A entrada das altas presións fai que os ceos nubrados e néboas no interior dean paso a unha tarde xa de ceos despexados. As mínimas sofren un lixeiro descenso, mentras que as máximas experimentan un ascenso e notable, que será maior canto máis ao sur. 09-06-22
Desconcerto no Ministerio Transportes sobre a derruba no viaduto do Castro, na A,6 que os técnicos consideran un colapso sen precedentes na rede viaria española. . // O foro reunido polo Consello da Cultura Galega advirte de que serán necesarios novos impostos medioambientáis que repercutirán no transporte, a agricultura e o turismo. // Dispárase a demanda dos campamentos de verán para escolares. A Xunta aumenta a oferta ata case 11.000 prazas. // Unhas 120.000 persoas congregadas no MOnte do Gozo durante tres días de concertos, con máis de 40 artistas nacionais e Internacionais, Así será a edición deste ano do Son do Camiño que xa levou a poñer o cartel de completo na hostalaría compostelá. 09-06-22
Desconcerto no Ministerio Transportes sobre a derruba no viaduto do Castro, na A,6 que os técnicos consideran un colapso sen precedentes na rede viaria española. // O foro de expertos reunido polo Consello da Cultura Galega advirte de que serán necesarios novos impostos medioambientáis que repercutirán no transporte, a agricultura e o turismo. // Dispárase a demanda dos campamentos de verán para escolares. A Xunta aumenta a oferta ata case 11.000 prazas. // Unhas 120.000 persoas congregadas no MOnte do Gozo durante tres días de concertos, con máis de 40 artistas nacionais e Internacionais. Así será a edición deste ano do Son do Camiño que xa levou a poñer o cartel de completo na hostalaría compostelá. 09-06-22
3.500 profesionais participan dende hoxe en Vigo no Congreso da Sociedade de Medicina de Urxencias e Emerxencias cun amplo contido formativo. A organización reclama que se imparta en España esta especialidade médica como solución á falta de urxenciólogos.
Desviado o tráfico na A6, en ambos sentidos a altura de Pedrafita, polo derrubamento dunha sección de 50 metros do viaduto do Castro, que estaba a ser reparado. Os técnicos estudan agora posibles fallos estruturais na cimentación para aclarar cómo puido producirse a caida. // Mais da metade da poboación galega ten sobrepeso ou é obesa. Unha preocupación que leva a Xunta a presentar un programa para loitar contra esta enfermidade con exercicio físico e alimentación saudable. // Os médicos de urxencias reclaman, nun congreso en Vigo, a creación dunha especialidade propia para solucionar a falla de profesionais nos servizos de atención primaria. // Descobrir os misterios do fondo do mar, dende propia casa. E a proposta dun deseñador de videoxogos de Pontevedra, da que hoxe coñecemos as primeiras imaxes, no Día Mundial dos Océanos.. 08-06-22
As temperaturas máximas de hoxe, algo máis baixas, en torno aos 20 graos, nun día marcado polos orballos sobre todo na fachada atlántica. Chuvias febles que irán desaparecendo cara o remate a xornada. 08-06-22
Analizan cómo puido derrubarse unha sección de 50 metros do viaduto do Castro, na Autovía A6, que estaba a ser reparado. O tráfico mantense desviado en ambos sentidos pola estrada nacional que pasa por Pedrafita. // O grupo Inditex deu hoxe a coñecer os resultados trimestrais, primeiros dende que Marta Ortega asumíu a presidencia, que supoñen un beneficio de 760 millóns de euros, un aumento do 80 por cento respecto ao ano pasado. // Familiares dos naufragos do Villa de Pitanxo trasladan a sua protesta a Madrid, ante o Congreso dos Deputados. Reclaman ao goberno que permita baixar ao pecio, mentres a Audiencia Nacional admite a sua querela contra o patrón e a armadora. 08-06-22
Analizan cómo puido derrubarse unha sección de 50 metros do viaduto do Castro, na Autovía A6, que estaba a ser reparado. O tráfico mantense desviado en ambos sentidos pola estrada nacional que pasa por Pedrafita. // O grupo Inditex deu hoxe a coñecer os resultados trimestrais, primeiros dende que Marta Ortega asumíu a presidencia, que supoñen un beneficio de 760 millóns de euros, un aumento do 80 por cento respecto ao ano pasado. // Familiares dos naufragos do Villa de Pitanxo trasladan a sua protesta a Madrid, ante o Congreso dos Deputados. Reclaman ao goberno que permita baixar ao pecio, mentres a Audiencia Nacional admite a sua querela contra o patrón e a armadora por delictos de homicidio por imprudencia grave. 08-06-22
Arrancan as probas da ABAU, nas que preto de 13.000 alumnos galegos buscan a posibilidade de acceder á carreira elixida. // o Rei Xoan Carlos non estará finalmente esta fin de semana en Sanxenxo para participar nas regatas. Así o decidíu, segundo fontes cercanas, trala longa conversa co seu fillo Filipe VI, o día 23 de maio, antes de marchar de regreso a Abu Dabi, logo dos días que pasou na localidade pontevedresa, rodeado dunha gran seguemento mediático // O patrón do Villa de Pitanxo non poderá saír do país. Así o decidiu o xuiz da Audiencia Nacional que interrogou aos tres sobreviventes. Juan Padín, investigado por 21 homicidios, insiste en que deu a orde para que todos puxeran os traxes de supervivencia. // Os segredos de The Beatles, recreados como nunca en Ourense, nunha mostra considerada das máis amplas realizadas ata agora sobre o mítico cuarteto de Líverpool . 07-06-22
Instrumentos, prendas, obxetos de uso cotián e outros materiais da banda máis influínte na historia da música pop amósanse nunha mostra, considerada das máis amplas feitas ata agora sobre a mítica banda de Liverpool.
