Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Descenso das temperaturas mínimas, que trae consigo a baixada da cota de neve en torno aos 900 metros de altitude. Nas próximas horas espérase que as precipitacións dean paso a ceos con alternancia de nubes e claros. 20-04-22

Talleres, hoteis, centros comerciais, viven hoxe a primeira experiencia dos últimos anos de traballar sen ter que levar posta a máscara. A maioría das empresas dubidan ainda sobre a normativa a aplicar. E moitos, especialmente nos colexios, optan, de momento por mantela.// Os expertos advirten que o cambio na normativa pode provocar efectos negativos como ansiedade e ainda medo nalgunhas persoas especialmente vulnerables. // A vicepresidenta Yolanda Díaz confirma contactos en Galicia para un espazo a esquerda dos socialistas e recordalle a Pablo Iglesias que o proceso de cambio político empezou na nosa comunidade. // Acusado de homicidio por imprudencia o piloto da lancha que causou a morte dun bañista na praia de Silgar, en Sanxenxo. O home, de 34 anos, foi detido pola Garda Civil e posto en liberdade. A investigacion continúa. 20-04-22

Talleres, hoteis, centros comerciais, viven hoxe a primeira experiencia dos últimos anos de traballar sen ter que levar posta a máscara. A maioría das empresas dubidan ainda sobre a normativa a aplicar. E moitos, especialmente nos colexios, optan, de momento por mantela.// Os expertos advirten que o cambio na normativa pode provocar efectos negativos como ansiedade e ainda medo nalgunhas persoas especialmente vulnerables. // A vicepresidenta Yolanda Díaz confirma contactos en Galicia para un espazo a esquerda dos socialistas e recordalle a Pablo Iglesias que o proceso de cambio político empezou na nosa comunidade. // Acusado de homicidio por imprudencia o piloto da lancha que causou a morte dun bañista na praia de Silgar, en Sanxenxo. O home, de 34 anos, foi detido pola Garda Civil e posto en liberdade. A investigacion continúa. 20-04-22

O concello de Pontevedra dispensa un carné identificativo aos coidadores de gatos das rúas, só eles lles poden dar de comer. Na cidade do Lérez vive un milleiros de felinos, aos que está prohibido dar de comer pola normativa sanitaria.

Aprobado o fin da máscara obrigatoria en interiores//A maioría das empresas están agora pendentes dar instruccións aos empregados sobre o seu uso a partir de mañá...// A cifra total de casos activos mantense lixeiramente por debaixo dos 13.000, nunha xornada na que se rexistraron 1.427 novos contaxios. Os pacientes hospitalizados aumentan a 747 e soben a 19 os que están nas UCI.. // Empresarios da construcción da Coruña, reclaman ao goberno central querevise o decreto de axudas e executar obra pública para que o sector sexa sostible // O proxecto estrela do alcalde de Ourense para esta lexislatura xa está en marcha. Trátase da reforma dunha das rúas máis céntricas da cidade, con trescentos metros en pendente que poderán subirse por sete treitos de ramplas mecánicas. O concello vai investir na obra catro millóns seiscentos mil euros. 19-04-22

Chega unha masa de aire polar marítimo, que nos deixa ceos parcialmente cubertoscon chuvascos, máis frecuentes e intensos na metade norte, e ocasionalmente acompañados de sarabia. As temperaturas sufren un novo descenso, quedando en valores baixos para a época do ano, e a cota de neve sitúase nos 1.000 metros durante a tarde baixando aos 800 á noite. 19-04-22

Moitas empresas, pendentes de coñecer o decreto polo miúdo para dar instruccións aos empregados sobre o uso da máscara en interiores, que deixa de ser obrigatorio a partir de mañá. // A Xunta anuncia que vai manter para o próximo curso as cualificacións numéricas no ensino, á marxe dos cambios introducidos polo goberno central na lei educativa. Os novos currículums reforzarán tamén as competencias linguísticas e matemáticas. // O Partido Popular de Galicia nomeará a Alfonso Rueda como novo lider nun congreso os días 21 e 22 de maio, logo de que Núñez Feijóo sexa substituído na Presidencia da Xunta. // Un carnet con código QR para identificar aos coidadores de gatos autorizados. É a fórmula ideada en Pontevedra para atender ao preto dun milleiro de animais que viven en colonias das rúas. 19-04-22

Moitas empresas, pendentes de coñecer o decreto polo miúdo para dar instruccións aos empregados sobre o uso da máscara en interiores, que deixa de ser obrigatorio a partir de mañá. // A Xunta anuncia que vai manter para o próximo curso as cualificacións numéricas no ensino, á marxe dos cambios introducidos polo goberno central na lei educativa. Os novos currículums reforzarán tamén as competencias linguísticas e matemáticas. // O Partido Popular de Galicia nomeará a Alfonso Rueda como novo lider nun congreso os días 21 e 22 de maio, logo de que Núñez Feijóo sexa substituído na Presidencia da Xunta. Tellado avoga por que unha muller ocupe a secretaría xeral do partido. // Un carnet con código QR para identificar aos coidadores de gatos autorizados. É a fórmula ideada en Pontevedra para atender aos animais das rúas, aos que está prohibido dar de comer pola normativa sanitaria. 19-04-22

