Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Semana Santa marca o regreso dos peregrinos chegados de outros países. Os camiños de Santiago recuperan a afluencia habitual, anque, din no sector, hai moita ocupación nos albergues pero, de momento, pouco gasto na hostalaría. // No día da Atención primaria, médicos especialistas e tamén os usuarios, reclaman medidas para recuperar o atasco asistencial tras dous anos cos servizos afectados pola pandemia. // Galicia leva enviadas xa máis de 300 toneladas de axuda humanitaria a Ucraína. A Xunta habilita unha unha oficina itinerante con tradutores para prestarlle asesoramento as 1.400 persoas refuxiadas dese país acollidas aqui. // A virxe da Esperanza volveu saír a rúa, en Lugo, tras dous anos. A armada de Ferrol acompañou o seu paso e interpretou ao final do percorrido a tradicional salve mariñeira. 12-04-22

A Semana Santa marca o regreso dos peregrinos chegados de outros países. Os camiños de Santiago recuperan a afluencia habitual, anque, din no sector, hai moita ocupación nos albergues pero, de momento, pouco gasto na hostalaría. // No día da Atención primaria, médicos especialistas e tamén os usuarios, reclaman medidas para recuperar o atasco asistencial tras dous anos cos servizos afectados pola pandemia. // Galicia leva enviadas xa máis de 300 toneladas de axuda humanitaria a Ucraína. A Xunta habilita unha unha oficina itinerante con tradutores para prestarlle asesoramento as 1.400 persoas refuxiadas dese país acollidas aqui. // A virxe da Esperanza volveu saír a rúa, en Lugo, tras dous anos. A armada de Ferrol acompañou o seu paso e interpretou ao final do percorrido a tradicional salve mariñeira. 12-11-22

Afluencia masiva ás procesións e rúas ateigadas. É o Arranque da Semana Santa na que se recuperan moitas das actividades previas á pandemia, co fin das restricións e a volta á normalidade do turismo. // A Banda da Armada de Ferrol volve a Lugo a participar na procesión da virxe da Esperanza esta tarde. As tropas foron recibidas no concello e Honraron aos soldados españois que perderon a súa vida en acto de servizo e desfilaron na praza maior. // Aquí medra a lingua" é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega que pon o foco na dinamización lingüística que xa ten colleitado resultados positivos en varios institutos de Galicia. // Falece Xulio Maside, unha das figuras da pintura galega da segunda mitade so século XX. Foi tamén un gran activista cultural en Santiago, a cidade na que morreu. // 11-04-2022

Xornada de ceos cubertos e precipitacións como efecto do paso da Borrasca Evelyn. Chuvascos máis frecuentes e intensos na franxa atlántica. As temperatuas mínimas suben e as máximas tenden á baixa. Aviso amarelo por mar de fondo no litoral. 11-04-2022

Afluencia ás primeiras procesións e rúas ateigadas, no Arranque da Semana Santa na que está previsto recuperar todas as actividades previas á pandemia. A hostalaría celebra o remate das restricións. // O Partido Popular de Galicia despexa xa cómo será o proceso de sucesión de Núñez Feijóo. Un congreso extraordinario elexirá por aclamación ao novo lider. O principal candidato, Alfonso Rueda, apoia a fórmula. // Pacientes e asociacións piden máis recursos para investigar no día Mundial do Parkinson unha enfermidade que ten en Galicia unha incidencia de 200 enfermos por cada 100.000 habitantes, con tendenza á alza. // Obxetos de uso cotián inspirados en obras de Dalí, Man Ray ou Le Corbusier. É a relación entre o surrealismo e o deseño ao longo do último século, na Exposición antolóxica que xa está aberta ao público no Museo Gaiás. 11-04-2022

Afluencia ás primeiras procesións e rúas ateigadas, no Arranque da Semana Santa na que está previsto recuperar todas as actividades previas á pandemia. A hostalaría celebra o remate das restricións. // O Partido Popular de Galicia despexa xa cómo será o proceso de sucesión de Núñez Feijóo. Un congreso extraordinario elexirá por aclamación ao novo lider. O principal candidato, Alfonso Rueda, apoia a fórmula. // Pacientes e asociacións piden máis recursos para investigar no día Mundial do Parkinson unha enfermidade que ten en Galicia unha incidencia de 200 enfermos por cada 100.000 habitantes, con tendenza á alza. // Obxetos de uso cotián inspirados en obras de Dalí, Man Ray ou Le Corbusier. É a relación entre o surrealismo e o deseño ao longo do último século, na Exposición antolóxica que xa está aberta ao público no Museo Gaiás. 11-04-2022

A hostalaría queda en Galicia sen restricións, ao decaer a distancia obrigatoria e limitación do número de comensais por mesa. Mantense a obriga de levar máscara cando non se consume, e o certificado para visitar as residencias e pacientes hospitalizados. // Satisfacción nos colectivos contra a droga trala Operación Munari, que segue aberta. Policía, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira desartellaron a maior organización dedicada á construción de narcolanchas para transportar fardos en alta mar. // A compañía Excéntricas estre a esta noite en Santiago a versión teatral da obra "O porco de pe" de Vicente Risco. A posta en escena fai do espectador un membro máis da representacion, tal como explica o director, Quico Cadaval. // O tribunal supremo decidíu admitir a trámite os recursos presentados polo concello de Santiago contra a sentenza que otorga a Familia Franco a propiedade das estatuas do Pórtico da Gloria que ten no seu poder.// 08-04-2022

