Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Un camión con escolta policial para recoller o lixo nas rúas da Coruña, logo de ser declarada na cidade a alerta sanitaria. Logo dunha semana de incidentes, con sabotaxes e contedores queimados, nin a empresa nin os sindicatos seguen a ofrecer unha explicación. // A Policía Autonómica desartellou unha organización que chegou a elaborar máis de 4.000 certificados falsos de PCRs e antíxenos, a traves de clínicas ilegais nas provincias da Coruña e Pontevedra. // A Illa de Tambo, na ría de Pontevedra, pasa a ser de xestión municipal, logo de 25 anos de reclamacións, unha vez cedido o seu uso polo Ministerio de Defensa. // O entroido chega ao día máis grande con espectaculares celebracións coma o desfile das madamas e galans, na localidade de Cobres, en Vilaboa, unha tradición que se transmite de pais a fillos. 01-03-2022

O concello da Coruña contrata outra empresa para retirar o lixo amoreado nas rúas, estuda sancionar á actual concesionaria, que ata agora non explica cal é o motivo da situación

As moreas de lixo sen recoller nas rúas da Coruña levan ao concello a decretar unha contratación de emerxencia. A alcaldesa di que a situación era insostible e anuncia sancións contra a concesionaria. A empresa pública Tragsa será a que se faga cargo do servizo a partir de mañá mesmo. . // Condena de Prisión permanente revisable para Ana Sandamil. É a sentenza da Audiencia provincial de Lugo, de acordo co veredicto do xurado popular que a declarou culpable do asasinato da sua única filla, a pequena Desirée Leal, na localidade de Muimenta. // Luns Borralleiro, día grande en Laza, no triángulo máxico do Entroido ourensán. colas A praza da Picota acolleu esta mañá a farrapada. Veciños e turistas gozaron de novo desta batalla na que se lanzan trapos untados con barro. Non tan multitudinaria como antes da pandemia, pero con boa afluencia de público. 28-02-2022

A semana empeza cunha nova fronte achegándose polo noroeste, polo que temos ceos cubertos, con nubes que van en aumento, sen descartar algunha chuvia feble nas comarcas atlánticas. 28-02-2022

Emerxencia Sanitaria na Coruña ante a acumulación de residuos nas rúas. O concello decreta a contratación de urxencia da empresa pública Tragsa para que se faga cargo da recollida e estuda sancións á concesionaria. // Os expertos avalían as repercusións para Galicia da invasión rusa de Ucraína. Aparte da suba xeralizada de prezos da enerxía, destacan o encarecemento de materias primas para a gandeiría, e a vulnerabilidade fronte aos ciberataques. // Difíciles de diagnosticar, e polo momento, sen cura. Son as enfermidades raras, que padecen unhas 200.000 persoas en Galicia. Hoxe celébrase o día mundial,. // Os xenerais da Ulla son un dos Entroidos tradicionais que volven tralo parón da pandemia. Nas rúas, xunto a eles, outros máis populares e de plena actualidade, como as Tanxugueiras. 28-02-2022

Emerxencia Sanitaria na Coruña ante a acumulación de residuos nas rúas. O concello decreta a contratación de urxencia da empresa pública Tragsa para que se faga cargo da recollida e estuda sancións á concesionaria. // Os expertos avalían as repercusións para Galicia da invasión rusa de Ucraína. Aparte da suba xeralizada de prezos da enerxía, destacan o encarecemento de materias primas para a gandeiría, e a vulnerabilidade fronte aos ciberataques. // Difíciles de diagnosticar, e polo momento, sen cura. Son as enfermidades raras, que padecen unhas 200.000 persoas en Galicia. Hoxe celébrase o día mundial,. // Os xenerais da Ulla son un dos Entroidos tradicionais que volven tralo parón da pandemia. Nas rúas, xunto a eles, outros máis populares e de plena actualidade, como as Tanxugueiras. 28-02-2022

Persoas procedentes de Ucraína residentes en Galicia, angustiadas polo destino das suas familias, organizan para esta fin de semana actos de repulsa da guerra e de solidariedade co seu pais. // Unha plataforma veciñal oponse a central reversible máis grande que se proxecta en Galicia. E unha instalación que emprega dúas balsas a distinto nivel. A Xunta informou xa desfavorablemente do proxecto polo seu impacto nos ríos. // Un dos grupos históricos do panorama musical galego, a banda Dakidarria, publica hoxe o seu sexto disco de estudio, Colaxe. Un traballo concebido durante o confinamento que conmemora os seus 18 anos en activo no que volven aos diferentes estilos musicais da banda durante a súa longa traxectoria. 25-02-2022

Viven aquí uns 2.000 cidadáns de orixe eslava que, desde que comezaron os bombardeos sobre Ucraína, están pegados ao televisor e aos seus teléfonos móviles.

