Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Arranca, coa intervención simbólica de Pedro Sánchez, a construción das Fragatas F110 en Ferrol, dotadas coa tecnoloxía de misiles e ciberseguridade máis avanzada. Será o maior encargo da historia do estaleiro, con máis de 4.000 millóns de euros de investimento. // O Partido Popular de Galicia prepara a substitución de Alberto Núñez Feijóo, que esta tarde se entrevistará co Rei Felipe VI. // 12 persoas polo menos detidas en Galicia, acusadas de integrar unha organización especializada en construir lanchas rápidas destinadas ao narcotráfico. O operativo policial céntrase en instalacións da comarca do Salnés. // O depósito de resíduos para reciclar aumenta en Galicia un 2 por cento e acada unha media de 30 quilos por persoa no último ano. A recollida de envases lixeiros increméntase moi por riba da de cartón e papel. 06-04-2022

Núñez Feijóo responde a Ana Pontón, sobre cánto vai durar o proceso para sustituílo na Presidencia da Xunta, na que podería converterse na sua última sesión de control no Parlamento galego. Mañá Feijóo ten cita co Rei Felipe VI, e ao día seguinte con Sánchez, xa oficialmente como lider da oposición. // a saúde mental da poboación empeorou trala pandemia. Os farmacéuticos din que o 23% dos galegos ten problemas importantes de saúde mental e que Galicia supera nun 70% a media estatal en uso de ansiolíticos e antidepresivos. // Galicia recibirá uns 350 millóns de euros nos vindeiros catro anos co obxetivo de axudar a poboación máis vulnerable e aos colectivos con máis dificultade para o acceso á vivenda. O Plan estatal contempla tamén a rehabilitación dunhas 20.000 vivendas. 05-04-2022

A transición na Presidencia da Xunta será moi rápida. Así o promete Núñez Feijóo na que podería ser a sua última sesión de control no Parlamento galego. Advirte a Sánchez de que a prioridade para chegar a acordos é que se cumpla a baixada de impostos. // Unha parella de músicos orixinarios de Rusia que residen en Lugo lanza unha mensaxe contra a guerra de Putin, e amosa a sua solidariedade co pobo ucraíno. // Javier Olleros, chef do restaurante Culler de Pau, do Grove, elexido entre os candidatos a ser nomeado mellor cociñeiro do Mundo, na competición que o ano pasado entronizou a Daviz Muñoz. // A historia de compromiso da familia Baltar, na que se baseou o escritor Suso de Toro para a sua novela "Un señor elegante", móstrase agora nunha exposición no Colexio Fonseca da Universidade de Santiago. 05-04-2022

Empezamos a perder a influencia das altas presións, que se desprazan cara ó sur. Ceos despexados en xeral con nubes no terzo norte, onde se poden rexistrar algunhas chuvias febles. As temperaturas mínimas sen cambios, pero as máximas inician un moderado ascenso. 05-04-2022

A transición na Presidencia da Xunta será moi rápida. Así o promete Núñez Feijóo na que podería ser a sua última sesión de control no Parlamento galego. Advirte a Sánchez de que a prioridade para chegar a acordos é que se cumpla a baixada de impostos. // Unha parella de músicos orixinarios de Rusia que residen en Lugo lanza unha mensaxe contra a guerra de Putin, e amosa a sua solidariedade co pobo ucraíno. // Javier Olleros, chef do restaurante Culler de Pau, do Grove, elexido entre os candidatos a ser nomeado mellor cociñeiro do Mundo, na competición que o ano pasado entronizou a Daviz Muñoz. // A historia de compromiso da familia Baltar, na que se baseou o escritor Suso de Toro para a sua novela "Un señor elegante", móstrase agora nunha exposición no Colexio Fonseca da Universidade de Santiago. 05-04-2022

Marzo remata con case 1.200 parados menos en Galicia, que se situou como unha das comunidades con mellor comportamento. A hostalaría e a construción son os sectores que crean máis empregos, mentres que se perden sobre todo na agricultura e os servizos. // Galicia vai contar cun observatorio da cadea alimentaria, para comprobar si se aplica na práctica a prohibición de venda a perdas no sector gandeiro. // Uns 1.500 peregrinos chegaron a Santiago durante a fin de semana. Son máis que en todo o mes de abril do ano pasado // E ao pé do Camiño, volve a tradicional poxa das unllas de San Lázaro. Tras dous anos sen celebrarse pola pandemia, as espectativas superáronse e saíron 35 lotes. Unha romaría antiquísima, de feito, a exaltación gastronómica máis antiga de Galicia. 04-04-2022

Predominio anticiclónico con ceos despexados en xeral e con entrada de nubes baixas polo terzo norte, onde non se descarta algún chuvasco ocasional. As temperaturas seguen baixas para a época, polo que continúan as xeadas no interior. O vento, do nordés con intervalos fortes no litoral atlántico. 04-04-2022

