Segue a busca, fronte a Terranova, dos 11 mariñeiros desaparecidos do pesqueiro Villa de Pitanxo, con base en Marín // As familias dos tripulantes do pesqueiro viven con amargura estas horas, na espera de noticias // A Xunta decreta tres días de loito oficial, ao que se suman institucións e organismos de todos os ámbitos // O naufraxio produciuse nunha zona na que os ventos fortes rachan as ondas e converten o mar nun escenario perigoso, con augas xélidas. 16-02-2022
Polo menos catro mariñeiros morreron ao naufragar un pesqueiro de Marín en augas de Terranova // O xurado declara culpable a Ana Sandamil de matar á súa filla Desirée // A única gravación coa voz de Florencio Delgado Gurriarán que se conserva en bo estado xa se pode escoitar na páxina web do Consello da Cultura Galega // Despois de 40 anos nos escenarios, Siniestro Total, anuncia o seu adeus. 15-02-2022
O poeta valdeorrés visitou Galicia tres veces veces tralo seu exilio en México. A primeira foi en 1968, unha viaxe que Radio Nacional de España aproveitou para entrevistalo e dedicarlle un monográfico do programa "Poetas de Galicia".
Os ventos do suroeste achégannos hoxe humidade e moitas nubes a Galicia, sobre todo ao oeste, onde teremos chuvias febles e intermitentes. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso e as máximas sen cambios. 15-02-2022
Naufraxio dun pesqueiro de Marín en augas de Terranova, en Canadá. A bordo ían 22 tripulantes, doce deles galegos. De momento foron rescatados con vida tres mariñeiros // O xurado declara culpable a Ana Sandamil de matar á súa filla Desirée Leal en Muimenta // A única gravación coa voz de Florencio Delgado Gurriarán que se conserva en bo estado xa se pode escoitar na páxina web do Consello da Cultura Galega // Despois de 40 anos nos escenarios, unha das bandas galegas máis emblemáticas dos anos da movida, Siniestro Total, anuncia o seu adeus. 15-02-2022
Naufraxio dun pesqueiro de Marín en augas de Terranova, en Canadá. A bordo ían 22 tripulantes, doce deles galegos. De momento foron rescatados con vida tres mariñeiros // O xurado declara culpable a Ana Sandamil de matar á súa filla Desirée Leal en Muimenta // A única gravación coa voz de Florencio Delgado Gurriarán que se conserva en bo estado xa se pode escoitar na páxina web do Consello da Cultura Galega // Despois de 40 anos nos escenarios, unha das bandas galegas máis emblemáticas dos anos da movida, Siniestro Total, anuncia o seu adeus. 15-02-2021
O concello ourensán, un dos máis envellecidos de Europa, suma veciños coa pandemia.
Fiscalía e acusacións manteñen a petición de prisión permanente para a nai de Desirée, a nena asasinada en Muimenta. A defensa solicita a absolución // Os datos da pandemia confirman a tendencia á baixa da sexta onda // San Xoán de Río, un municipio de Ourense de 500 veciños, gaña por primeira vez habitantes tras décadas perdendo poboación // Catro premios Goya na gala do cine español que mostran a boa situación na que se atopa o audiovisual galego. 14-02-2022
Logo do paso dunha fronte este domingo, o día máis chuvioso no que levamos de ano, hoxe os ceos seguirán parcialmente cubertos con chuvascos máis intensos e frecuentes durante a mañá. A cota de neve nos 800 metros ascende pola tarde a 1.000. 14-02-2022
Fiscalía e acusacións manteñen a petición de prisión permanente para a nai de Desirée, a nena asasinada en Muimenta. A defensa solicita a absolución // Os datos da pandemia confirman a tendencia á baixa da sexta onda. Seguen reducíndose os casos activos, que xa son menos de 40.000 // San Xoán de Río, un municipio de Ourense de 500 veciños, gaña por primeira vez habitantes tras décadas perdendo poboación // Chechu Salgado, Xosé Zapata, Chelo Loureiro e Zeltia Montes. Catro premios Goya na gala do cine español que mostran a boa situación na que se atopa o audiovisual galego. 14-02-2022Fiscalía e acusacións manteñen a petición de prisión permanente para a nai de Desirée, a nena asasinada en Muimenta. A defensa solicita a absolución // Os datos da pandemia confirman a tendencia á baixa da sexta onda. Seguen reducíndose os casos activos, que xa son menos de 40.000 // San Xoán de Río, un municipio de Ourense de 500 veciños, gaña por primeira vez habitantes tras décadas perdendo poboación // Chechu Salgado, Xosé Zapata, Chelo Loureiro e Zeltia Montes. Catro premios Goya na gala do cine español que mostran a boa situación na que se atopa o audiovisual galego. 14-02-2022
Fiscalía e acusacións manteñen a petición de prisión permanente para a nai de Desirée Leal. A defensa solicita a absolución // Os datos da pandemia confirman a tendencia á baixa da sexta onda // San Xoán de Río, un municipio de ourense de 500 veciños, gaña por primeira vez habitantes tras décadas perdendo poboación // Chechu Salgado, Xosé Zapata, Chelo Loureiro e Zeltia Montes. Catro premios Goya na gala do cine español que mostran a boa situación na que se atopa o audiovisual galego. 14-02-2022
O xulgado de Tui chama a declarar como investigado ao ex noivo de Déborah Fernández. A familia da moza viguesa que apareceu morta nunha cuneta no Rosal, en 2002, levaba anos reclamando que se lle tomase declaración ao que eles consideran como principal sospeitoso. // A Xunta vai investir 83 millóns07300de euros nos vindeiros dous anos para o plan de saúde mental da era poscovid. // Chega o entroido e chega a época dos cocidos. Na Coruña hai un restaurante que esta fin de semana prepara us 300 menús coa idea axudar a unha ong que se dedica en Honduras a escolarizar nenos. // Os galegos Luís Tosar e Javier Gutiérrez están entre os nominados nos Goya á mellor interpretación masculina. "El Buen Patrón "de Fernando León de Aranoa, destaca, con 20 nominacións. Entre elas, a do pontevedrés Celso Bugallo, candidato a mellor actor de reparto. 11-02-2022
A música tradicional galega, en auxe tralo éxito do trío de pandeireteiras no Benidorm Fest, onde foron as grandes favoritas do público.