A ocupación turística acada o 80% por cento, de media, en Galicia, durante a Semana Santa. É o balance ofrecido pola Xunta. Ferrol, a Ribeira Sacra e Santiago, rozaron o cheo total..// Este mercores remata a obriga de levar máscara nos interiores; só seguirá en hospitais e transporte público. A Consellería de Sanidade lembra que pasará de ser a recomendada en lugares coma os centros de ensino. // A Garda Civil investiga o accidente no que morreu o oftalmólogo coruñés Juan Manuel Tábara, ó que embestiu unha embarcación de recreo cando nadaba na praia de Silgar, en Sanxenxo. A investigación céntranse en se a embarcación circulaba por zona de baño. // A procesión do Gozoso Encontro, en Ferrol, coa que remata a Semana Santa, xunta ás tres confrarías máis importantes da cidade, e dá paso a un luns de pascoa no que os romeiros soben ó monte de Chamorro para venerar á Virxe do Nordés. 18/04/22

A Semana Santa remata en Galicia cunha ocupación do 80%, segundo os datos da Xunta. O bo tempo e as reservas de última hora estimulan o turismo, que nalgúns puntos superou o 90 por cento, e mesmo chegou ó completo. // Os casos activos suman cerca de 13.000, logo destas datas festivas, e en vésperas de que a máscara deixe de ser obrigatoria en espazos interiores.Aumentan a 726 os pacientes hospitalizados, 16 nas UCI. // Feijoo confirma que a sua substitución na presidencia da Xunta será antes de que o PP de Galicia elixa novo lider. Será nun congreso, que se convocará esta mesma tarde, para celebrar a finais de maio. // Contundente vitoria a domicilio do Celta frente ao Atlétic, con goles de Aspas e Fran Beltrán, que achega aos vigueses a garantir a continuidade na Primeira. 18/04/22

Unha fronte fría, de momento pouco activa, rompe hoxe a barreira anticiclónica destes días de atrás. Aumentou a nubosidade, máis no terzo norte, alí con precipitacións febles. As temperaturas baixan, 18/04/22

A Semana Santa remata en Galicia cunha ocupación do 80%, segundo os datos da Xunta. O bo tempo e as reservas de última hora estimulan o turismo, que nalgúns puntos superou o 90 por cento, e mesmo chegou ó completo. // Os casos activos suman cerca de 13.000, logo destas datas festivas, e en vésperas de que a máscara deixe de ser obrigatoria en espazos interiores. Aumentan a 726 os pacientes hospitalizados, 16 nas UCI. // Feijoo confirma que a sua substitución na presidencia da Xunta será antes de que o PP de Galicia elixa novo lider. Será nun congreso, que se convocará esta mesma tarde, para celebrar a finais de maio. // Contundente vitoria a domicilio do Celta frente ao Atlétic, con goles de Aspas e Fran Beltrán, que achega aos vigueses a garantir a continuidade na Primeira. 18/04/22

Feijóo reitera que a súa sucesión na Xunta e no partido en Galicia será rápida e ordenada, e que vai garantir a estabilidade // Os prezos subiron en Galicia máis dun dez por cento desde hai un ano, por riba da media do estado // Aumentan os casos de covid, pero esta situación non preocupa aos médicos // Empezan os días principais das vacacións de Semana Santa, moi diferentes aos do ano pasado pola nova situación coa covid. 13-04-2022

Pola tarde irá diminuíndo a nebulosidade con probabilidade dalgún chuvasco illado e con temperaturas en ascenso. A partir de mañá e ata o domingo agardamos tempo seco e solleiro. Suba de temperaturas que serán altas para a época do ano, con máximas que mesmo poden superar os 25 graos durante a fin de semana. 14-04-22

Alberto Núñez Feijóo reitera que a súa sucesión na Xunta e no partido en Galicia será rápida e ordenada, e que vai garantir a estabilidade // Os prezos subiron en Galicia máis dun dez por cento desde hai un ano, por riba da media do estado // Aumentan os casos de covid e prevese que o fagan máis coa Semana Santa. Porén, esta situación non preocupa aos médicos // Un ‘xogo de escape’ en cinco mosteiros da parte ourensá da Ribeira Sacra, como un atractivo máis para a zona. 14-04-22

Feijóo reitera que a súa sucesión na Xunta e no partido en Galicia será rápida e ordenada // Os prezos subiron en Galicia máis dun dez por cento desde hai un ano, por riba da media do estado // Aumentan os casos de covid, pero esta situación non preocupa aos médicos // Un ‘xogo de escape’ en cinco mosteiros da parte ourensá da Ribeira Sacra, como un atractivo máis para a zona. 13-04-22

Buño (A Coruña) acolle unha exposición de quen foi man dereita de Isáac Díaz Pardo nos deseños de Sargadelos.

Volve, coa Semana Santa, a afluencia masiva aos Camiños de Santiago, que recuperan a presencia de peregrinos de outros paises perdida durante a Pandemia. Cos albergues a plena ocupación, na hostalaría din que, sen embargo, o consumo é máis ben escaso.. // O conselleiro de Sanidade atribúe os problemas da atención primaria á falta de médicos. Destaca que para solventar esta carencia, convócanse por primeira vez 106 prazas ás que os MIR poderán acceder sen oposición, só por concurso de méritos. // Un investigador da Universidade de Vigo acaba de patentar un chip que crea números aleatorios, cun deseño que incorpora a mecánica cuántica, considerado máis seguro e sinxelo que outros que existen en Europa. Ten aplicacións en telecomunicacións, na medicina ou na industria.. // 12-04-22

Segue a inestabilidade causada polo aire frío nas capas altas, chuvascos ocasionais e localmente treboentos, alternados con nubes e claros. As temperaturas mínimas en descenso e máximas sen cambios. 12-04-22