Lectura pública nas rúas de Vigo, no Bloomsday, para celebrar o centenario da publicación de 'Ulises', a obra de James Joyce, que revolucionou a literatura do século XX. Leuse a edición en galego de Galaxia, cunha versión que mereceu o premio nacional de traducción.
O Festival do Son do Camiño acaba de arrancar, coa banda Furious Monkey House. Polo escenario principal do Monte do Gozo van pasar Chemical Brothers, C Tangana ou Sebastián Yatra, nunha cita con 120.000 asistentes previstos, boa parte chegados de fóra de Galicia. // No porto de Vitoria, das Illas Seychelles, onde estaba a ser reparado, o atuneiro Albacora Catro sufríu o accidente no que dous mariñeiros galegos resultaron mortos, por inhalación de amoníaco segundo as primeiras investigacións. Os outros oito tripulantes están xa fóra de perigo. // Galicia volve superar hoxe a cifra de 10.000 casos activos de Covid, uns 800 máis que o día anterior, e logo de notificarse 1.249 novos contaxios. 16-06-22
Ceos parcialmente nubrados con posibilidade de chuvascos de tipo tormentoso, máis probables pola tarde en comarcas do interior. As temperaturas mínimas ascenden lixeiramente, mentres que as máximas descenden. 16-06-22
Estaba en reparación no porto de Vitoria, a capital das Illas Seychelles, cando sufríu un accidente no que faleceron dous mariñeiros galegos. O albacora catro, propiedade dunha armadora viguesa, rexistraría una fuga de amoníaco segundo as primeiras investigación. // Algúns concellos buscan ainda persoal para as brigadas coas que completar o operativo autonómico de loita contra o lume, Piden que a Xunta unifique o servizo para mellorar a coordinación. // Lectura pública nas rúas de Vigo, no Bloomsday, para celebrar o centenario da publicación de Ulyses, a obra de James Joice, que revolucionou a literatura do século XX. Editada en galego por Galaxia, cunha versión que mereceu o premio nacional de traducción. 16-06-22
Estaba en reparación no porto de Vitoria, a capital das Illas Seychelles, cando sufríu un accidente, no que faleceron dous mariñeiros galegos. O Albacora IV, propiedade dunha armadora viguesa, rexistrou una fuga de amoníaco, segundo as primeiras investigacións. // Algúns concellos buscan ainda persoal para as brigadas coas que completar o operativo autonómico de loita contra o lume, Piden que a Xunta que unifique o servizo para mellorar a coordinación. // Lectura pública nas rúas de Vigo no Bloomsday, para celebrar o centenario da publicación de Ulyses, a obra de James Joice, que revolucionou a literatura do século XX. Editada en galego por Galaxia, cunha versión que mereceu o premio nacional de traducción. 16-06-22
Galicia ten 15.000 vivendas de uso turístico habilitadas pola Xunta, que concellos coma o de Santiago queren frear. Apartamentos céntricos e ben equipados, son os favoritos para uso turístico.
Foron días de máxima festa deportiva, hai xusto 40 anos. Os estadios de Riazor, na Coruña e Balaídos, en Vigo, convertíanse en sedes da fase de clasificación do MUndial 82 de España, un evento que permitíu a moitos gozar en directo do futbol internacional. // O prezo do gasóleo para os barcos de pesca está a por en perigo a costeira do bonito. Algunhas embarcacións poderían non sair ou rematar a campaña antes de tempo se o prezo do combustible non baixa. // A chegada de pó sahariano perxudica á calidade do aire, sobre todo nas zonas máis orientais. A xornada ven marcada por un aviso amarelo por altas temperaturas no Val do Miño, e tamén por risco de treboadas intensas na mitade sur. // Battosai é un trío musical formado en Santiago. Defínense como millenials que quixeran pertencer á Xeración X. Presentan un primeiro album que chegou a entrar nos tops de mellores discos do último ano. 15-06-22
Apartamentos céntricos e ben equipados, son os favoritos para uso turístico. En Galicia ascenden xa a unhas 15 mil as vivendas habilitadas pola Xunta para esta actividade, que concellos como o de Santiago queren frear. // A falla de médicos para cubrir vacantes en atención primaria, segue a centrar o debate político. Hoxe o presidente da Xunta insistiu, na Sesión de Control do Parlamento, en que non "racanea" en gasto para a Sanidade. // Descubrir o mundo da literatura a través dos xogos. E a iniciativa Literatour, na que participan un milleiro de escolares, dentro da Cidade do Libro, en Vilagarcía. que tamén inclue seminarios, recitais e sinaturas de exemplares. // 15-06-22
Galicia queda baixo a influencia dun embolsamento de aire frío. No interior vanse formando nubes e chuvascos, localmente treboentos, que caerán de xeito máis xeneralizado pola noite. As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso. 15-06-22
