Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Seguimos baixo o radio de acción da borrasca situada no Atlántico ao norte dos Azores. Agárdanse así nubes e claros con algunhas chuvias febles no oeste e no sur. As mínimas sofren lixeiros descensos, mentres que as máximas ascenden. 16-05-22

Toma posesión o goberno Rueda, no que repiten tódolos conselleiros, con Francisco Conde ascendido a Vicepresidente primeiro e a incorporación de Diego Calvo como vicepresidente segundo. // Sanxenxo espera a chegada, a próxima fin de semana, do Rei Emérito. Ainda que sen confirmación oficial por parte das autoridades, Xoan Carlos I podería visitar a localidade que celebra o Campionato do Mundo de Vela. // A traxectoria literaria de Florencio Delgado Gurriarán, o autor que recibe este ano a homenaxe do Día das Letras, analizada hoxe no Telexornal por un dos seus principais coñecedores, o académico Xesús Alonso Montero. // Despedida do Celta da temporada en Balaidos, con vitoria por 1 gol a 0 ante o Elxe, Nolito dí adeus a afección, mentres Denis Suárez, apunta tamén a a saír do equipo o ano que ven. 16-05-22

Toma posesión o goberno Rueda, no que repiten tódolos conselleiros, con Francisco Conde ascendido a Vicepresidente primeiro e a incorporación de Diego Calvo como vicepresidente segundo. // Sanxenxo espera a chegada, a próxima fin de semana do Rei Emérito. Ainda que sen confirmación oficial por parte das autoridades, Xoan Carlos I podería visitar a localidade que celebra o Campionato do Mundo de Vela. // A traxectoria literaria de Florencio Delgado Gurriarán, o autor que recibe este ano a homenaxe do Día das Letras, analizada hoxe no Telexornal por un dos seus principais coñecedores, o académico Xesús Alonso Montero. // Despedida do Celta da temporada en Balaidos, con vitoria por 1 gol a 0 ante o Elxe, 16-05-22

A chegada de turistas internacionais por vía marítima recupera os niveis prepandemia. As visitas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas teñen más de mil reservas confirmadas para estes días // O Piueiro, unha réplica dun volanteiro da Guarda, quedou sen motor cando navegaba rumbo a Donostia, a un festival de embarcacións tradicionais // O IPC interanual volve dispararse en Galicia no mes de abril por riba do 9 por cento, unha cifra que supera en oito décimas o incremento da media española // Os familiares dos náufragos do Villa de Pitanxo piden medidas cautelares contra o capitán do pesqueiro. 13-05-22

Aumentan as reservas para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas no arranque dunha fin de semana seguida, para moitos, de ponte // O IPC interanual volve dispararse en Galicia no mes de abril por riba do 9 por cento, unha cifra que supera en oito décimas o incremento da media española // Os familiares dos náufragos do Villa de Pitanxo piden medidas cautelares contra o capitán do pesqueiro // O Piueiro é unha réplica dun barco tradicional da Guarda. Está atracado no porto de Malpica, porque lle parou o motor cando navegaba rumbo a Donostia, a un festival de embarcacións tradicionais. 13-05-22

Os ceos, despexados en xeral con intervalos de nubes altas, medrando a nubes de evolución pola tarde no interior, que poden deixar algún amago treboento. As máximas, en lixeiro ascenso, con Ourense por riba dos 31 graos. 13-05-22

Aumentan as reservas para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas // O IPC interanual volve dispararse en Galicia no mes de abril por riba do 9 por cento // Os familiares dos náufragos do Villa de Pitanxo piden medidas cautelares contra o capitán // O Piueiro, unha réplica dun volanteiro da Guarda, quedou sen motor cando navegaba rumbo a Donostia, a un festival de embarcacións tradicionais. 13-05-22

Un líquido especial contraincendios ou un fungo que degrada as máscaras cirúrxicas para que non contaminen. Son inventos presentados en Galiciencia, o espectáculo dos escolares máis inxeniosos que regresa ao Parque Tecnolóxico de Ourense.

Alfonso Rueda é xa o sexto presidente da Xunta, elexido cos votos do partido popular, nunha sesión accidentada pola indisposición do Portavoz Pedro Puy, que foi trasladado ao hospital. // Algo máis de 50 quilos de lixo, e o que os voluntarios conseguiron retirar nas praias da illa de Cortegada nunha xornada de limpeza, que contou cunha madriña moi especial, a dobre medallista olímpica de natación sincronizada Ona Carbonell. // O Obradoiro xogará un ano máis na ACB, ao vencer na súa visita á cancha do Joventut por 78 a 84, que certifica de xeito matemático a salvación e garante a súa continuidade. // A orquestra folk SonDeSeu comeza en Vigo a xira de celebración do seu vinte aniversario e asistimos a un ensaio. Sesenta músicos nun concerto acústico sen amplificar, no teatro AFundacion. A orquestra, vencellada á Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo é unha canteira de artistas. 12-05-22

Volve a influencia anticiclónica con ceos despexados en xeral e nubes altas que non impiden o paso do sol. Pola tarde, agárdanse nubes de evolución sen descartar algún chuvasco de tipo tormentoso, máis probable nas montañas. As temperaturas, en lixeiro ascenso. 12-05-22

Sesión de investidura no Pazo do Hórreo, coa intervención dos portavoces, antes da votación que convertirá a Alfonso Rueda no sexto presidente da Xunta. // A oposición repróchalle ao candidato o seu caracter de presidente accidental e aproveita para lanzar propostas de goberno alternativo. // As profesionais da Enfermería reivindican, no seu Día Mundial, un aumento na dotación de persoal para evitar a saturación nos centros de Saúde, e piden poder acceder á xubilación anticipada a partir dos 60 anos. // Un líquido especial contraincendios ou un fungo que degrada as máscaras cirúrxicas para que non contaminen. Son inventos presentados en Galiciencia, o espectáculo dos escolares máis inxeniosos que regresa ao Parque Tecnolóxico de Ourense. 12-05-2022

