Súfreno un de cada cinco nenos galegos, medran as agresións a través do móbil e as redes. Os expertos recomendan fomentar a confianza para detectar cando antes os sinais das vítimas.
Alfonso Rueda accede a someterse á investidura como novo presidente da Xunta, tras ser proposto polo presidente da Cámara. // Os casos activos de Covid descenden en máis de mil respecto aos do sábado, os últimos publicados, hoxe son 16.581, pero contabilízanse máis de 2.000 novos contaxios. // Máis de cincocentos nenos e nenas que fuxiron da guerra de Ucraína están escolarizados en centros educativos de Galicia, segundo lembrou esta mañá o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nunha visita ao colexio de Paradai en Lugo, que conta con alumnos de máis de 20 nacionalidades. // Os familiares das vítimas do dobre crime do Cash Record en Lugo movilízanse hoxe en lembranza dos dous traballadores asasinados durante o atraco a este establecemento hai 28 anos. // A feira do Viño do Ribeiro recuperou toda a súa forza durante a Fin de Semana, con máis de 25 mil visitantes con ansias de festa e de saborear os viños da denomiación de orixe máis antiga de Galicia. 02-05-22
Alfonso Rueda prepara xa a sua investidura como novo presidente da Xunta, tras recibir o encargo por parte do Presidente da Cámara, Miguel Santalices. Tomará posesión o día 14. // Día Mundial contra o Acoso Escolar, un fenómeno que vai a máis, segundo os estudos, e afecta xa a un de cada cinco nenos galegos. // Loito oficial no concello de Arbo, trala traxedia vivida no río Miño, onde un pai e o seu fillo pequeno, morreron afogados. O corpo do neno era recuperado na tarde de onte. // O Celta non consigue certificar matemáticamente a permanencia, a falta dun punto, ao empatarlle o Granada no tempo engadido. Tampouco asegura a continuidade na Segunda o Lugo que perdeu cero a dous contra o Tenerife. 02-05-22
Inestabilidade, con alternancia de nubes e claros en xeral e un ambiente especialmente cálido no sur e nas rías baixas, mentres no terzo norte as nubes deixarán caer pola tarde algunhas precipitacións intermitentes, sen descartar tamén algún chuvasco no leste de Ourense. 02-05-22
Alfonso Rueda prepara xa a sua investidura como novo presidente da Xunta, tras recibir o encargo por parte do Presidente da Cámara, Miguel Santalices. Tomará posesión o día 14. // Día Mundial contra o Acoso Escolar, un fenómeno que vai a máis, segundo os estudos, e afecta xa a un de cada cinco nenos galegos. Os expertos recomendan fomentar a confianza para detectar cando antes os sinais das vítimas. // Loito oficial no concello de Arbo, trala traxedia vivida no río Miño, onde un pai e o seu fillo pequeno, morreron afogados. O corpo do neno era recuperado na tarde de onte. // O Celta non consigue certificar matemáticamente a permanencia, a falta dun punto, ao empatarlle o Granada no tempo engadido. Tampouco asegura a continuidade na Segunda o Lugo que perdeu cero a dous contra o Tenerife. 02-05-22
Acticado o proceso de sucesión, trala renuncia presentada por Núñez Feijóo o xa presidente en funcións describe, emocionado o punto de inflexión que suón para a política galega. // Un día máis aumentan en cerca de mil os casos activos. A presión hospitalaria, en cambio, mantense estable, con apenas un paciente ingresado máis. // Os vehículos eléctricos, as novidades, e unha colección de Ferrari son os protagonistas do Salón do automóbil de Vigo, que busca axudar a reactivar as ventas. // Acaba na Coruña a rodaxe de "Fatum", película do director nobel Juan Galiñanes. un thriller producido coa colaboración de TVE que chegará ós cines o ano que vén. // O Festival Internacional de Música Culta, Pórtico do Paraíso, comeza hoxe en Ourense. Entre os concertos programados, un servirá de homenaxe ao conservatorio de música profesional, que cumpre 65 anos. 29-04-22