Apartamentos céntricos e ben equipados, son os favoritos para uso turístico. En Galicia ascenden xa a unhas 15 mil as vivendas habilitadas pola Xunta para esta actividade, que concellos como o de Santiago queren frear. // A falla de médicos para cubrir vacantes en atención primaria, segue a centrar o debate político. Hoxe o presidente da Xunta insistiu, na Sesión de Control do Parlamento, en que non "racanea" en gasto para a Sanidade. // Descubrir o mundo da literatura a través dos xogos. E a iniciativa Literatour, na que participan un milleiro de escolares, dentro da Cidade do Libro, en Vilagarcía. que tamén inclue seminarios, recitais e sinaturas de exemplares. // 15-06-22
Bandeira negra para Espazos naturais como a Foz do Miñor, en Nigrán, no informe que hoxe fixo público o grupo Ecoloxistas en Acción, e cunha advertencia polo efecto contaminante que poden causar, din, algunhas cremas solares. // O goberno agarda ter rematado antes do verán o estudo sobre o estado do viaduto do Castro, na A-6, que discorre paralelo ao que colapsou hai unha semana. // O número de praias sen fume aumenta. Galicia é a Comunidade que conta con máis areais libres de tabaco. Pontevedra e A Coruña superan as setenta praias saudables. // A comunidade xorda de Galicia celebra o Día Nacional das Linguas de signos, con actos e iniciativas lúdicas para sensibilizar a toda a sociedade e difundir os dereitos lingüísticos deste colectivo, este ano con especial énfase na infancia...// 14-06-22
O aire cálido continúa sobre Galiciam con ceos pouco nubrados ou despexados e algún intervalo de nubes altas. Polo litoral atlántico irán entrando brétemas que se estenderán co avance do día. As temperaturas mínimas ascenden lixeiramente, mentres que as máximas baixan na franxa atlántica. 14-06-22
A Foz do Miñor, en Nigrán, é un dos espazos naturais que merece a Bandeira negra polo seu estado de degradación. Así figura no informe que hoxe fixo público o grupo Ecoloxistas en Acción, Con outros cinco puntos de Galicia. // o conselleiro de Sanidade recoñece no Parlamento as dificultades para cubrir vacantes e baixas de médicos de primaria durante o verán, e anuncia novos incentivos e melloras salariais, mentres a oposición fala de verdadeiro colapso dos servizos sanitarios. // As empresas eólicas advirten dun retroceso do sector en Galicia, en plena aposta internacional polas renovables, e quéixanse de inseguridade xurídica debido á moratoria para a instalación de novos parques decretada pola Xunta ata o ano que ven. // 14-06-22

O buque Alpila atracado no porto da Coruña para descarga preto de 18.000 toneladas de millo de Ucraína. É o primeiro envío deste produto que chega a Galicia a través da nova ruta aberta a través de Rumanía e Polonia, para evitar o bloqueo ruso do Mar Negro. // Os casos activos de Covid baixan hoxe dos 9.000, son 8.853, o que supón case 600 menos dende o sábado, ainda que se contabilizan 1.141 novos contaxios. //. // // O Arde Lucus congregou a milleiros de visitantes durante a fin de semana. O bo tempo acompañou e fixo esquecer os dous anos de parón trala pandemia. Locais abarrotados e hoteis ó completo marcaron os catro dias da festa. 13-06-22
As temperaturas máximas subiran especialmente na metade norte onde ata agora estiveron algo máis frescos. Na Coruña agardan 25 graos pero tanto no interior coma polo sur os termómetros estarán rondando os 30 graos. Pola tarde poden medrar nubes de evolución no interior. 13-06-22
Chega á Coruña o buque cargado con preto de 18.000 toneladas de millo procecente de Ucraína, para aliviar a demanda de pensos das granxas gandeiras. // O Festival do Son do Camiño continúa os preparativos, coa instalación dun novo escenario, logo de que a organización confirmase que o evento musical terá lugar nas datas previstas, pese ao accidente no que resultaron feridos seis traballadores. // O concello de Marín comenza hoxe as probas para seleccionar aos Socorristas de Praia, unha ocupación para a que é cada vez máis difícil atopar persoal. // Decepción entre os deportivistas o ver escapar a oportunidade do ascenso, contra Albacete, na final do Playoff. Quedará por terceira temporada consecutiva na Primeira Federación. // 13-06-22

Dispárase a demanda dos campamentos de verán para escolares, que volven con actividades que van dende o deporte, a aventura, a ciencia ou a música. A Xunta aumenta a oferta ata case 11.000 prazas. // En Lugo arranca o Arde Lucus coa tradicional recreación da entrada das tropas na cidade. // A Xunta aproba un plan para a conservación das illas Atlánticas, mediante un un proxecto para devolver os hábitats das Cies, Ons, e Sálvora ao estado natural de hai 70 anos. // O BNG anuncia que a levará ao Parlamento unha iniciativa para declarar o baile e a música tradicional galega como Ben de Interese Cultural. // O Son do Camiño ultima a súa terceira edición, que se celebrará dentro dunha semana, con máis de corenta artistas nacionais e internacionais e 120 mil persoas durante tres días de concertos. 09-06-22
Unhas 120.000 persoas congregadas no Monte do Gozo, en Santiago, durante tres días de concertos, con máis de 40 artistas nacionais e Internacionais, de C Tangana a Liam Gallaguer. Así será a edición deste ano do O Son do Camiño, que xa levou a poñer o cartel de completo na hostalaría compostelá.