Sesión de investidura no Pazo do Hórreo, coa intervención dos portavoces, antes da votación que convertirá a Alfonso Rueda no sexto presidente da Xunta. // A oposición repróchalle ao candidato o seu caracter de presidente accidental e aproveita para lanzar propostas de goberno alternativo. // As profesionais da Enfermería reivindican, no seu Día Mundial, un aumento na dotación de persoal para evitar a saturación nos centros de Saúde, e piden poder acceder á xubilación anticipada a partir dos 60 anos. // Un líquido especial contraincendios ou un fungo que degrada as máscaras cirúrxicas para que non contaminen. Son inventos presentados en Galiciencia, o espectáculo dos escolares máis inxeniosos que regresa ao Parque Tecnolóxico de Ourense. 12-05-22

Estados Unidos convértese no principal subministrador de gas á planta de Reganosa en Mugardos, que xa deixou de recibir envíos procedentes de Rusia. As instalacións anuncian un investimento de 16 millóns de euros para pasar a ser centro de referencia para todo o noroeste peninsular. // Os casos activos manteñen a tendencia á baixa. En cambio os pacientes ingresados repuntan a 760, 21 máis que onte, que sitúan a Galicia entre as comunidades con maior ocupación hospitalaria por Covid, // A empresa láctea Lence presenta un programa informático que calcula os custos de produción das explotacións gandeiras. // O Celta caeu na súa visita ao Camp Nou nun encontro no que a falta de puntería volveu castigar o equipo vigués. // 11-05-22

Un debilitamento transitorio da influencia anticiclónica, coa chegada dos restos dunha fronte, trae algo máis de humidade ao litoral. Os ceos permanecen pouco nubrados ou despexados en xeral con máis nubosidade na franxa costeira, onde as as temperaturas experimentan un descenso. 11-05-22

Implantar o novo bacharelato xeral e poder obter o título cunha asignatura suspensa. Son algúns dos cambios da lei educativa que os institutos preparan para aplicar a partir do curso que ven. // Núñez Feijóo apoia os plans expresados na sesión de investidura por quen vai ser o seu sucesor, Alfonso Rueda. Mentres os grupos da oposición avanzan que aproveitarán o debate de mañá para presentar unha alternativa de goberno. // A planta regasificadora de Reganosa, en Mugardos, será modernizada cun investimento de 16 millóns de euros, para conseguir un maior aforro enerxético. // Mariscadores, bateeiros e ecoloxistas advirten dunha caída das capturas e a productividade da Ría de Arousa, nunha tendencia que se agrava nos últimos anos. Piden un estudo científico para identificar ás causas. 11-05-22

Implantar o novo bacharelato xeral e a poder obter o título cunha asignatura suspensa. Son algúns dos cambios da lei educativa que os institutos preparan para aplicar a partir do curso que ven. // Núñez Feijóo, apoia os plans expresados na sesión de investidura por quen vai ser o seu sucesor, Alfonso Rueda. Mentres os grupos da oposición avanzan que aproveitarán o debate de mañá para presentar unha alternativa de goberno. // A planta regasificadora de Reganosa, en Mugardos, será modernizada cun investimento de 16 millóns de euros, para conseguir un maior aforro enerxético, e aumentar a sua competitividade. // Mariscadores, bateeiros e ecoloxistas advirten dunha caída das capturas e a productividade da Ría de Arousa, nunha tendencia que se agrava nos últimos anos. Piden un estudo científico para identificar ás causas. 11-05-22

A Universidade de Santiago celebra o 50 aniversario do mítico concerto de José Afonso, no que estreou o Grándola Vila Morena, o tema que se convertiría en emblemático da revolución dos caraveis de Portugal e marcou a toda unha xeración de estudantes.

Baixadas de impostos, máis vacinas infantís, incluída a do papiloma para nenos, e reivindicacións cara o goberno central. Son as promesas de Alfonso Rueda para asumir a partir de agora a presidencia da Xunta. // Os grupos da oposición adiantan o seu rexeitamento, por considerar o proxecto de Rueda demasiado continuista co pasado e falto de ilusión. // A fábrica de Stellantis de Vigo acada o seu vehículo 15 millóns, unha furgoneta Citroen Berlingo eléctrica. A planta convértese na que máis unidades leva producido na historia da automoción española. // A Universidade de Santiago celebra o 50 aniversario do mítico concerto de José Afonso, no que estreou o Grándola Vila Morena, o tema que se convertiría en emblemático da revolución dos caraveis. 10-05-22

Gobernar con “Sentidiño”, e a mensaxe coa que Alfonso Rueda se presenta á investidura como novo presidente da Xunta. No seu programa, promete baixadas de impostos, máis vacinas infantís, e reivindicacións cara o goberno central. // O consultor político Santiago Martínez analizou no telexornal o discurso de Alfonso Rueda, ao que viu tenso, pouco expresivo pero cunha mensaxe clara de estabilidade. // O xulgado autorizou a venda de Barreras ao estaleiro Armón por máis de catorce millóns de euros, ao considerala a mellor oferta económica das tres presentadas. Armón subrogará a vinte dos cento vinte traballadores de Barreras. // No parque da Milagrosa de Lugo loce xa o mural creado pola artista Xoana Almar a favor da liberdade de expresión e pola igualdade de xénero no mundo da comunicación. // 10-05-22