Incidentes entre algún camioneiro e os membros dun piquete na xornada de paro do transporte por estrada, que se deixou notar en polígonos industriais. Os convocantes piden medidas para paliar a suba do prezo do gasóleo. // O sector da pesca pide tamén medidas de apoio ante o aumento cercano ao cen por cen nun mes. A suba estase a notar tamén á hora de encher o depósito dos coches e nos produtos da alimentación.. // A Garda Civil de Ourense está a investigar as circunstancias nas que morreu unha muller cuxo cadáver apareceu nun camión do lixo cando ía baleirar a carga nunha planta de transferencia de residuos do Carballiño. Unhas horas antes axentes da Garda Civil de Tráfico atopárana deambulando en pixama por unha autovía. // Lalín acolle xa en vivendas de particulares aos refuxiados ucraínos chegados na caravana humanitaria fletada polo concello. Unha viaxe solidaria, de máis de 7.000 quilómetros, compartida por un equipo de TVE. 14-03-2022

Entregado o material de axuda, o autobús fretado polo concello de Lalín recolle agora de volta o medio cento de refuxiados
A axuda humanitaria levada dende Galicia chegou a destino. De volta veñén 50 refuxiados que serán acollidos en Lalín.
Aumenta a preocupación pola situación desatada en Ucraína polo ataque de Rusia. A ministra de Defensa, confirma en Ferrol un novo envío de armas para axudar áos ucraínos, ainda que sen participación directa de tropas españolas no conflito, Mentres chega o material humanitario dende Galicia para os refuxiados. // As máscaras seguirán sendo, de momento, obrigatorias e outras medidas contra a covid coma os certificados de vacinación para entrar en hospitais ou a separación de mesas nos locais de hostalaría, continuarán alomenos 15 días máis. // A ministra de Transportes e Mobilidade, Raquel Sánchez anuncia na Coruña a licitación das obras de acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña. Serán finanzadas con 140 millóns de euros procedentes de fondos Next Generation, // Dous anos despois Los Enemigos presentarán por fin o seu último disco en Galicia. É o décimo album da banda liderada por Josele Santiago. "Bestieza" foi publicado poucos días antes de que se decretara o confinamento total pola pandemia. 11-03-2022
Ceos parcialmente nubrados e chuvascos frecuentes e intensos, que continuarán mañá co paso dunha nova fronte. A cota de neve baixa dos 1.200 aos mil metros de altitude nas montañas orientais. As temperaturas mínimas ascenden moderadamente. 11-03-2022
A axuda humanitaria levada dende Galicia chega á fronteira de Polonia con Ucraína. A caravana na que viaxa un equipo de TVE recolle a uns 50 refuxiados que serán acollidos en Lalín. // A ministra de Defensa, confirmou hoxe en Ferrol que vai aumentar o envío de armas a Ucraína, ainda que sen participación directa de España no conflito. // O home que mantiña unha relación sentimental con Déborah Fernandez comparece por primeira vez no xulgado de Tui que investiga o asasinato da rapaza, ocorrido hai case 20 anos. É o único sospeitoso do crime. // O camiño de Santiago, como terapia para sair do colapso emocional trala pandemia. É a proposta dunha serie documental de 16 capítulos, rodada con expertos en motivación persoal con apoio de TVE. 11-03-2022

O transporte de axuda humanitaria prevé chegar esta noite.
A xornalista Matilde Vázquez e a reporteira Romina Caamaño son testemuñas directas do transporte de axuda humanitaria
As consecuencias económicas da suba de prezos da enerxía van a máis. No porto de Vigo, a frota do cerco atrasa a súa saída, en espera de axudas públicas // A caravana humanitaria fretada polo concello de Lalín, na que viaxa un equipo de TVE en Galicia, chega esta noite á fronteira ucraína // Ferrol lembra os sucesos do 10 de marzo de 1972, cando Amador Rei e Daniel Niebla morreron por disparos da policía // A Universidade de Vigo será a primeira en ter instalados en todos os seus centros dispensadores con produtos de hixiene feminina de balde. 10-03-2022
Os ventos intensos do sur traen hoxe unha nova fronte pola noite. Os ceos están parcialmente cubertos, con chuvascos que son máis probables na franxa atlántica e serán xa xeneralizados nas últimas horas. 10-03-2022
Ferrol lembra os sucesos do 10 de marzo de 1972, cando Amador Rei e Daniel Niebla morreron por disparos da policía // As consecuencias económicas da suba de prezos da enerxía van a máis. No porto de Vigo, a frota do cerco atrasa a súa saída, en espera de axudas públicas // A caravana humanitaria fretada polo concello de Lalín, na que viaxa un equipo de TVE en Galicia, está xa preto de Polonia // Mercar produtos tan necesarios como compresas e tampóns non está ao alcance de todas. É a chamada "pobreza menstrual", que sofren en España dúas de cada dez mulleres. 10-03-2022

Viaxamos no autobús que leva axuda humanitaria de Lalín á fronteira da guerra. Traerá de volta a medio cento de refuxiados.
A escalada de prezos do combustible ameaza con parar gran parte da actividade do sector pesqueiro. No Porto de Celeiro, o principal punto de comercialización de pescada de Galicia, varios barcos están xa amarrados, mentres os armadores de Vigo reclaman ao goberno axudas urxentes. // A fábrica de alúmina de Alcoa en San Cibrao, situada á beira da planta de aluminio que parou durante dous anos, bate records de producción en xaneiro e febreiro desde que se abriu en 1980. Superou nun 14 por cento a media mensual de producción que é de 125 mil toneladas de alúmina. // Manu Chao volve tocar en Galicia despois de 8 anos. O histórico líder de Mano Negra ofrece esta noite en Santiago o primeiro dos dous concertos que dará na Sala Capitol. Un dobre concerto que tamén se viu obrigado a facer en Lugo tras esgotar rápidamente as entradas co anuncio das primeiras datas. 09-03-2022
Quedamos baixo a influencia dunha borrasca atlántica que nos deixa ceos parcialmente cubertos con con chuvascos máis frecuentes na metade oeste, sen descartar que sexan acompañados de aparato eléctrico. As temperaturas mínimas ascenden lixeiramente e as máximas non experimentan cambios. 09-03-2022
Concentracións pola paz e contra a agresión de Rusia a Ucraína convocadas en todolos concellos, para amosar a repulsa ante un conflicto que está a conmocionar a todos, e a solidariedade coas vítimas. // En marcha a caravana organizada polo concello de Lalín, con sete toneladas de axuda humanitaria, para levar a fronteira entre Polonia e Ucraína. // A escalada de prezos do combustible leva a parar a parte da frota do Porto de Celeiro, o principal punto de comercialización de pescada de Galicia. Os armadores de Vigo reclaman axudas ao goberno. // Núñez Feijóo reune preto de 50.000 avais de militantes para formalizar, esta tarde en Madrid, a sua candidatura a dirixir o Partido Popular. Elixe o lema "Preparados", para facer campaña cara o congreso de Sevilla. 09-03-2022