No mar, alerta laranxa por temporal entre Cabo Vilán e Estaca de Bares, con ondas de ata seis metros. 20-06-22

.

O viaduto do Castro é irrecuperable e haberá que facer un de nova construcción. É a conclusión dos técnicos, que analizan agora o terreo no que están asentados os piares en busca de posibles causas que expliquen os derrubamentos. // Galicia afronta a temporada de máximo risco de incendios forestais cun dispositivo ben preparado, segundo os responsables da Xunta e o goberno central, que hoxe constituiron o comité integrado de prevención. Destacan o labor de limpeza das faixas de protección. // A Xustiza europea da a razón a España na reclamación de 900 millóns de euros á compañía aseguradora do Prestige polos danos da Marea Negra. Di que a sentenza do Supremo ten prioridade sobre o laudo arbitral de Londres. 20-06-22

O Novo derrubamento no viaduto do Castro, na A6, fai saltar as alarmas sobre o estado da estructura. Os técnicos avalían a necesidade de demolela toda para construíla de novo. A Ministra de Transportes visita esta tarde a zona. // Arranca a fin de semana cos combustibles máis caros da historia. A gasolina a 2 con 20 céntimos o litro e o diesel a 2´10. O goberno debate unha prórroga dos 20 céntimos de bonificación, mentres a previsión é que a tendencia á alza vai continuar. // Comenzou xa a segunda xornada do festival Son do Camiño, cun público totalmente entregado, listo para escoitar un cartel encabezado por Liam Gallagher. // Na ría de Pontevedra, logo de dous días sen regatas por falta de vento, a flota puido reanudar esta mañá as probas do campionato do mundo de vela.17-06-22

Un embolsamento de aire frío en capas altas da atmosfera deixa ceos con alternancia de nubes e claros e chuvascos localmente treboentos, máis probables pola tarde nas comarcas do interior. As temperaturas se cambios. 17-06-22

Novo derrubamento no viaduto do Castro, na A6. Os técnicos avalían a posibilidade de que sexa necesario demolelo para construílo de novo, o que prolongaría a necesidade de manter desviado por Pedrafita o tráfico de conexión coa Meseta. // Os expertos non ven de momento necesaria a cuarta dose da Covid para toda a poboación, que anunciou a Ministra de Sanidade. En Galicia manterse o protocolo de administrala só a pacientes inmunodeprimidos e maiores de 80 anos. // Os combustibles baten de novo o record de prezos co gasóleo por riba dos 2 euros con dez céntimos por litro. O goberno debate unha prórroga dos 20 céntimos de bonificación, mentres a previsión é que a tendencia á alza vai continuar. 17-06-22