Intervalos de nubes baixas que aumentan polo noroeste e cara a noite chegarán as chuvias polo litoral atlántico. As temperaturas mínimas en lixeiro descenso, mentres as máxima ascenden ata 27 graos en Ourense. 07-06-22
Exame de Historia da España, coa transición como tema estrela. É o arranque das probas da ABAU, xa sen márcara obrigatoria, nas que preto de 13.000 alumnos galegos buscan a posibilidade de acceder á carreira elixida. // Os líderes políticos galegos coiciden en reclamar máis competencias ao goberno central, pero discrepan sobre cómo mellorar a sanidade e a economía. É o resultado da primeira xuntanza de Alfonso Rueda coa dirixente do BNG Ana Pontón, e co socialista Valentín González Formoso. // A Xunta aproba un plan de resposta a períodos sen choiva para garantir o abastecemento de auga nos próximos meses, e mantén a prealerta por seca en toda a Demarcación Galicia-Costa, cos encoros un 48 por cento máis baixos do habitual. 07-06-22
Exame de Historia da España, coa transición como tema estrela. É o arranque das probas da ABAU, xa sen márcara obrigatoria, nas que preto de 13.000 alumnos galegos buscan a posibilidade de acceder á carreira elixida. // Os líderes políticos galegos coiciden en reclamar máis competencias ao goberno central, pero discrepan sobre cómo mellorar a sanidade e a economía. É o resultado da primeira xuntanza de Alfonso Rueda coa dirixente do BNG Ana Pontón, e co socialista Valentín González Formoso. // A Xunta aproba un plan de resposta a períodos sen choiva para garantir o abastecemento de auga nos próximos meses, e mantén a prealerta por seca en toda a Demarcación Galicia-Costa, cos encoros un 48 por cento máis baixos do habitual. 07-06-22
Máis de 12.000 estudantes ultiman a preparación das probas de avaliación para o acceso á Universidade, que se celebran mañá en Galicia. Son as máis próximas xa á normalidade tras a pandemia, cunhas notas de corte cada vez máis altas para acceder ás carreiras elixidas.
Investigado por 21 homicidios imprudentes, O patrón do Villa de Pitanxo declara na Audiencia Nacional. O seu sobriño e o outro mariñeiro supervivente, ofrecen a sua versión, clave para averiguar cómo ocorreu o naufraxio. Mentres os familiares reclaman xustiza dende Galicia. // Os casos activos de Covid rexistran hoxe unha baixada significativa, son 8.065, case mil menos que o sábado, o último día no que se ofreceron datos. Aumentan a 462 os pacientes ingresados, 41 máis, e son 23 os que permanecen nas UCI. // A vicepresidenta do Goberno Yolanda Díaz, de visita en Ames, aposta por aplicar un imposto extraordinario ás eléctricas e ter en conta a renda de cada cidadán nos descontos da gasolina. // 06-06-22
A chegada dunha fronte pouco activa deixa orballos durante a mañá. Precipitacións intermitentes que se irán desprazando dende a costa cara o interior co avance do día. As temperaturas sen grandes cambios. As máximas oscilan entre os 20 graos previstos na Coruña aos 25 de Ourense. 06-06-22
O patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, acude ante o xuiz da Audiencia Nacional, como investigado por 21 homicidios imprudentes. O seu sobriño e o outro mariñeiro supervivinte declaran en calidade de testemuñas. // Primeira toma de contacto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda cos líderes da oposición para abordar problemas como a sobrecarga da atención sanitaria. // Máis de 12.000 estudantes ultiman a preparación das probas de avaliación para o acceso á Universidade, que se celebran mañá en Galicia, cunhas notas de corte para acceder ás carreiras elexidas cada vez máis altas. // Sorte desigual para os equipos galegos nas eliminatorias para a fase de ascenso á segunda división. O Deportivo golea ao Linares, diante de 26.000 siareiros en Riazor. Mentres, en Balaídos o Racing de Ferrol cae derrotado polo Nastic de Tarragona. 06-06-22
O patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, acude ante o xuiz da Audiencia Nacional, como investigado por 21 homicidios imprudentes. O seu sobriño e o outro mariñeiro supervivinte declaran en calidade de testemuñas. // Primeira toma de contacto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda cos líderes da oposición para abordar os principais problemas da actualidade como sobrecarga da atención sanitaria. // Máis de 12.000 estudantes ultiman a preparación das probas de avaliación para o acceso á Universidade, que se celebran mañá en Galicia, cunhas notas de corte para acceder ás carreiras elexidas cada vez máis altas. // Sorte desigual para os equipos galegos nas eliminatorias para a fase de ascenso á segunda división. O Deportivo golea ao Linares, diante de 26.000 siareiros en Riazor. Mentres, en Balaídos o Racing de Ferrol cae derrotado polo Nastic de Tarragona. 06-06-22
Emprazado no concello de Vilarmaior, comarca de Betanzos, abre mañá ao público como o máis grande da Península, con máis de 4.000 árbores e 6.000 metros cadrados. Foi ideado por un xove delineante inspirado na estética do mundo celta.
O director ultima en Ourense a rodaxe de A mazá de Ouro, adaptación dunha novela de Fernando Aramburu, que define como unha comedia negra coral e que suporá o seu testamento cinematográfico, logo de 50 anos de traxectoria.