Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Centro Singular de Investigación Química da Universidade de Santiago (CIQUS) cumpre dez anos, co descubrimento dun novo método para introducir fármacos no interior das células, que xa demostrou que pode servir para destruír tumores. Agora será desenvolvido para a súa aplicación nos tratamentos médicos.

A inflación dispárase pola suba de prezos dos alimentos, sumada a escalada da electricidade e os combustibles. O IPC aumenta tres puntos no mes de marzo, e case dez respecto a hai un ano. É o maior incremento dende 1985, // Entre 1 euro con 80 céntimos e dous euros. É a franxa na que oscilan hoxe os prezos dos combustibles, a falta de 48 horas para que entre en vigor o desconto de vinte céntimos por litro prometido polo Goberno. // Gromo de covid no servizo de Xinecoloxía do Hospital provincial de Pontevedra. están afectadas 11 traballadoras e polo menos seis pacientes // O secretario xeral dos socialistas galegos reclama á Xunta unha rebaixa nas peaxes das autoestradas de titularidade autonómica. // Falece aos 99 anos de idade Antía Cal, a muller que renovou, dende Vigo, os métodos de traballo na Educación infantil. 30-03-2022

Ceos nubrados en xeral, con chuvias intermitentes e de pouca intensidade, máis probables pola tarde. As temperaturas sofren un novo descenso, quedando en valores baixos para a época do ano. 30-03-2022

A suba de prezos fai saltar as alarmas, cun aumento do IPC de tres puntos no mes de marzo, e de case dez respecto a hai un ano. É o maior incremento rexistrado pola inflación dende 1985, estimulado pola electricidade, o combustible e os alimentos. // Os barcos beneficiaranse da rebaixa de 20 céntimos por litro nos carburantes, como o resto dos usuarios, e ademais contarán con axudas directas, ata un máximo de 35.000 euros por embarcación. // O Centro singular de Investigación Química da Universidade de Santiago cumpre dez anos co descubrimento dun novo método para introducir fármacos no interior das células que xa demostrou utilidade para destruir tumores // A selección converte de novo, nunha festa, a sua visita á Coruña, cun 5 a 0 contra Islandia. Cerca de 30.000 afeccionados puideron desfrutar en Riazor dos goles de Yéremy e de Morata e Sarabia, por partida doble. 30-03-2022

Retómase a descarga de peixe do Gran Sol, mentres parte dos transportistas continúan a secundar o paro, O sector da pesca destaca a imperiosa necesidade de abastecer xa aos mercados. // Sobre o plan de choque presentado polo Goberno Central, que contempla 16.000 millóns de euros en axudas, para compensar as consecuencias da guerra en Ucraína, pronunciouse xa o presidente da Xunta, que acusou a Pedro Sánchez de levar un ano sen adoptar medidas fronte á escalada de presos. // David Mac Millan, Premio Nóbel de Química en 2021 por desenvolver a organocatálise asimétrica, está hoxe en Pontevedra. Os alumnos do Instituto Sánchez Cantón foron os primeiros en participar con él nun coloquio presencial, e en inglés. 28-03-2022

Ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio alto, con chuvascos máis probables no interior da Comunidade durante a tarde. As temperaturas mínimas ascenden lixeiramente e as máximas, ainda que en descenso, seguen rondando os 20 graos e superándoos na metade sur. 28-03-2022

Retómase a descarga de peixe do Gran Sol, para abastecer aos mercados e centros de distribución, mentres parte dos transportistas continúan a secundar o paro. En Ferrol acumúlanse 80.000 toneladas de carbón destinado á central das Pontes. // Cambia o protocolo de loita contra a pandemia, ao desaparecer o illamento e o seguemento dos casos, agás nos grupos de especial risco, e chegan a Galicia os primeiros tratamentos antivirais que serán administrados aos pacientes contaxiados con maior vulnerabilidade. // Arranca en Almería o xuízo contra Santi Mina pola presunta agresión sexual a unha muller en 2017. O futbolista do Celta Enfróntase a nove anos e medio de cárcere, ao igual que o tamén futbolista galego David Goldar, // Prohibido vestir pantalón curto, chanclas ou roupa deportiva. É a nova ordenanza para o servizo de taxis que hoxe aproba o concello de Sanxenxo. 28-03-2022

O cambio de posición do goberno español sobre o Sahara Occidental preocupa ás familias que acollen menores procedentes dos campos de refuxiados para pasaren aquí o verán ou o curso escolar. Galicia acolle dende hai trinta anos. Para xuño agárdase a chegada dun novo grupo.

