A Garda civil intervén para levantar aos transportistas que cortan o tráfico, na A6, nunha das accións de protesta polo prezo do combustible. En Vigo forman unha caravana con máis dun cento de camións. // Aumentan as empresas que teñen que deixar de producir por falla de suministros, na industria e na construcción. As lonxas, como a da Coruña, acumulan toneladas de peixe en risco de podrecer. // Coren, paraliza todas as suas plantas de procesado. Mentres a recollida de leite reanúdase, logo de que algúns gandeiros tiveran que desfacerse da produción dos últimos días. // Uxía Senlle e Javier Ruibal, unidos nun novo disco para homenaxear a Rosalía de Castro e Federico García Lorca: 'De tu casa a la mía'. Mañá concerto de presentación en Santiago, o primeiro dunha xira que os levará por toda España. 18-03-2022
A Garda civil intervén para levantar aos transportistas que cortan o tráfico, na A6, nunha das accións de protesta polo prezo do combustible. En Vigo forman unha caravana con máis dun cento de camións. // Aumentan as empresas que teñen que deixar de producir por falla de suministros, na industria e na construcción. As lonxas, como a da Coruña, acumulan toneladas de peixe en risco de podrecer. // Coren paraliza todas as suas plantas de procesado. Mentres a recollida de leite reanúdase, logo de que algúns gandeiros tiveran que desfacerse da produción dos últimos días. // Uxía Senlle e Javier Ruibal, unidos nun novo disco para homenaxear a Rosalía de Castro e Federico García Lorca: 'De tu casa a la mía'. Mañá concerto de presentación en Santiago, o primeiro dunha xira que os levará por toda España. 18-03-2022
Os concellos de Maceda e Manzaneda teñen 29 novos veciños, mulleres e nenos das cidades ucraínas de Kíiv e Irpin que tiveron que fuxir da guerra tras perder as súas casas. As primeiras refuxiadas en chegar á provincia aloxánse temporalmente en tres hoteis de Maceda.
Ringleiras de camións protexidos por policía e Garda Civil fronte á acción dos piquetes. Uns 2.000 axentes están mobilizados nas estradas galegas para garantir a distribución de productos esenciais. Os empresarios advirten que o paro do transporte ameaza con paralizar sectores completos da economía. // A Xunta acorda axudas para paliar o encarecemento da enerxía e tamén para os gandeiros e pescadores afectados pola suba de carburantes e materias primas. // A primavera vai ser, segundo a predición da AEMET, máis cálida e seca do normal. Así tamén foi o inverno que estamos a piques de despedir. Se non chove, di, en pouco tempo poderiamos entrar nunha situación de seca. // A banda Sumrrá, radicada en Santiago, acaba de gañar o premio ao mellor grupo consolidado que concede a Plataforma Jazz España, que agrupa aos máis prestixiosos festivais deste xénero musical. 17-03-2022
Hoxe quedamos baixo a influencia das altas presións, polo que os ceos permanecen pouco nubrados ou despexados en xeral, con intervalos de nubes baixas, que irán dimininuíndo co paso das horas. 17-03-2022
Cerca de 2.000 axentes, mobilizados nas estradas galegas para garantir a distribución de produtos esenciais fronte á acción dos piquetes. // As industrias lácteas que anuncian a suspensión da recollida de leite aos productores se continúa a mobilización. Algúns gandeiros xa quedaron hoxe co leite sen recoller e outros moitos poderían verse afectados nos próximos días.. // Mulleres e nenos acabados de chegar de Kíiv e Irpín, convértense en novos veciños dos concellos de Maceda e Manzaneda, en Ourense. A ministra de Sanidade anuncia en Vigo un plan de vacinación acelerada para os refuxiados. // Minerais que poden axudar na loita contra o cancro. E unha liña de investigación que leva a cabo un equipo de científicos en Lugo, que busca posibles aplicacións en na mediciña humana de descubrimentos veterinarios. 17-03-2022
