As máximas acadarán os 35 graos en Ourense. Tamén nas rías baixas xa se está a notar a calor dende primeiras horas. Unha situación que se manterá ata o domingo pola tarde cando se aproxima unha borrasca. 27-05-22
Comenzan os problemas de abastecemento de auga no sur da provincia de Lugo, onde xa está activada a alerta por seca. Os encoros como o de Vilasouto, con menos da metade do seu nivel habitual nesta época. // Os traballadores de Ence marchan ata o porto de Marín, para amosar agradecemento a Autoridade Portuaria polo seu apoio á continuidade da pasteira nos terreos de Lourizán. // Un grupo de mulleres madrileñas con cancro de mama chegan a Santiago logo de percorrer as cinco etapas finais do camiño co seu equipo sanitario. // Inaugurada en Dumbría a escultura xigante de Vákner, un monstro, que os historiadores identifican cun home lobo, e que se aparecía no século XV aos peregrinos no monte, no Camiño que leva a Fisterra. Unha lenda recuperada coa que o concello espera atraer a moitos camiñantes 27-05-22
Comenzan os problemas de abastecemento de auga no sur da provincia de Lugo, onde xa está activada a alerta por seca. Os encoros como o de Vilasouto, con menos da metade do seu nivel habitual nesta época. // Os traballadores de Ence marchan ata o porto de Marín, para amosar agradecemento a Autoridade Portuaria polo seu apoio á continuidade da pasteira nos terreos de Lourizán. // Un grupo de mulleres madrileñas con cancro de mama chegan a Santiago logo de percorrer as cinco etapas finais do camiño co seu equipo sanitario. // Inaugurada en Dumbría a escultura xigante de Vákner, un monstro, que os historiadores identifican cun home lobo, e que se aparecía no século XV aos peregrinos no monte, no Camiño que leva a Fisterra. Unha lenda recuperada coa que o concello espera atraer a moitos camiñantes 27-05-22
Inicia a súa recuperación trala crise dos últimos anos. A suba de prezos pola guerra de Ucraína lastra un sector reactivado con iniciativas como contrato das fragatas de Navantia e a compra de Barreras por parte de Armón.
Primeiras críticas de colectivos cidadán a oferta de Aloxamento gratis a médicos de primaria que traballen durante os meses de verán. A fórmula ideada polo Sergas para para fomentar a contratación de profesionais estréase en Sanxenxo, cos Centros de Saúde desbordados en temporada alta. // A Garda Civil e a Garda Nacional Republicana patrullarán xuntos o Camiño portugués primitivo e o Camiño da Costa, entre xuño e setembro nas zonas transfronteirizas. O dispositivo contará con axentes a cabalo, en moto e bicicleta xunto a unha oficina móbil de atención ao peregrino. // Hoxe e o Día grande das festas da Ascensión en Santiago con bombas de palenque, comparsas de cabezudos e a tradicional Feira de Amio que arrancaba a xornada cos cabalos como protagonistas. // 26-05-22
O anticiclón refórzase con suba de temperaturas. Ceos despexados en xeral con algunhas nubes altas, cos termómetros rondando os 25 graos en boa parte da comunidade, ata os 30 chegarán no interior de Ourense e polo sur. 26-05-22
Aloxamento gratis en apartamentos turísticos para aos médicos de fóra de Galicia que queiran vir traballar durante os meses de verán. É a fórmula do concello de Sanxenxo o Sergas para incentivar a contratación de profesionais en temporada alta. // O sector naval inicia a sua recuperación trala crise dos últimos anos, como se pon de manifesto na feira Navalia, que hoxe remata en Vigo. // A Xunta decreta servizos mínimos do 100% para atender as chamadas a emerxencias sanitarias, ante a folga dos traballadores de centros de atención telefónica. Piden melloras nuns salarios que, din, ronda os 800 euros mensuais. // Achegar a lingua de signos aos máis novos. E o obxetivo do concurso Cantamos coas mans, promovido pola Federación de Persoas Xordas, no que cada vez máis colexios se apuntan a participar con videos dos alumnos. 26-05-22
