Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A dificultades de distribución nóntanse xa nos estantes baleiros dos almacéns. A industria e a construción, entre os sectores máis afectados pola falla de suministros, un problema que afecta tamén a algúns produtos de consumo. // A escalada de prezos da enerxía e outros bens básicos desata protestas. As asociacións galegas de hostalaría anuncian que pararán o próximo luns para denunciar o que consideran unha situación insostible. // A defensa de Ana Sandamil recorre ao TSXG a condena a prisión permanente revisable polo asasinato da súa filla Desiré, ocorrido en 2019 en Muimenta. // A partir de hoxe, Meteogalicia vai dar información diferenciada por tramos de un kilómetro, no canto dos catro quilómetros de aproximación que viña ofrecendo ata agora. Os novos modelos e sistemas informáticos usados polo organismo fará posible discernir con máis exactitude o tempo que imos ter en cada punto concreto. 23-03-2022

Hoxe diminue a inestabilidade, polo que temos ceos con alternancia de nubes e claros, sen descatar algún chubasco ocasional. As temperaturas con lixeiros ascenso nas máximas, sobre todo no oeste, onde se chegará aos 21 graos. 23-02-2022

Escaseza de produtos nos estantes dos almacéns polas dificultades de distribución, que afectan tamén a sectores da industria e a construcción. A maior cooperativa agraria galega ten que desbotar nabizas e leitugas ao non poder levalas ao mercado. // Nova xornada de mobilización dos transportistas, cunha menor actividade de piquetes. Hai doce detidos ata agora en relación co conficto e as forzas de seguridade din que levan protexido uns 2.000 recorridos. // Todas as denomiacións de orixe e as indicacións xeográficas de viño de Galicia, xuntas por primeira vez en Revera Vinum, en Santiago. Un certame dirixido a afeccionados e profesionais da restauración para dar a coñecer o potencial do sector. // O carballo de Conxo resulta segundo na votación para ser nomeado árbore europea do ano, logo de recibir o apoio de 168 mil votos, só once mil por detras do vencedor: o carballo de Dunin, en Polonia. 23-03-2022

A alcaldesa de Cedeira, asasinada. Así dá arranque, na ficción, a complexa trama policial de "Rapa", a nova serie rodada e producida en Galicia, dirixida por Jorge Coira e Elena Trapé, que hoxe se estrea ante o público no festival de cine de Málaga.

Os transportistas colapsan a Cidade de Lugo, na maior mobilización desplegada ata agora en Galicia polo sector. Rexeitan así a oferta do Goberno ás asociacións maioritarias, mentres os mercados empezan a notar os efectos da escaseza, especialmente dalgúns produtos. // O sector lácteo é un dos máis afectados.Algunhas empresas coma Danone,xa anunciaron que pararán a partir de mañá, deixando de recoller leite, e outras están en perigo de ter que facelo tal como acaba de confirmar en Vilalba o representante da empresa Lactalis para España. // Hoxe conmemórase o Día mundial da auga, que este ano está dedicado a pór en valor a importancia das augas subterráneas. En Ourense estano a celebrar con talleres de ioga termal por ser a segunda cidade de Europa con maior caudal de augas mineiromedicinais. 22-03-2022

A borrasca atlántica afecta hoxe a toda Galicia, polo que os ceos están nubrados con chuvascos que son máis probables no litoral e especialmente no sur, e que se irán xeneralizado pola tarde a todo o territorio. As temperaturas, en lixeiro descenso. 22-03-2022

A Cidade de Lugo, colapsada por máis de mil vehículos, na maior mobilización desplegada ata agora polos transportistas en Galicia. Manifestan así o seu rexeitamento a oferta do Goberno ás asociacións maioritarias. // O presidente da Xunta pide un plan de continxencia coa intervención do Exército. Nunha comparecencia urxente no Parlamento, a petición do BNG, Feijóo reclama corredores seguros para alimentos. // A difusión dunhas declaracións da comisaria de Pontevedra, Estíbaliz Palma, nas que decía que xa que gostaría a algunha ser violada por un antidisturbios, provocan o seu cesamento. // O asasinato da alcaldesa de Cedeira, da arranque, na ficción, a unha complexa trama policial. É a nova serie Rapa, rodada e e producida en Galicia, dirixida por Jorge Coira e Elena Trapé, que hoxe se estrea no festival de cine de Málaga. 22-03-2022

Centos de camións percorren as rúas nas principais cidades pedindo rebaixas no prezo do combustible, entre outras medidas.