Cerca de 2.000 axentes, mobilizados nas estradas galegas para garantir a distribución de produtos esenciais fronte á acción dos piquetes. // As industrias lácteas que anuncian a suspensión da recollida de leite aos productores se continúa a mobilización. Algúns gandeiros xa quedaron hoxe co leite sen recoller e outros moitos poderían verse afectados nos próximos días.. // Mulleres e nenos acabados de chegar de Kíiv e Irpín, convértense en novos veciños dos concellos de Maceda e Manzaneda, en Ourense. A ministra de Sanidade anuncia en Vigo un plan de vacinación acelerada para os refuxiados. // Minerais que poden axudar na loita contra o cancro. E unha liña de investigación que leva a cabo un equipo de científicos en Lugo, que busca posibles aplicacións en na mediciña humana de descubrimentos veterinarios. 17-03-2022
Escasea o peixe como consecuencia do amarre de boa parte da frota pola carestía do combustible e das mobilizacións no sector do transporte
O peixe empeza a escasear, coas lonxas, sen actividade, como consecuencia do amarre de boa parte da frota e das mobilizacións no transporte. As dificultades de distribución afectan tamén a outros productos, especialmente os que chegan por vía marítima, como cereais. // A Federación de Industrias Lácteas anuncia que deixará de recoller a producción aos gandeiros, ao non poder contar cos medios necesarios para o seu procesamento. // a partir do curso que ven todos os bebés terán acceso a unha escola infantil de balde. Unha medida que convirte a Galicia, na primeira comunidade en universalizar a educación dende os 3 meses aos 18 anos. // Galicia recibe máis de sesenta millóns para 76 equipos de alta tecnoloxía que van mellorar a capacidade diagnóstica dos nosos hospitais. 16-03-2022
Unha fronte pouco activa chega hoxe a Galicia, polo que temos ceos cubertos con orballos, sobre todo na metade norte, que axudan a disipar o pó sahariano en suspensión. As temperaturas máximas sufren un moderado descenso. Activada a Alerta laranxa na costa da Coruña por temporal con ondas de 6 metros. 16-03-2022
As lonxas, sen actividade, como consecuencia do amarre de boa parte da frota pola carestía do combustible e das mobilizacións no sector do transporte. O peixe comenza a escaser nos mercados. // Aumentan tamén as dificultades de distribución de outros productos, a consecuencia do paro dos transportistas, que seguen con accións de protesta. Hoxe cortaron a Autovía A8 en Vilalba. // Protesta con autobuses arredor da sede da Xunta en San Caetano para denunciar trato de favor a empresa Mombús, na concesión de licencias de transporte por estrada.. // O Grupo inditex obtivo máis de 3.000 millóns de euros de beneficios en 2021, unha cifra que é o triplo do ano anterior. Na sua despedida á fronte da Compañía, Pablo Isla recoñece a preocupación polo conflicto bélico que levou a suspender operacións en Rusia e Ucraína. 16-03-2022
As lonxas, sen actividade, como consecuencia do amarre de boa parte da frota pola carestía do combustible e das mobilizacións no sector do transporte. O peixe comenza a escaser nos mercados. // Aumentan tamén as dificultades de distribución de outros productos, a consecuencia do paro dos transportistas, que seguen con accións de protesta. Hoxe cortaron a Autovía A8 en Vilalba. // Protesta con autobuses arredor da sede da Xunta en San Caetano para denunciar trato de favor a empresa Mombús, na concesión de licencias de transporte por estrada.. // O Grupo inditex obtivo máis de 3.000 millóns de euros de beneficios en 2021, unha cifra que é o triplo do ano anterior. Na sua despedida á fronte da Compañía, Pablo Isla recoñece a preocupación polo conflicto bélico que levou a suspender operacións en Rusia e Ucraína. 16-03-2022
A cooperativa de armadores de Vigo confía en que a Comisión de Investigación de accidentes marítimos aclare o sucedido.