Aloxamento gratis en apartamentos turísticos para aos médicos de fóra de Galicia que queiran vir traballar durante os meses de verán. É a fórmula do concello de Sanxenxo o Sergas para incentivar a contratación de profesionais en temporada alta. // O sector naval inicia a sua recuperación trala crise dos últimos anos, como se pon de manifesto na feira Navalia, que hoxe remata en Vigo. // A Xunta decreta servizos mínimos do 100% para atender as chamadas a emerxencias sanitarias, ante a folga dos traballadores de centros de atención telefónica. Piden melloras nuns salarios que, din, ronda os 800 euros mensuais. // Achegar a lingua de signos aos máis novos, e o obxectivo do concurso Cantamos coas mans, promovido pola Federación de Persoas Xordas, no que cada vez máis colexios se apuntan a participar con videos dos alumnos. 26-05-22
Nove prazas Mir deste ano para médicos de familia quedan vacantes, todas na área sanitaria de Lugo, e agravan a carencia de profesionais desa especialidade en Galicia. // o expresidente da Xunta, Núñez Feijóo tomou posesión da sua acta no Senado, para a que foi designado, so cos votos do PP, en representación da Comunidade Autónoma, xunto con Miguel Tellado. Mentres, o presidente Rueda defendía, na primeira sesión de control na Cámara, a política linguística. // Funcionarios galegos únense á protesta, en toda España, contra a caída do poder adquisitivo dos seus salarios, din que levan perdido un 15 por cento dende 2010. Convocados polo sindicato CSIF, reclaman melloras para compensar o incremento da inflación. // 25-05-22
De refuxio familiar de veraneo a bater o récord como destino con máis pernoctacións no norte de España. É a transformación experimentada nas últimas décadas por Sanxenxo, a localidade convertida en centro de atención mediática pola visita do rei emérito
De refuxio familiar de veraneo a batir o récord como destino con máis pernoctacións no norte de España. Hoxe repasamos a transformación experimentada nas últimas décadas por Sanxenxo, centro de atención mediática pola visita do rei emérito, unha figura clave na sua expansión turística. // A maioría do pleno da Deputación de Ourense rexeita pedir a dimisión de Gonzalo Pérez Jácome como alcalde de Ourense por empurrar a unha sindicalista durante un acto de protesta. // Un proxecto educativo emprendido por nenos de primaria, cun can rescatado do maltrato. É o que ocorreu no Colexio Isidro Parga Pondal de Oleiros, a cargo da mestra Alicia Tojeiro, que ostenta o título de mellor mestra de España. // 25-05-22
Despois dunha mañá con algúns bancos de néboa, os ceos van ir quedando máis despexados, máis cubertos no terzo norte, con algunhas nubes altas que en xeral non impediran o paso do sol. As temperaturas empezan a subir. Hoxe as máximas xa superarán os 20 graos, sobre todo no interior e polo sur. 25-05-22
Nove prazas Mir deste ano para médicos de familia quedan vacantes, todas na área sanitaria de Lugo, e agravan a carencia de profesionais desa especialidade en Galicia. // o expresidente da Xunta, Núñez Feijóo tomou posesión da sua acta no Senado, para a que foi designado, so cos votos do PP, en representación da Comunidade Autónoma, xunto con Miguel Tellado. Mentres, o presidente Rueda defendía, na primeira sesión de control na Cámara, a política linguística. // Funcionarios galegos únense á protesta, en toda España, contra a caída do poder adquisitivo dos seus salarios, din que levan perdido un 15 por cento dende 2010. Convocados polo sindicato CSIF, reclaman melloras para compensar o incremento da inflación. 25-05-22
Grupos de agricultores e gandeiros venden produtos lácteos, mel ou carne crean plataformas de venda por internet. Chegan directamente aos consumidores reducindo intermediarios, como ata agora facían só as grandes empresas.