Recupérase progresivamente a influencia anticiclónica. Volven os ceos despexados en xeral, con algunha nube no extremo norte, onde mesmo non se descarta algún chuvasco. As temperaturas sen cambios. Os ventos do nordés, moderados no interior, fortes no litoral e zonas altas. 25-02-2022

A guerra desata a angustia nas cerca de 1.000 persoas procedentes de Ucraína que residen en Galicia. O conflicto fai crecer a tensión entre elas e as orixinarias de Rusia. // A hostalaría celebra a desaparición, a partir desta noite, da obriga de presentar o certificado covid e o rexistro de clientes. O sector agarda que decaian tamén as limitacións de distancia dentro quince días. // Camións saboteados, e lixo amoreado polas rúas. A recollida de resíduos urbanos da Coruña acumula tres días de incidentes, nun conflicto laboral do que non dan conta nin a empresa nin os sindicatos. // Cada traxe é unha peza de artesanía diferente ás demais. Son os Boteiros, as figuras centrais do entroido de Viana do Bolo. Mentres en Verín, o xoves de Comadres vai quentando o ambiente de festa, pese as restricións deste ano nas localidades do Triángulo máxico ourensán. 25-02-2022

tensión entre elas e as orixinarias de Rusia. // A hostalaría celebra a desaparición, a partir desta noite, da obriga de presentar o certificado covid e o rexistro de clientes. O sector agarda que decaian tamén as limitacións de distancia dentro quince días. // Camións saboteados, e lixo amoreado polas rúas. A recollida de resíduos urbanos da Coruña acumula tres días de incidentes, nun conflicto laboral do que non dan conta nin a empresa nin os sindicatos. // Cada traxe é unha peza de artesanía diferente ás demais. Son os Boteiros, as figuras centrais do entroido de Viana do Bolo. Mentres en Verín, o xoves de Comadres vai quentando o ambiente de festa, pese as restricións deste ano nas localidades do Triángulo máxico ourensán. 25-02-2022

A taxa de paro nese sector de poboacion é do 85 %. A OMS estima que unha de cada catro persoas vai padecer un trastorno psiquiátrico importante na súa vida.

Núñez Feijóo mantén a incógnita de se optará á substituír a Pablo Casado á fronte do Partido Popular pese a contar co pronunciamento favorable de todos os líderes territoriais // A Xunta manifesta a solidariedade do pobo galego co de Ucraína. A ministra de Transición Ecolóxica asegura en Lugo que o subministro de Gas a España está garantido, aínda que admite que se resentirán os prezos enerxéticos // Siniestro Total, a mítica banda galega, fala co habitual sentido do humor da súa despedida dos escenarios, cun concerto en Madrid, logo de 40 anos de traxectoria. 24-02-2022

O certificado Covid deixa de ser necesario para acceder aos locais de hostalaría, a partir do sábado, e so será necesario en Residencias e Hospitais. Amplíase tamén a dez o número de comensais que poden compartir mesa en interiores e ata 20 en exteriores. // A rotura da comporta central dunha das presas que regulan o caudal do río Sil alarma aos veciños dunha aldea de Vilamartín de Valdeorras, en Ourense. Iberdrola e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil están a investigar as causas. O rebentón non tivo consecuencias para a poboación porque o encoro é moi pequeno. // Hoxe conmemórase o 185 aniversario de Rosalía de Castro. O actos na súa honra multiplícanse por toda Galicia. Por primeira vez a efeméride celébrase o 23 de febreiro e non o 24, tras descubrirse que esta foi a auténtica data do nacemento da escritora galega máis universal. 23-02-2022

Galicia mantense na influencia das altas presións, con réxime de ventos de compoñente leste. Así, os ceos presentarán intervalos de nubes altas. As temperaturas mínimas non tiveron cambios significativos e as máximas descenderán lixeiramente. 23-02-2022

Núñez Feijóo evita aclarar no Parlamento os seus plans de futuro, fronte ás preguntas da oposición, que o acusa de estar máis pendente de Madrid que de Galicia. // O certificado Covid deixa de ser necesario para acceder aos locais de hostalaría. Amplíase tamén a dez o número de comensais que poden compartir mesa en interiores e ata 20 en exteriores. Sanidade anuncia ademáis que suprimirá as restricións do sector no prazo de 15 días. // Pesqueiros galegos e portugueses aproveitan a melloría meteorolóxica para seguir na procura dos desaparecidos do Villa de Pitanxo. O Goberno comprométese ante os familiares a retomar as laboras de busca por parte dos equipos de rescate. // O grafiteiro e muralista de Lugo, Diego As, é o gañador do mellor mural do mundo de 2021 na plataforma Street Art Cities. Máis de sesenta mil persoas votaron polo Julio César situado na ronda da muralla. O artista xa traballa noutro mural sobre Hipatia de Alexandría. 23-02-2022

Núñez Feijóo, no centro da crise interna do Partido Popular. Fronte a actitude de Pablo Casado, O presidente da Xunta súmase aos que reclaman un congreso extraordinario para relevar a dirección e di que está disposto a asumir a responsabilidade. // Os casos activos baixan hoxe a 24.102, con 1.711 novos contaxios rexistrados. Os pacientes hospitalizados baixan hoxe tamén, son 577, 21 menos e mantéñense 31 nas UCi. // A Cooperativa de armadores de Vigo deu aviso aos barcos que faenan na zona do afundimento do Villa de Pitanxo para que prioricen a busca dos doce desaparecidos. // O Celta deixou escapar a vitoria en Balaídos nos minutos finais do partido onte ante o Levante, o equipo pechacancelas da liga. Un empate a un que deixa aos vigueses no medio da clasificación a seis puntos dos postos europeos. 22-02-2022