Autónomos e pequenos empresarios dos salóns de peiteado e a imaxe persoal levan ás rúas a sua protesta. Din que a inflación golpea especialmente ao sector, xa moi afectado pola pandemia, e retoman a reivindicación do IVE reducido. // Marzo remata con case 1.200 parados menos en Galicia, que se situou como unha das comunidades con mellor comportamento. A hostalaría e a construción son os sectores que crean máis empregos. // Dirixentes galegos do PP acompañan a Nüñez Feijóo na cúpula directiva que hoxe comenza a facerse cargo da xestión do Partido en Madrid. Mentres se inician os trámites para a sucesión a fronte da Xunta a partir desta semana. // A nova intermodal da Coruña ocupará 20 mil metros cadrados, cun novo edificio en dous andares, con 20 dársenas para autobuses. As obras, que acaban de ser licitadas, comenzarán en outono e durarán tres anos. 04-04-2022

Algunhas gasolineiras do rural decidiron non abrir, polas dificultades para aplicar o desconto de 20 céntimos por litro, que hoxe entraba en vigor, cun notable aumento da demanda entre os usuarios e queixas dos encargados dos establecementos. // As bonificacións chegan hoxe ao sector pesqueiro. O gasóleo para barcos véndese coa mesma rebaixa que o resto de carburantes, vinte céntimos máis barato. Ademáis os Portos implantaro a exención de taxas durante un período de seis meses. // Reúnense arestora ás portas da refinaría da Coruña os traballadores das empresas auxiliares para veren se continúan ou non co paro indefinido da actividade que iniciaron hai tres días. Hoxe manifestáronse en protesta pola morte do operario en accidente laboral. Reclaman máis medidas de seguridade no traballo. 01-04-2022

Xeou en boa parte de Galicia e as temperaturas mínimas baixaron ata 8 graos negativos na Veiga en Ourense. A cota de neve situase nos 800 metros pero en xeral o día será seco agás con algúns chuvascos polo terzo norte con ceos máis solleiros canto máis o sur. 01-04-2022

Colas de coches porque moitos conductores esperaron a este día para repostar, e algúns problemas dos encargados das gasolineras para facer efectivo o desconto de 20 céntimos por litro. // Marta Ortega comenza a exercer oficialmente o cargo de presidenta non executiva de Inditex, logo da marcha de Pablo Isla. // Empeza en Sevilla o congreso que convertirá oficialmente a Alberto Núñez Feijóo en presidente nacional do Partido Popular. O ainda presidente da Xunta, comenza a desvelar o equipo co que deixar atrás a etapa de Pablo Casado. // Remata a primeira semana do novo protocolo de seguemento da pandemia, cunha ocupación hospitalaria estable, con 24 ingresados nas UCI. Os especialistas descartan unha volta atrás na incidencia gracias á protección das vacinas. 01-04-2022

A escalada de prezos da electricidade dispara as reclamacións dos usuarios ante as compañías. Marzo remata como mes máis caro da historia, e a factura da luz costa tres veces máis que hai xusto un ano. // A poucas horas de ter que aplicar a bonificación de viente céntimos nos carburantes, as pequenas e medianas gasolineiras, non teñen claro como facelo. Din que o adianto do descontó pode levalos peche definitivo. // O novo xefe de policía de Galicia asumiu hoxe o cargo, comprometéndose a que a proximidade ao cidadan sexa un obxetivo ineludible. Ramón Gómez Nieto, cunha traxectoria de máis de 40 anos de servicio, tomou posesión nun acto presidido polo delegado do Goberno, // Van Morrison, toda unha lenda dos escenarios, estará esta noite presentando o seu último traballo no Coliseum da Coruña. Esta actuación será a primeira desta primavera no Coliseum. 31-03-2022

O coruñes David Arcay, de 31 anos, ten o récord de ser o ouro mundial máis novo da historia deste deporte. No arranque da temporada, fala da súa especialidade, a pesca sen morte que xa se practica en máis de 1.000 quilómetros de ríos galegos.

Chega unha fronte fría, con chubascos ocasionalmente fortes e que podrán vir acompañados de saraiba e aparato eléctrico. A cota de neve vai baixando progresivamente dos 1200 metros ata os 700 pola noite. 31-03-2022

A escalada do prezo da electricidade, con marzo que remata como mes máis caro da historia, dispara as reclamacións dos usuarios ante as compañías. // As pequenas gasolineiras advirten das dificultades para aplicar o desconto previsto nese plan a partir de mañá por falla de medios informáticos. // Son cerca de 700 persoas en Galicia, falan de casos de sofrimento diario e loita contra a incompresión e demandan máis apoio da sociedade, no Día Internacional da Visibilidade Transxénero. // O coruñes David Arcay, de 31 anos é catro veces campión do mundo de pesca a mosca. Ten o récord de ser o ouro mundial máis novo da historia deste deporte. A sua especialidade, a pesca sen norte, practicase xa en máis de 1.000 quilómetros de ríos galegos. 31-03-2022