Coa carta de dimisión presentada por Núñez Feijóo ao presidente da Cámara autonómica actívase o proceso de sucesión. Os grupos da oposición na remuda na Xunta unha oportunidade para o arranque dun cambio de ciclo político. // Aeroxeradores que comparten espazo coa gandería sen estorbarse mutuamente. É un exemplo, preto de Ferrol, da aposta da industria enerxética para facer compatible o aproveitamento dos recursos renovables co medio natural. // Convertido no principal referente internacional da arte galega das últimas décadas, Francisco Leiro amosa os segredos da sua obra na mostra Antropomórfico, no Marco, en Vigo, a cidade para a que creou o Sireno.. 29-04-22
Coa carta de dimisión presentada por Núñez Feijóo ao presidente da Cámara autonómica actívase o proceso de sucesión. Os grupos da oposición na remuda na Xunta unha oportunidade para o arranque dun cambio de ciclo político. // Aeroxeradores que comparten espazo coa gandería sen estorbarse mutuamente. É un exemplo, preto de Ferrol, da aposta da industria enerxética para facer compatible o aproveitamento dos recursos renovables co medio natural. // Convertido no principal referente internacional da arte galega das últimas décadas, Francisco Leiro amosa os segredos da sua obra na mostra Antropomórfico, no Marco, en Vigo, a cidade para a que creou o Sireno. // 29-04-22
Empeza unha fin de semana marcada poa influencia anticiclónica, cun claro predominio do tempo seco e solleiro, ainda que esta tarde medrarán algunhas nubes de evolución que poden deixar algún chuvasco tormentoso illado. As temperaturas en ascenso, sobre todo nos valores máximos. 29-04-22
Unha exposición recolle, na Coruña, a creadoras de primeira liña dos séculos XX e XXI que, porén, non tiveron o recoñecemento debido por seren mulleres.
Feijóo di que nas próximas horas pasará a ser presidente en Funcións, unha vez que comunique a sua renuncia. O Parlamento iniciará entón os trámites para a investidura de Alfonso Rueda. // Remata a traxectoria de Feijóo na política galega, que comenzaba hai case 20 anos cando chegou de ocupar un cargo en Madrid para ser conselleiro de Manuel Fraga. Viría logo a oposición a Pérez Touriño e as catro maiorías absolutas. // No día Internacional da Seguridade no Traballo, representantes da CIG reclamaron un reforzo nos protocolos do Hospital Psiquiatrico de Conxo, en Santiago, que rexistra o maior numero de agresions fisicas a profesionais por parte de pacientes. // A familia de Deborah Fernández afronta o treito final no caso da morte da moza viguesa con indignación colas polo feito de que en tres días calquera posible cómplice ou sospeitoso alternativo no crime non será imputable. // 28-04-22
Chega a influencia das altas presións, sobre todo no sur onde as temperaturas soben, ata chegar a máximas de 26 graos. Os ventos frouxos aumentan a sensación térmica. Alternancia de nubes e claros en xeral, con nubes máis compactas ao norte. 28-04-22
Os membros da Xunta celebran a xuntanza do Consello que pon fin aos 13 anos da era de Alberto Núñez Feijóo. Maña presentará formalmente a dimisión. // O que está chamado a suceder a Feijóo, o vicepresidente Alfonso Rueda, facía, previamente, a presentación oficial das 7.000 sinaturas de militantes que o avalan para asumir a dirección do Partido Popular de Galicia. // O paro sobe en Galicia en 6.000 persoas, segundo a EPA do primeiro trimestre do ano, un aumento do 4 por cento que duplica o da media nacional. O emprego cae en todolos sectores agás na construcción. // Creadoras de primeira liña, abertas ás novas tendencias, que non tiveron o recoñecemento debido no seu momento por seren mulleres. Unha exposición na Coruña revisa con ollo crítico o traballo das autoras galegas máis destacadas. 28-04-22