Quedamos nunha zona intermedia entre as altas e as baixas presións. Os ceos están parcialmente cubertos coa posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional. As temperaturas mínimas ascenden mentras que as máximas sofren un lixeiro descenso. 11-02-2022
Bares, restaurantes e locais de lecer nocturno seguirán a pedir Certificado covid durante outras dúas semanas máis. O Tribunal Superior autoriza a petición da Xunta, mentres o sector ve como desaparece esta noite a limitación de horarios. // Tódolos os indicadores da sexta vaga coinciden hoxe á baixa: hai menos casos activos, menos contaxios diarios e menos persoas ingresadas nos hospitais, tanto en pranta como nas UCi. // Dúas xeracións de investigadoras falan sobre a sua vocación e a desigualdade á que se enfrontan para desenvolver as suas carreiras, no Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia. // Dispárase a venda de pandeiretas e a demanda de clases para aprender a bailar, cantar e tocar coma elas. É o fenómeno Tanxugueiras, tralo seu exitoso paso polo Benidorm Fest, que aumenta o interese pola música tradicional especialmente entre os escolares. 11-02-2022
Bares, restaurantes e locais de lecer nocturno seguirán a pedir Certificado covid durante outras dúas semanas máis. O Tribunal Superior autoriza a petición da Xunta, mentres o sector ve como desaparece esta noite a limitación de horarios. // Tódolos os indicadores da sexta vaga coinciden hoxe á baixa: hai menos casos activos, menos contaxios diarios e menos persoas ingresadas nos hospitais, tanto en pranta como nas UCi. // Dúas xeracións de investigadoras falan sobre a sua vocación e a desigualdade á que se enfrontan para desenvolver as suas carreiras, no Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia. // Dispárase a venda de pandeiretas e a demanda de clases para aprender a bailar, cantar e tocar coma elas. É o fenómeno Tanxugueiras, tralo seu exitoso paso polo Benidorm Fest, que aumenta o interese pola música tradicional especialmente entre os escolares. 11-02-2022
Deixou de ser obrigatoria en espazos exteriores, pero boa parte da xente segue levándoa por precaución. O decreto que entrou en vigor a pasada medianoite deixa sen efecto unha das medidas máis controvertidas do Goberno que criticaron moitos expertos
Xunta recomenda seguir con ela nos recreos mentres non remate a vacinación completa dos nenos. Adopta esta recomendación seguindo o criterio do subcomité clínico e aclara que cumprirá co remate da obriga de levala no resto dos casos
Un paso máis no camiño da normalidade: A Xunta pon fin ás restricións horarias na hostalaría e anuncia que bares, restaurantes e locais de lecer nocturno poderán recuperar os horarios habituais de peche a partir desta fin de semana.// Mobilización das enfermeiras, ante o deterioro, din, da Atención Primaria, esixíndolle a Sanidade máis persoal e mellores condicións de traballo. Denuncian o abandono dos centros de saude. //. A siquiatra que atendeu a acusada do crime de Muimenta declara no xuízo que cree que a muller sofría un cadro sicótico, pero non pode asegurar que lle afectara no momento do crime. // Ana Peleteiro, elexida mellor atleta do ano en España. O trofeo é outorgado a partir dunha enquisa na que participaron representantes de deporte, xuices, directivos, adestradores, e xornalistas especializados. 10-02-2022
Unha fronte vai pasando sobre toda Galicia, conforme avanza o día. Os ceos están cubertos con algunhas precipitacións, máis probables na metade oeste, e que poden ser localmente intensas, sobre todo a última hora. As temperaturas máximas descenden lixeiramente. 10-02-2022