Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os escolares galegos manteñen a máscara, no recreo. Pese a que o Goberno central eliminou a obriga, a Xunta di que é o que lle recomendan os expertos, ata que tódolos nenos estean vacinados coa pauta completa. //.Moitas persoas optan por mantela nas rúas, unha vez que, dende a pasada medianoite deixou de ser obrigatoria, cando se poida manter a distancia de seguridade. // Abanca anuncia o compromiso de non pechar mais oficinas bancarias nos concellos nos que quede como a única entidade en activo. Logo das críticas contra a exclusión financeira, amplía tamén os horarios de atención as persoas maiores. // O equipo Xuvenil do Deportivo volve encher Riazor, no partido contra o Dinamo de Kiev, no que que caeu na tanda de penaltis despois de empatar a 2. Di así adeus a competición da Youth League. 10-02-2022

A metade dos adolescentes recibe a miúdo mensaxes de contido sexual e un 20 por cento sofre acoso. Un estudo da Universidade de Santiago revela que un de cada catro alumnos de secundaria fai un uso nocivo da tecnoloxía. // A Xunta vai pedir unha prórroga para continuar co certificado Covid, tal como anunciou hoxe o presidente, namentras espera a que o goberno central conteste as dúbidas sobre o uso das máscaras nos recreos. // Máis de 150.000 cativos de 5 a 11 anos están citados para a segunda dose da vacina infantil de Pfizer. A campaña retomarase esta tarde nos puntos de vacinación masiva como o de Expourense, onde os nenos serán recibidos por superheroes para que perdan o medo á picada. // Carolina Rubirosa será a representante galega na chamada "Eurovisión das linguas rexionais" co seu tema "O teu camiñar". Participará xunto con representantes de outros 12 países no Liet Festival que acollerá a cidade dinamarquesa de Tonder o 13 de maio. 09-02-2022

Os ceos seguen despexados en xeral, nunha xornada na que está activado en todo o litoral aviso amarelo por risco de mar de fondo. As temperaturas sen apenas cambios, con máximas que superan os 20 graos na metade sur. 09-02-2022

A metade dos adolescentes galegos recibe a miudo mensaxes de contido sexual, e un 20 por cento sofre acoso nas redes. Son datos dun estudo elaborado pola Universidade de Santiago. // As persoas con Covid falecidas en Galicia dende o comenzo da pandemia superan hoxe a cifra de 3.000. O Sergas notificou no último balance 21 novos falecementos, ainda que advirte que en parte corresponden a días anteriores. // A provincia de Pontevedra encabeza en Galicia a suba dos prezos do alugueiro. O sector destaca que en algunas localidades ata a metade dos propietarios abandonan o mercado tradicional para pasarse ao turístico. // Julia Vaquero, a lenda galega do atletismo, volve, logo de dúas décadas afastada do deporte por problemas de saúde mental. Di que tivo pensamentos suicidas e sentiu o estigma social. 09-02-2022

A tendencia da Covid segue á baixa, ainda que os novos contaxios superan os 4.000. A Xunta di que os alumnos seguirán a levar máscara tamén nos patios dos colexios, pese ao acordo do Goberno Central de poder retirala cando haixa distancia de seguridade.. // A falta de chuvia, que dura xa máis dun mes en prácticamente toda Galicia está a deixar imaxes coma a do encoro de Lindoso, no concello ourensán de Lobios, do que emerxen os restos da antiga aldea de Aceredo, convertido en todo un reclamo turístico. No conxunto de Galicia as reservas de auga están ao 50 por cento. // Galicia é una das comunidades que máis adiantou nos últimos anos no proceso de descarbonización. Así o destacou a conselleira de medio Ambiente, que anunciou no Parlamento unha nova lei do clima para acadar a neutralidade na pegada de carbono. 08-02-2022

Hoxe continúa a influencia das altas presións polo que se agarda unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados. Bancos de néboa matinal en comarcas do interior. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios ou con lixeiros ascensos na metade norte. 08-02-2022

As testemuñas describen a personalidade de Ana Sandamil, acusada de asasinar a sua filla Desirée, no xuizo na Audiencia de Lugo. A acusación nega que os seus problemas mentais a eximan de culpabilidade. // O consello de Ministros acorda que a máscara se deixe de usar en exteriores tamén por parte dos escolares, sempre que se respete a distancia de seguridade. A Xunta aclara que, polo de agora, nos colexios galegos os alumnos seguirán a levala. // Os usuarios rexístranse nunha alicación para facer a reserva on line. E o sistema de transporte a demanda en taxis que o concello de Pontevedra pon en marcha nas parroquias do rural. De momento, en fase de probas. // A pedra de Santiago agocha douscentos taboleiros de xogo clásicos. Gravados hai 300 anos, na Compostela Barroca. Á vista de todos, pasan desapercibidos para a maioría. En ningún outro lugar de Europa se conservan tantos. 08-02-2022

