Desconcerto no Ministerio Transportes sobre a derruba no viaduto do Castro, na A,6 que os técnicos consideran un colapso sen precedentes na rede viaria española. // O foro de expertos reunido polo Consello da Cultura Galega advirte de que serán necesarios novos impostos medioambientáis que repercutirán no transporte, a agricultura e o turismo. // Dispárase a demanda dos campamentos de verán para escolares. A Xunta aumenta a oferta ata case 11.000 prazas. // Unhas 120.000 persoas congregadas no MOnte do Gozo durante tres días de concertos, con máis de 40 artistas nacionais e Internacionais. Así será a edición deste ano do Son do Camiño que xa levou a poñer o cartel de completo na hostalaría compostelá. 09-06-22
Exame de Historia da España, coa transición como tema estrela. É o arranque das probas da ABAU, xa sen márcara obrigatoria, nas que preto de 13.000 alumnos galegos buscan a posibilidade de acceder á carreira elixida. // Os líderes políticos galegos coiciden en reclamar máis competencias ao goberno central, pero discrepan sobre cómo mellorar a sanidade e a economía. É o resultado da primeira xuntanza de Alfonso Rueda coa dirixente do BNG Ana Pontón, e co socialista Valentín González Formoso. // A Xunta aproba un plan de resposta a períodos sen choiva para garantir o abastecemento de auga nos próximos meses, e mantén a prealerta por seca en toda a Demarcación Galicia-Costa, cos encoros un 48 por cento máis baixos do habitual. 07-06-22

Investigado por 21 homicidios imprudentes, O patrón do Villa de Pitanxo declara na Audiencia Nacional. O seu sobriño e o outro mariñeiro supervivente, ofrecen a sua versión, clave para averiguar cómo ocorreu o naufraxio. Mentres os familiares reclaman xustiza dende Galicia. // Os casos activos de Covid rexistran hoxe unha baixada significativa, son 8.065, case mil menos que o sábado, o último día no que se ofreceron datos. Aumentan a 462 os pacientes ingresados, 41 máis, e son 23 os que permanecen nas UCI. // A vicepresidenta do Goberno Yolanda Díaz, de visita en Ames, aposta por aplicar un imposto extraordinario ás eléctricas e ter en conta a renda de cada cidadán nos descontos da gasolina. // 06-06-22
A chegada dunha fronte pouco activa deixa orballos durante a mañá. Precipitacións intermitentes que se irán desprazando dende a costa cara o interior co avance do día. As temperaturas sen grandes cambios. As máximas oscilan entre os 20 graos previstos na Coruña aos 25 de Ourense. 06-06-22
Máis de 12.000 estudantes ultiman a preparación das probas de avaliación para o acceso á Universidade, que se celebran mañá en Galicia. Son as máis próximas xa á normalidade tras a pandemia, cunhas notas de corte cada vez máis altas para acceder ás carreiras elixidas.
O patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, acude ante o xuiz da Audiencia Nacional, como investigado por 21 homicidios imprudentes. O seu sobriño e o outro mariñeiro supervivinte declaran en calidade de testemuñas. // Primeira toma de contacto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda cos líderes da oposición para abordar os principais problemas da actualidade como sobrecarga da atención sanitaria. // Máis de 12.000 estudantes ultiman a preparación das probas de avaliación para o acceso á Universidade, que se celebran mañá en Galicia, cunhas notas de corte para acceder ás carreiras elexidas cada vez máis altas. // Sorte desigual para os equipos galegos nas eliminatorias para a fase de ascenso á segunda división. O Deportivo golea ao Linares, diante de 26.000 siareiros en Riazor. Mentres, en Balaídos o Racing de Ferrol cae derrotado polo Nastic de Tarragona. 06-06-22
O patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, acude ante o xuiz da Audiencia Nacional, como investigado por 21 homicidios imprudentes. O seu sobriño e o outro mariñeiro supervivinte declaran en calidade de testemuñas. // Primeira toma de contacto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda cos líderes da oposición para abordar problemas como a sobrecarga da atención sanitaria. // Máis de 12.000 estudantes ultiman a preparación das probas de avaliación para o acceso á Universidade, que se celebran mañá en Galicia, cunhas notas de corte para acceder ás carreiras elexidas cada vez máis altas. // Sorte desigual para os equipos galegos nas eliminatorias para a fase de ascenso á segunda división. O Deportivo golea ao Linares, diante de 26.000 siareiros en Riazor. Mentres, en Balaídos o Racing de Ferrol cae derrotado polo Nastic de Tarragona. 06-06-22
Rexeitamento dos médicos internistas á fórmula da Consellería de Sanidade para afrontar a sobrecarga asistencial. Din que os novos novos contratados nas cidades non aceptan ser obrigados a desprazarse aos hospitais comarcais. // A planta de Ferroglobe, en Arteixo, celebra 50 anos. A empresa anuncia un investimento de 4.2 millóns de euros para mellorar procesos productivos. E a única factoría de España que produce silicio metalúrxico, estratéxico para a construción de paneis solares. // A deputación da Coruña pon en marcha no concello da Capela unha primeira oficina pública para a xestión dos fondos europeos Next-Generation. // Intelixencia artificial, vehículos non tripulados ou o metaverso. Son tecnoloxías chamadas a revolucionar a vida tal e como a coñecemos, e que se dan cita no ForoEcosystems 2030, na Coruña. 03-06-22
O centro da borrasca situarase preto de Galicia. Durante a mañá, ceos despexados con nubes. Posibilidade de chuvascos localmente treboentos, máis xeneralizados pola tarde. Ata ás 8 está activa unha alerta porque esas treboadas poden vir acompañadas de saraiba. 03-06-22
Emprazado no concello de Vilarmaior, comarca de Betanzos, abre mañá ao público como o máis grande da Península, con máis de 4.000 árbores e 6.000 metros cadrados. Foi ideado por un xove delineante inspirado na estética do mundo celta.
Os médicos internistas manteñen o enfrontamento coa consellería de Sanidade e rexeitan a obriga aos novos contratados de que se despracen para afrontar a sobrecarga asistencial. // O comité europeo das rexións expresa o seu apoio aos Camiños de Santiago como modelo de turismo sostible. Mentres, a chegada de peregrinos apunta un novo record, coa entrega prevista, esta fin de semana da Compostela número 100.000 deste ano. // Máis de 4.000 árbores e 6.000 metros cadrados, literalmente para perderse. É o maior labirinto vexetal da península, que abre mañá ao público en Vilarmaior, inspirado na estética celta. // Por todo o alto, e con Xoel López e Baiuca como estrelas invitadas, E a celebración do 30 aniversario do Nautico de San Vicente do Mar, retransmitida en directo por Radio 3. 03-06-22