Xornada completa de Filipe VI en Vigo,. Entre mostras públicas de afecto, inaugurou a Feira Internacional do Naval e a Cidade da Xustiza, que ocupa o edificio de 80 metros de altura do antiguo hospital xeral. // Antes de marchar de volta, Filipe VI mantivo un encontro cos representantes das familias dos náufragos do Villa de Pitanxo. Eles pedíronlle apoio á sua reivindicación de que se envíe unha inspección ao pecio. // Os tres casos galegos sospeitosos de padecer a varíola do mono evolucionan favorablemente pero aínda non hai confirmación oficial de que teñan o virus. // Emotiva despedida dos capitáns do Lugo Carlos Pita, Fernando Seoane e Iriome González tras 12, 11 e 8 anos no club respectivamente. 24-05-22
Persiste a inestabilidade atmosférica ata mañá cando se agarda que volva o anticiclón. Seguimos con nubes e claros e con chuvascos ocasionalmente treboentos. As temperaturas, aínda máis frescas ca onte. Máximas por baixo dos 17 graos, agás en Pontevedra e Ourense onde poderían rozar os 20. 24-05-22
Don Filipe, acollido con vivas e aplausos en Vigo. Achegouse á saudar as persoas que o agardaban á Saída da inauguración da Cidade da Xustiza. // Era un dos actos previstos na visita real á cidade, antes de asistir á Feira de Navalia. // A epilepsia é o trastorno neurolóxico con máis prevalencia na actualidade. En Galicia 33.000 persoas padecen esta doenza, que queren visibilizar ao celebrarse o Día Internacional. // Venden produtos lácteos, mel ou carne a través de internet. Grupos de agricultores e gandeiros apúntanse á dixitalización e crean plataformas de venda en liña. Un xeito de chegar directamente aos consumidores reducindo intermediarios, ata agora so dispoñible para as grandes empresas. 24-05-22
Don Filipe, acollido con vivas e aplausos en Vigo. Achegouse á saudar as persoas que o agardaban á Saída da inauguración da Cidade da Xustiza. // Era un dos actos previstos na visita real á cidade, antes de asistir á Feira de Navalia. // A epilepsia é o trastorno neurolóxico con máis prevalencia na actualidade. En Galicia 33.000 persoas padecen esta doenza, que queren visibilizar ao celebrarse o Día Internacional. // Venden produtos lácteos, mel ou carne a través de internet. Grupos de agricultores e gandeiros apúntanse á dixitalización e crean plataformas de venda en liña. Un xeito de chegar directamente aos consumidores reducindo intermediarios, ata agora so dispoñible para as grandes empresas. 24-05-22
Soben a tres os casos sospeitosos de infección da varíola do mono en Galicia. A Consellería de Sanidade indica que as tres persoas afectadas atópanse estables. // Os casos activos de Covid son pouco máis de 10.000, logo de contabilizarse 1.190 novos contaxios dende o sábado. Os pacientes hospitalizados son 641, dos que 20 permanecen nas UCI. // O estaleiro Armon de Vigo construirá un buque oceanográfico, por encargo do Ministerio de Ciencia e Innovación. Costará 85 millóns de euros e poderá traballar a 6.000 metros de profundidade. // O número de turistas que extranxeiros que visitaron Galicia incrementouse en abril nun 68 por cento respecto ao ano anterior. Son datos recabados polo INE a partir da posición de teléfonos móviles. 23-05-2022
O rei emérito, xa en Madrid para manter un encontro privado co seu fillo na Zarzuela, despois de despedirse no aeroporto de Vigo da sua estadía en Galicia. // O Partido Popular de Galicia completa, coa proclamación de Alfonso Rueda como novo presidente, a remuda provocada pola marcha de Núñez Feijóo. // Soben a tres os casos sospeitosos de infección da varíola do mono en Galicia. A Consellería de Sanidade confirma o envío das mostras a Madrid para a sua confirmación definitiva. // Peóns e ciclistas son os usuarios máis vulnerables nas estradas, e supoñen tres de cada dez falecidos en accidentes de circulación en Galicia. A dirección xeral de tráfico inicia unha campaña pasa sensibilizar sobre a necesidade de usar chalecos reflectantes. 23-05-2022