Tensión á chegada da nai de Desirée Leal, a Audiencia de Lugo, onde declara como acusada de asasinar á sua filla, hai tres anos, en Muimenta. A acusación pide prisión permanente revisable para ela, que alega non lembrar nada do ocorrido. // Un incendio nunha nave industrial en Santa Comba obriga a actuar aos bombeiros e servizos de emerxencia. Ddeclarouse nunha empresa dedicada ao tratamento de aceites que quedou totalmente destruída. // O Sergas secuenciou en Vigo dous casos dunha subvariante da ómicron, chamada silenciosa . Estuda outros quince casos vencellados ao primeiro dos detectados, pertencentes a un abrocho familiar. O segundo ten a súa orixe nun país do leste. // A Real Academia Galega presentou a programación do Día das Letras Galegas 2022, que este ano se lle dedica a Florencio Delgado Gurriarán, poeta nacido en 1903 en Vilamartín de Valdeorras 07-02-2022

A semana comeza con continuidade da influencia anticiclónica, con ceos pouco nubrados ou completamente despexados en xeral, sen precipitacións á vista, As temperaturas, en lixeiro ascenso con máximas que poden chegar aos 20 graos na metade sur. 07-02-2022

A nai da nena de Muimenta Desirée Leal, acusada de asasinala administrándolle somníferos, Na Audiencia Provincial de Lugo. Acaba de comenzar o xuízo polos feitos, ocorridos hai tres anos. A acusación pide para ela prisión permanente revisable. // O ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas decide relaxar as restricións nos eventos deportivos. // O Sergas confirma un segundo caso, en Vigo, da subvariante BA 2 de ómicron, considerada máis contaxiosa, e máis difícil de identificar. Os positivos diarios descenden ao mínimo dende decembro. // A crise internacional no leste de Europa pon en risco a continuidade das exportacións galegas a esa zona, que supoñen uns 300 millóns de euros ao ano. Inditex, o grupo Zendal e os sectores do automobil e as conservas os máis expostos ante un endurecemento das sancións a Rusia. 07-02-2022

Con satisfacción xeral era recibida na rúa unha decisión que cada vez máis voces viñan reclamando: a máscara deixará de ser obrigatoria nos espazos ao aire libre cando haxa distancia de seguridade. // Os casos activos mantéñense en 62.141, logo dunha xornada na que baixan lixeiramente os novos contaxios 4.807. Tamén descenden os pacientes hospitalizados// A Xunta vai investir 58 millóns de euros ata 2024 para axudar a 700 empresas do sector da madeira. Así o anunciou o presidente na fábrica de Xilonor en Coirós, a primeira de taboleiro contralaminado en España. // O pianista e escritor James Rhodes estará mañá en Ferrol. Inglés afincado dende hai anos en España, ofrece un concerto no que converte o clásico tradicional nunha experiencia inclusiva para transmitir a sua paixón pola música. 04-02-2022

A máscara deixará de ser obrigatoria no exterior o próximo xoves. O goberno anuncia a fin da norma, aprobada hai tres días no Congreso dos Deputados. Os Inmunólogos celebran a medida e abogan tamén por replantexar outras sobre o Pasaporte Covid ou os prazos para a dose de reforzo. // Día mundial de loita contra o Cancro, unha enfermidade que é diagnosticado cada ano a unhas 20.000 persoas en Galicia. // Casas ecolóxicas modulares fabricadas en Galicia, para realoxar as familias afectadas polo volcán. E a a contribución da empresa ourensá especializada na reciclaxe de contedores marítimos para a reconstrucción na illa da Palma. // Diego As, Mondevane, Lula Goce e Sokram, son os artistas galegos seleccionados para competir polo título de mellor grafiteiro do Mundo dun portal de arte urbana de Internet. O gañador será elexido por votación popular o domingo 04-02-2022

A chegada de aire húmido dende o Atlántico trae unha xornada de ceos nubrados con chuvias febles, que son máis probables no norte e oeste; xa pola noite, unha nova fronte deixará algo máis de chuvia no norte de Lugo e A Coruña. As temperaturas mínimas tiveron un ascenso, máis acusado nos vales do interior, mentres que as máximas descenden. 04-02-2022