Os membros da Xunta celebran a xuntanza do Consello que pon fin aos 13 anos da era de Alberto Núñez Feijóo. Maña presentará formalmente a dimisión. // O que está chamado a suceder a Feijóo, o vicepresidente Alfonso Rueda, facía, previamente, a presentación oficial das 7.000 sinaturas de militantes que o avalan para asumir a dirección do Partido Popular de Galicia. // O paro sobe en Galicia en 6.000 persoas, segundo a EPA do primeiro trimestre do ano, un aumento do 4 por cento que duplica o da media nacional. O emprego cae en todolos sectores agás na construcción.. // Creadoras de primeira liña, abertas ás novas tendencias, que non tiveron o recoñecemento debido no seu momento por seren mulleres. Unha exposición na Coruña revisa con ollo crítico o traballo das autoras galegas máis destacadas. 28-04-22
Entre agradecementos, e promesas de seguir servindo a Galicia, Núñez Feijóo despedíase hoxe do Parlamento galego, na súa derradeira sesión de control. Anunciou que dimitirá esta mesma semana como presidente da Xunta e aproveitou para saudar cordialmente e pedir desculpas á oposición. // Proxecto dunha fábrica de resinas e colas en Mugargos da empresa Forestal do Atlántico. Consiste na produción de metanol verde a partir da captura de co2, e suporá un investimento de 130 millons de euros, coa creación de 40 postos de traballo directos e 80 indirectos,. // // // Máis de mil douscentos deseños gráficos conforman a Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda a única do mundo que organiza unha mostra con todos os carteis publicitarios que se presentan a concurso. 27-04-22
Núñez Feijóo despídese do Parlamento galego na súa derradeira sesión de control e anuncia que dimitirá como presidente da Xunta esta mesma semana. // Satisfacción en Palas de Rei o coñecer que será nese municipio onde se ubicará o proxecto da compañía Altri: unha planta de fibras téxtiles única en España, cun investimento previsto de 800 millóns de euros. // Adolfo Domínguez declara un aumento do 40 por cento nas vendas no último ano, tras un primeiro semestre lastrado ainda pola pandemia. A compañía textil ourensá recorta a nove millóns as suas perdas. // No Día Internacional do Can Guía, coñecemos a historia de Julio un invidente Ourensán que sobe por vez primeira a un autobús co seu compañeiro labrador Rico. En Galicia hai 36 destes animais adestrados. 27-04-22
A presenza de aire frío en altura deixa hoxe moita inestabilidade atmosférica. As temperaturas descenden lixeiramente e os ceos están parcialmente nubrados con algunhas chuvias pola mañá en puntos de Pontevedra e a Coruña, e que pola tarde poden estenderse ocasionalmente a calquera punto e vir acompañadas de actividade tormentosa. 27-04-22
Núñez Feijóo despídese do Parlamento galego na súa derradeira sesión de control e anuncia que dimitirá como presidente da Xunta esta mesma semana. // Satisfacción en Palas de Rei o coñecer que será nese municipio onde se ubicará o proxecto da compañía Altri: unha planta de fibras téxtiles única en España, cun investimento previsto de 800 millóns de euros. // Adolfo Domínguez declara un aumento do 40 por cento nas vendas no último ano, tras un primeiro semestre lastrado ainda pola pandemia. Unha recuperación do negocio co que a compañía textil ourensá recorta a nove millóns as suas perdas. // No Día Internacional do Can Guía, coñecemos a historia de Julio un invidente Ourensán que sobe por vez primeira a un autobús co seu compañeiro labrador Rico. En Galicia hai 36 destes animais adestrados. 27-04-22
Xornada de visita real a Sarria. Xusto cando se fai público o seu patrimonio e se aproba a reforma para darlle maior transparencia, Filipe VI comproba os efectivos encargados de dar seguridade aos peregrinos e visita as instalación da Garda Civil na localidade. // A nova fábrica de elaboración de fibras téxtiles en base a madeira de eucalipto ubicarase en terreos de Palas de Rei, en Lugo. Ocupará unha gran parcela de máis de 150 hectáreas Suporá un investimento de 800 millóns de euros e dará traballo a unhas 2.500 persoas. // // Acompañar aos maiores e compartir historias ,levándoos de paseo nun triciclo adaptado guiado por voluntarios. É a idea do proxecto "Pedalear e conversar", que xa está en marcha en 52 países e que Afundación está a implantar en Galicia // 26-04-22