Os parados galegos baixan dun total de 150.000, por primeira vez dende antes da crise financeira de 2008. E O descenso de case 4.500 desempregos no mes de maio, algo inferior á media nacional, estimulado polas contratacións no sector servizos.// Logo de varias semanas á baixa, repuntan os casos de Covid. Hoxe as persoas coa infección activa son 8.710, unhas 300 máis que onte, logo de rexistrarse 901 novos contaxios. // O consello da Xunta aproba o plan de defensa contra os incendios forestais deste ano, que movilizará a sete mil persoas. O investimento é de 180 millóns de euros, dos que 33 xa se investiron en prevención. //. Hoxe arranca en Caldas de Reis o festival Portamérica, un certame cunha ampla oferta musical e gastronómica que ata o sábado convertirá a paisaxe natural do municipio pontevedrés no epicentro da música en directo en Galicia. 02-06-2022
A borrasca segue situada ao oeste de Portugal co que continuan os chuvascos. A alerta por chuvias fortes extendense máis cara o norte das provincias da Coruña e Lugo. Poden caer ata 15 litros de auga por metro cadrado nunha hora. 02-06-2022
O director ultima en Ourense a rodaxe de A mazá de Ouro, adaptación dunha novela de Fernando Aramburu, que define como unha comedia negra coral e que suporá o seu testamento cinematográfico, logo de 50 anos de traxectoria.
O paro baixa en preto de 4.500 persoas no mes de maio en Galicia. Un descenso algo menor que en otras comunidades, pero que permite que o total de desempregados se sitúe por baixo dos 150.000. // Os especialistas en medicina interna denuncian a sobrecarga asistencial que sofren. Chegan a atender, din, a máis do dobre dos pacientes programados. A area sanitaria de Ourense, a máis afectada pola carencia de persoal. // As novidades na oferta turística e na alimentación gañan presenza na nova edición da Semana Verde de Galicia, que arranca hoxe no recinto de Silleda, con record de expositores e actividades paralelas. // O director Jaime Chávarri ultima en Ourense a rodaxe de A mazá de Ouro, adaptación dunha novela de Fernando Aramburu, que suporá o seu testamento cinematográfico, logo de 50 anos de traxectoria. 02-06-2022

O arrasteiro "Piedras", con base en Marín, naufraga tras sofrir unha vía de auga mentres faenaba en augas do Gran Sol. Os seus 11 tripulantes puideron ser rescatados por outro buque. // enfermeiros do hospital xeral protestaron esta maña convocados pola CIG-Saúde para pedir que non se deneguen permisos para días libres e vacacións. Segundo este sindicato, a dirección do Hula estáos negando sistemáticamente pola falta de persoal. //. // Comeza o verán climatoloxico e aínda que con chuvia hoxe, as previsións apuntan que virá caloroso. A primavera que acaba de rematar foi máis seca e cálida do habitual, con menos chuvia da agardada sobre todo no mes de maio no que choveu a metade do que é normal. 01-06-22
Chuvascos que poden ser localmente fortes, con ata 15 litros por metro cadrado nunha hora e vir acompañados de aparato eléctrico. Unha alerta se manterá ata ás 9 da noite. De momento durante a mañá xa se acumularon ata 25 litros por metro cadrado en Ribeira, na Coruña o 20 en Arnoia en Ourense. 01-06-22