Camións con escolta policial, Tralo acordo do goberno coas asociacions maioritarias. Os convocantes do paro manteñen as mobilizacións e nos mercados seguen a notarse os problemas de abastecemento de produtos como o peixe. // Boa parte da frota volveu ao mar, ante o anuncio de que o martes se aprobarán medidas. Nalgús portos decidiu seguir amarrada e as lonxas están totalmente paradas. É o caso de Bueu, ou Portonovo. // O cambio de posición do goberno de España sobre o futuro do Sahara Occidental preocupa ás familias que acollen menores procedentes dos campos de refuxiados para pasaren aquí o verán ou o curso escolar. // A compañía de teatro Voadora presenta esta fin de semana en Santiago a obra Othello, unha proposta artística na que se lle dan novas visións aos termos máis clásicos. 25-03-2022

Aumenta lixeiramente a influencia das borrasca situadas ao sur da Península, polo que os ceos están máis cubertos, con alternancia de nubes e claros, sen descartar algún chuvasco illado e ocasional. Temperaturas, sen moitos cambios. Durante a fin de semana as máximas rondarán os 25 graos. 25-03-2022

Camións de peixe saen do porto de Vigo con escolta policial. Tralo acordo do goberno coas asociacions maioritarias, a circulación de transportes comenza a aumentar en moitos sectores. // As granxas de Coren afrontan o sobrecuste de ter que manter os animais ben por riba do tempo de engorde. A madeireira Finsa súmase as empresas que piden un Erte. // As asociacións galegas de hostalaría, divididas ante a convocatoria de paro do próximo luns en protesta polo incremento de prezos da enerxía. Parte do sector prefire atrasar a convocatoria ata o xoves. // O drama clásico de Sheakespeare, revisado en clave de comedia romántica contemporánea, con referencias ao movemento me too. E a a proposta da compañía Voadora, na sua particular versión de Otello, que estrea esta fin de semana en Santiago. 25-03-2022

Seguen as caravanas lentas de vehículos pesados en cidades como Vigo ou Santiago, mentres, Os transportistas enchen as rúas de Lugo, esta vez, nunha marcha a pé, apoiados por gandeiros e produtores de carne, e provistos de chalecos amarelos. // O sector da lousa tamén está a sufrir as consecuencias do paro do transporte. As empresas da comarca de Valdeorras din que de prolongarse a situación terán que pechar algúns centros de procesado. // Para afrontar o encarecemento dos combustibles e a enerxía, a Xunta aprobou hoxe un novo plan renove para a automoción, dotado don 2 millóns de euros. // A sinalización dos camiños de Santiago exténdense por todo o mundo. Boa proba e o fito quilométrico co que poden atoparse xa os peregrinos a máis de 3.000 metros de altura, e que acaba de ser instalado na capital de Colombia. 24-03-2022

Seguimo fóra da influencia da borrasca do sur peninsular, polo que temos ceos despexados no norte e oeste e con máis nubes no resto, onde mesmo se podería rexistrar algún chuvasco illado e ocasional. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, mentres que as máximas seguen por riba dos 20 graos. 24-03-2022

Os transportistas enchen as rúas de Lugo, esta vez, nunha marcha a pé, apoiados por gandeiros e produtores de carne, e provistos de chalecos amarelos. // Gran parte da frota pesqueira mantense á espera nos portos, pese ao acordo de volver faenar hoxe, despois de tres días de amarre que manteñen os mercados baixo mínimos. As confrarías desconvocaron a folga partir da promesa do goberno de aprobar medidas para compensar a suba de prezo do gasóleo. // Decepción dos familiares dos náufragos do Villa de Pitanxo, ao recibir a confirmación de que o goberno desbota calquera posibilidade de rescatar os corpos. // Unha empregada do fogar de Vigo, primeira en ver recoñecido por sentenza xudicial o seu dereito a cobrar a prestación por desemprego. A decisión baséase na doutrina do tribunal de Xustiza da Unión Europea. 24-03-2022

Con 168.000 votos, foi elixida a segunda Mellor Árbore Europea do Ano, a só once mil votos doutro carballo, o de Dunin, en Polonia.

Santiago gaña así unha referencia máis, co mérito engadido de que foi descuberto hai só cinco anos dentro do bosque que estivo pechado ao público durante máis de cento cincuenta.