Pequenos empresarios do transporte e autónomos trasládan hoxe a protesta ante a Xunta, en Santiago. A distribución de mercadorías comenza a verse afectada polo paro do sector//. A Xunta e a delegación de goberno van poñer en marcha un organismo para coordinar facilitar os recursos que precisen os refuxiados ucraínos que están chegando a Galicia. // A crise da subministración provocada pola guerra en Ucraína afecta de cheo á industria conserveira. O sector leva a cabo iniciativas para aproveitar mellor os seus residuos e utilizar produtos que funcionan como alternativa aos derivados do petróleo. // Mentres os prezos da enerxía non paran se subir, seguen as protestas contra moitos dos proxectos de parques eólicos postos en marcha en Galicia. A coordenadra que agrupa as entidades contrarias anuncia novas mobilizacións. 15-03-2022
Xornada de nubes e claros, con algún risco de precipitación nas últimas hoas,. As temperaturas ascenden moderadamente, con máximas que chegan aos 24 graos na metade sur. 15-03-2022
A distribución de mercadorías comenza a verse afectada polo paro do transporte, co especial incidencia nos autónomos e pequenas empresas. Hoxe trasladaron a protesta ata a sede da Xunta, en Santiago. // As versións contraditorias sobre o cómo se afundíu o Villa de Pitanxo saen a relucir cando se cumple un mes do naufraxio. A audiencia nacional investiga se o sinistro se debeu a unha avaría, ou puido haber responsabilidade penal. // Os plans da Unión Europea aumentan a importancia estratéxica da planta de Reganosa na ría de Ferrol, que ten previsto recibir este ano uns 20 buques, a maioría de Estados Unidos. // Luz Casal converte o seu concerto coa Real Filharmonía de Galicia no Obradoiro, no primeiro álbum en directo da sua carreira. Agora a cantante de Boimorto traballa noutro disco con temas xurdidos durante a Pandemia. 15-03-2022
A distribución de mercadorías comenza a verse afectada polo paro do transporte, co especial incidencia nos autónomos e pequenas empresas. Hoxe trasladaron a protesta ata a sede da Xunta, en Santiago. // As versións contraditorias sobre o cómo se afundíu o Villa de Pitanxo saen a relucir cando se cumple un mes do naufraxio. A audiencia nacional investiga se o sinistro se debeu a unha avaría, como sostén o capitán, ou puido haber responsabilidade penal. // Os plans da Unión Europea aumentan a importancia estratéxica da planta de Reganosa na ría de Ferrol, que ten previsto recibir este ano uns 20 buques de aprovisionamento, a maioría de Estados Unidos. // Luz Casal converte o seu concerto coa Real Filharmonía de Galicia no Obradoiro, no primeiro álbum en directo da sua carreira. Agora a cantante de Boimorto traballa noutro disco con temas xurdidos durante a Pandemia. 15-03-2022
Lalín acolle xa en vivendas de particulares os refuxiados ucraínos chegados na caravana humanitaria fretada polo concello.
Camións cargados con produtos básicos, escoltados pola Garda Civil, no paro do transporte por estrada, en demanda de axudas fronte á suba do gasóleo. //. // Medidas urxentes para afrontar os efectos que a invasión de Ucrania están a ter na nosa economía. E o que reclaman os da oposición que critican que, nestas circunstancias, o Presidente da Xunta estea ausente pola sua campaña para presidir o Partido Popular., // Organizacións cívicas e políticas convocan para este domingo, día 20, manifestacións nas sete cidades galegas a Orol da paz e para pór fin a guerra en Ucraína. // O gaiteiro Xosé Manuel Budiño ten novo disco. Muiñeira da Lúa é un adianto dese traballo que se estrea este venres. O de Moaña recupera a fusión da electrónica e a música de raíz, volve cantar e a tocar a gaita. 14-03-2022
Volvemos hoxe a unha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, Ceos con alternancia de nubes e claros, con posibilidade de precipitacións na metade leste. As temperaturas ascenden lixeiramente, con máximas que rozan os 20 graos en Vigo. Vento do nordés con intervalos fortes. 14-03-2022