Grandes Camións, pero tamén furgonetas de reparto, tractores e ata vehículos forestais, en marcha polas cidades. É a nova mobilización, na oitava xornada de paro dos transportistas. // O presidente da Xunta tamén se referíu ao conficto do transporte. Acusou ao Goberno Central de adicarse a insultar aos traballadores en vez de buscar solucións e criticou que non se adoptaran medidas para evitar o conflicto antes de chegar a actual situación. // O Novo Hospital Clínico da Coruña será a obra sanitaria máis importante desta lexislatura. Contará con 255 mil metros cadrados. Terá un pavillón de docencia e investigación, e tamén un amplo patio e un xardín climático, onde haberá cafetería, auditorio e capelas. // No Día Mundial da Síndrome de Down poñemos o foco no ciclista Borja Gómez. Ten 19 anos, participa en campionatos nacionais de ciclocross e acaba de chegar de Bélxica dunha carreira para persoas con discapacidade. 21-03-2022

A semana comenza baixo a influencia dunha borrasca situada ao sur de Portugal. Ceos parcialmente cubertos con chuvascos illados e ocasionais, máis probables no sur, anque estendéndose cara ao norte pola tarde. As temperaturas sen cambios significativos, en valores suaves con máximas por riba dos 21 graos. 21-03-2022

Nova exhibición de forza dos transportistas, en paro. Centos de camións percorren as rúas nas principais cidades, logo de concentrarse nos polígonos. // Representantes dos gandeiros fixeron notar a sua protesta diante da Delegación do Goberno. Din sentirse reféns da mobilización, e Piden medidas urxentes para evitar o risco de mortandade dos animais. // Cerca de 42.000 militantes inscritos, participan hoxe nas eleccións primarias para renovar a dirección do Partido Popular, con Alberto Núñez Feijóo como candidato único.. // Declara ante o xuíz o home acusado de matar a unha muller ao colisionar voluntariamente o seu vehículo contra o dela, en Barro, Pontevedra. A vítima manifestara sentirse acosada por él. 21-03-2022

As mobilizacións de transportistas continúan, pese a maior intervención das forzas da orde. Aumentan as empresas que teñen que deixar de producir por falla de suministros, dende a industria ata a construcción. // A Xunta elimina, a partir do luns, a recomendación de usar máscara nos patios dos colexios. O 95 por 372cento da poboación galega ten xa a pauta completa. // Dentro dunha hora, os Reis de España acompañados do Ministro de Pesca ,vanse reunir en Marin cos familiares dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo. Será antes de presidiren o funeral colectivo. // Pontedeume pon en marcha visitas nocturnas teatralizadas para recuperar a antiga figura do sereno. Cunha peculiaridade: esta vez non é sereno, senón serena. As visitas, gratuitas, e están a ter tanto éxito que o Concello xa ampliou datas. 18-03-2022

Un camión con escolta policial para recoller o lixo nas rúas da Coruña, logo de ser declarada na cidade a alerta sanitaria. Logo dunha semana de incidentes, con sabotaxes e contedores queimados, nin a empresa nin os sindicatos seguen a ofrecer unha explicación.. // A Policía Autonómica desartellou unha organización que chegou a elaborar máis de 4.000 certificados falsos de PCRs e antíxenos, a traves de clínicas ilegais nas provincias da Coruña e Pontevedra. // A Illa de Tambo, na ría de Pontevedra, pasa a ser de xestión municipal, logo de 25 anos de reclamacións, unha vez cedido o seu uso polo Ministerio de Defensa. // O entroido chega ao día máis grande con espectaculares celebracións coma o desfile das madamas e galans, na localidade de Cobres, en Vilaboa, unha tradición que se transmite de pais a fillos. 01-03-2022

As precipitacións chegan hoxe a todo o territorio. Temos ceos nubrados en xeral con choivas máis persistentes nas comarcas atlánticas que se van facendo xeralizadas. As temperaturas máximas en lixeiro descenso. 01-03-2022

Un camión con escolta policial para recoller o lixo nas rúas da Coruña, logo de ser declarada na cidade a alerta sanitaria. Logo dunha semana de incidentes, con sabotaxes e contedores queimados, nin a empresa nin os sindicatos seguen a ofrecer unha explicación.. // A Policía Autonómica desartellou unha organización que chegou a elaborar máis de 4.000 certificados falsos de PCRs e antíxenos, a traves de clínicas ilegais nas provincias da Coruña e Pontevedra. // A Illa de Tambo, na ría de Pontevedra, pasa a ser de xestión municipal, logo de 25 anos de reclamacións, unha vez cedido o seu uso polo Ministerio de Defensa. // O entroido chega ao día máis grande con espectaculares celebracións coma o desfile das madamas e galans, na localidade de Cobres, en Vilaboa, unha tradición que se transmite de pais a fillos. 01-03-2022

Día é hoxe típicamente primaveral con ceos pouco nubrados ou despexados en xeral que van con temperaturas en ascenso. As máximas van dende os 17 graos de Santiago ata 22 en Vigo. Mañá aumentará a inestabilidade que pode deixar algunha precipitación, mesmo de caracter treboento. 18-03-2022