Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A fin de semana preséntase sen atisbo de cambios, co anticiclón instalado sobre o Atlántico, o que garantiza COLAS tempo seco e solleiro, sen apenas rastro de nubosidade. As temperaturas, cunha notable oscilación que vai dende mínimas por debaixo de cero graos pola noite en zonas do interior, ata superar os 20 graos nas Rías Baixas. 28-01-2022

A hostalaría e o lecer nocturno recuperan esta noite os horarios e as medidas sanitarias previas áo nadal, e acercan a volta á normalidade. O Tribunal Superior de Xustiza autoriza que a esixencia do certificado Covid se manteña, de momento, durante os próximos quince días. // baixada de 20 pacientes menos, e tamén nas UCI. A incidencia do virus tende á estabilizarse, ainda que hai un lixeiro aumento dos casos activos e os novos contaxios mantéñense por riba dos 6.000. // No día mundial da Protección de Datos, a Policía pide extremar a precaución, ante os métodos cada vez máis inxeniosos dos ciberdelincuentes para averiguar contrasinais ou números da tarxeta de crédito. O obxetivo, baleirar as contas bancarias. 28-01-2022

O consumo en barra volve estar permitido, amplíase o horario da hostalaría e desaparece o chamado toque de non queda. A Xunta pon fin ás restricións implantadas para frear os contaxios durante a explosión da variante Ómicron.// // Seguen a baixar os casos activos, e os pacientes hospitalizados, aínda que repuntan lixeiramente os novos contaxios. O Sergas notifica o falecemento de catro persoas // As confrarías do Cantábrico mobilízanse contra o proxecto de construcción do parque eólico Nordés, a 30 quilómetros da costa de Ferrol, que sería o maior de España. Considérano incompatible coa actividade pesqueira nun dos caladoiros máis valiosos para a frota. // Máxima espectación en Benidorm, ante a primeira gala de selección do tema que representará a España en Eurovisión, e na que figuran as galegas Tanxugueiras. 26-01-2022

Máxima emoción no Benidorm Fest, logo de que as Taxugueiras lograsen a vitoria entre o público, pese a non ser apoiadas polo xurado. Esta noite, segunda semifinal// 10.400 novos postos de traballo, creados durante o ano pasado. Unha recuperación do emprego na que atopamos casos como o de Azahara, imigrante marroquina, á que lle chegaron as ofertas tras facer pública a sua situación ao borde do desafiuzamento. // O presidente da Xunta destacou que máis do 40 por cento dos hospitalizados por Covid actualmente son persoas sen vacinar, e fixo un chamamento á responsabilidade para que o remate da sexta vaga sexa máis rápido.. // Cumprense 10 anos da traxedia do Orzán, na que tres policías nacionais perderon a vida na Coruña tentando salvar a doutra persoa, o estudante eslovaco Tomas Velicky. 27-01-2022

seguimos baixo influencia anticiclónica, nun día de ceos despexados en xeral, con algunha néboa matinal e nubes de estancamento ao norte de Lugo. As temperaturas ascenden lixeiramente. O vento soprará do nordés frouxo, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra ás últimas horas. 27-01-2022

As Tanxugueiras, emocionadas ao coñecer a masiva votación do público, que lles permite pasar á final no Benidorm Fest, pese a non figurar entre as apostas do xurado. // Os casos activos repuntan lixeiramente, logo de varios días á baixa, con máis de 6.000 novos contaxios, e hai tamén un aumento dos pacientes ingresados, anque se manteñen os que están nas UCI. // Compañeiros, familiares e autoridades, renden homenaxe na Coruña aos policías José Antonio Vilamor, Rodrigo Maseda e Javier López, coñecidos como os herois do Orzán, que perderon a vida no mar tentando salvar a do estudante eslovaco Tomas Velicky. Unha traxedia da que se cumplen xusto dez anos. // En Galicia creáronse 10.400 novos empregos durante o ano pasado, segundo os datos da Enquisa de poboación Activa. A cifra total de ocupados ascende a un millón cen mil persoas. 27-01-2022

A maioría das restricións, como a de consumo en barra ou o toque de queda, deixarán de ter efecto próximo venres. Amplíanse os horarios para a hostalaría anque se mantén a obriga de presentar o certificado covid. A Xunta propón a partir de agora reducir de sete a cinco días o illamento dos infectados. // O proxecto de construcción dun parque eólico a 30 quilómetros da costa de Ferrol, que sería o maior de España, levanta a protesta de tódalas confrarías do Cantábrico. Considérano incompatible coa actividade pesqueira nun dos caladoiros máis valiosos para a frota. // Un vecino de Porriño de 39 años, afincado en México, morre nese país a consecuencia dos disparos de dous atracadores que pretendían roubarlle o coche // Hoxe coñecemos un adianto do novo sinxelo de Tanxugueiras: Averno, que é tamén a sua primeira colaboración co rapeiro madrileño Rayden, un dos rivais que compiten con elas no Benidorm Fest. 26-01-2022

A primeira hora da mañá, os termómetros marcaban a mínima de sete graos baixo cero en Xinzo de Limia, e tres baixo cero na capital. Os ceos seguen despexados en xeral, cun aumento da temperatura nas horas centrais. 26-01-2022

O consumo en barra volve estar permitido, amplíase o horario da hostalaría e desaparece o chamado toque de non queda. A Xunta pon fin ás restricións implantadas para frear os contaxios durante a explosión da variante Ómicron.// // Seguen a baixar os casos activos, e os pacientes hospitalizados, aínda que repuntan lixeiramente os novos contaxios. O Sergas notifica o falecemento de catro persoas // As confrarías do Cantábrico mobilízanse contra o proxecto de construcción do parque eólico Nordés, a 30 quilómetros da costa de Ferrol, que sería o maior de España. Considérano incompatible coa actividade pesqueira nun dos caladoiros máis valiosos para a frota. // Máxima espectación en Benidorm, ante a primeira gala de selección do tema que representará a España en Eurovisión, e na que figuran as galegas Tanxugueiras. 26-01-2022

a Xunta estuda relaxar as restricións na hostalaría. Os encargados dos establecementos piden que deixe de ser obrigatorio o certificado covid. Aumenta tamén o debate sobre o uso da máscara en exteriores. // Receitas tradicionais das avoas, cun toque de modernidade. É o proxecto no que traballan alumnos de cociña do Centro Carlos Oroza de Pontevedra. Os menús, a 10 euros poden degustarse no comedor do centro.E entre os comensais,están algunhas das autoras das receitas // O museo do Pobo Galego, en Santiago, inaugura tres novas salas dedicadas á historia de Galicia. Relatan o período que vai dende os primeiros habitantes ata a o Reino Suevo. As salas correspondentes a a outras etapas irán abrindo ao público nos próximos meses. 25-01-2022

Os alumnos de cociña do centro Carlos Oroza de Pontevedra rescatan e actualizan as receitas máis tradicionais. Os menús pódense degustar no comedor do centro, ao que acoden as propias avoas para dar a súa opinión.

Galicia continua baixo influencia anticiclónica. Agárdase así un día de ceos despexados en xeral, con néboas no interior. As temperaturas mínimas experimentaron un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non terán cambios ou lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo, de compoñente leste. 25-01-2022

A Terceira dose chega xa ao grupo de idade de 18 a 29 anos. Uns 165.000 mozos e mozas pasan esta semana polos centros de vacinación masiva.. // O conselleiro de Sanidade anuncia no Parlamento un reforzo para os servizos de atención primaria. Máis de 300 profesionais incorporaránse a partir do próximo mes para axudar sobre todo coa carga burocrática. // A dirección xeral de tráfico presenta un Novo sistema de balizas intelixentes para evitar os frecuentes cortes pola intensa néboa na autovía entre Mondoñedo e Abadín. // O confinamento e a perda de recursos durante a Pandemia agravan as dificultades para as persoas con enfermidade mental. Unha rapaza da Coruña afectada por Anorexia, contanos a sua experiencia. 25-01-2022

Os líderes de Resistencia Galega aceptan penas de 28 anos de cárcere para evitar o xuizo na Audiencia Nacional, por delitos de terrorismo, tenza de explosivos e falsidade documental. Outros dous dos membros da organización dan tamén por boa a petición da fiscalía, Ainda que un deles aproveitou a súa quenda de palabra.// Un estudo da USC destaca que as residencias de maior tamaño foron as peor paradas durante os primeiros meses da pandemia, mentres que na maior parte dos centros non se chegou a rexistrar ningunha morte. // Arranca a semana do Benidorm Fest, para elixir o representante de España en Eurovisión. Hoxe comezan os ensaios da primeira semifinal, na que actúan Tanxugueiras. Dúas das compoñentes do trío atrasaron a súa viaxe á cidade alacantina por problemas de saúde e confían en poder actuar, este mércores. 24-01-2022

Continúa a influencia anticiclónica, logo dunha noite especialmente fría onde os termómetros baixaron ata cinco graos baixo cero en Lugo. Os ceos están despexados en xeral, anque con algunhas nubes baixas no cadrante noroeste, que irán desaparecendo. 24-01-2022

28 anos de prisión. É a pena que os dirixentes de Resistencia Galega, aceptaron hoxe para evitar o xuizo na Audiencia Nacional. Outros dous acusados aceptaron tamén penas menores pola sua integración na banda terrorista. // A curva da Covid mantén a tendencia á baixa iniciada durante a fin de semana, con 4.300 novos contaxios. Os hospitalizados soben a 629. // A Comisión Europea estuda xa o informe definitivo sobre a prórroga das peaxes da AP-9 ao rematar o prazo para que o Goberno español presentase alegacións. A asociación de Usuarios destaca que a Audasa podería obter máis de 1.400 millóns de euros a cambio de investir pouco máis de 200 nas obras de ampliación. // O Obradoiro gaña o derbi galego da ACB ao impoñerse ante o Breogán por 10 a 83 contra o Breogán. 24-01-2022