Unha fronte fría atravesa hoxe Galicia, con precipitacións intensas e xeneralizadas, que a partir da tarde quedan en forma de chubascos intermitentes. Hai refachos fortes de vento sobre todo nas zonas altas e no litoral. 08-04-2022

Os acusados de integrar a banda que fabricaba lanchas para o narcotráfico, comenzan a declarar. Hoxe pasaron a disposición xudicial en Cambados 12 dos detidos, entre eles o suposto lider, Pablo Vázquez. // Chega a operación especial de Tráfico dunha Semana Santa na que se prevé recuperar as cifras de desprazamentos previas á pandemia. // A Fundación do Secretariado Xitano presenta á valedora do pobo un informe con máis de máis de 300 casos de racismo e discriminación A maioría das denuncias refírense á administración da xustiza, o acceso á vivenda ou insultos nas redes. // Xabier Díaz empeza unha nova etapa musical, coa estrea do disco "Levantarse e caer" e o arranque dunha xira por Galicia. Con guitarra, acordeón e zanfona trae cancións de berce, porque o traballo, creado durante a pandemia, di supúxolle unha volta á nenez. 08-04-2022

Os acusados de integrar a banda que fabricaba lanchas para o narcotráfico, comenzan a declarar. Hoxe pasaron a disposición xudicial en Cambados 12 dos detidos, entre eles o suposto lider, Pablo Vázquez. // Chega a operación especial de Tráfico dunha Semana Santa na que se prevé recuperar as cifras de desprazamentos previas á pandemia. // A Fundación do Secretariado Xitano presenta á valedora do pobo un informe con máis de máis de 300 casos de racismo e discriminación A maioría das denuncias refírense á administración da xustiza, o acceso á vivenda ou insultos nas redes. // Xabier Díaz empeza unha nova etapa musical, coa estrea do disco "Levantarse e caer" e o arranque dunha xira por Galicia. Con guitarra, acordeón e zanfona trae cancións de berce, porque o traballo, creado durante a pandemia, di supúxolle unha volta á nenez. 08-04-2022

Posibilidade de acordos sobre política exterior e na renovación da cúpula do Poder Xudicial. Son as conclusións de Núñez Feijóo do seu primeiro encontro con Pedro Sánchez como lider da oposición. // A consellería de Sanidade respaldu tamén no consello interterritorial de saúde o acordo para a retirada das máscaras nos interiores que se fará efectiva a partir do día vinte de abril, con algunhas excepcións. // Na Coruña, a Policía mantén aberta a investigación sobre o presunto intento de secuestro dunha menor á saída dun colexio da cidade // Esta tarde inaugúrase na Cidade da Cultura 'Obxectos de desexo'. Unha exposición sobre a relación e o intercambio entre arte surrealista e deseño, ao longo dos últimos cen anos. Unha escolma de case trescentas pezas, con obras icónicas asinadas por Salvador Dalí, Man Ray ou Le Corbusier, entroutros. 07/04/2022

Temos ceos cubertos con máis nubes na metade oeste onde as chuvias febles e intermitentes van gañando intensidade co avance do día. As temperaturas mínimas experimentaron un notable ascenso, mentres que as máximas sofren lixeiros descensos. 07/04/2022

Primeiro encontro de Pedro Sánchez con Núñez Feijóo como lider da oposición. Unha xuntanza, na Moncloa, que vai xa para preto de tres horas. Na axenda, exploran a posibilidade de chegar a acordos en temas como a resposta a crise, a política exterior e a renovación do Poder Xudicial.. // o sector turístico prepárase para unha Semana Santa na que agarda mellorar os resultados do ano pasado, cunha previsión de ocupación entre o 60 e o 80 por cento. Nos establecementos de turismo rural nos Camiños de Santiago e zonas como a Costa da Morte e a Ribeira Sacra as reservas están xa ao completo.Familias ucraínas que foxen da guerra revitalizan a Galicia rural. San Xoan de Río, o concello máis avellentado da comunidade, acolle un grupo de refuxiados entre os que hai 18 menores, que deben ser escolarizados en Trives. 07/04/2022

Primeiro encontro de Pedro Sánchez con Núñez Feijóo como lider da oposición. Unha xuntanza, na Moncloa, que vai xa para preto de tres horas. Na axenda, exploran a posibilidade de chegar a acordos en temas como a resposta a crise, a política exterior e a renovación do Poder Xudicial.. // o sector turístico prepárase para unha Semana Santa na que agarda mellorar os resultados do ano pasado, cunha previsión de ocupación entre o 60 e o 80 por cento. Nos establecementos de turismo rural nos Camiños de Santiago e zonas como a Costa da Morte e a Ribeira Sacra as reservas están xa ao completo//.Familias ucraínas que foxen da guerra revitalizan a Galicia rural. San Xoan de Río, o concello máis avellentado da comunidade, acolle un grupo de refuxiados entre os que hai 18 menores, que deben ser escolarizados en Trives. 07/04/2022

Sete refuxiadas de Ucraína son acollidas polo club de Voleibol Emevé de Lugo. Eran xogadoras de balónvolea no seu país e agora adestran co equipo lugués, que tamén lles proporciona manutención e aloxamento, ademáis da escolarización para as máis pequenas, co apoio de toda a cidade.

Con Pedro Sánchez entre os que pulsan o botón simbólico, comenza o corte de chapa para o maior encargo da historia do estaleiro de Ferrol: as Fragatas F110, que contarán con sistema de lanzamento vertical de mísiles, tecnoloxía de ciberseguridade e sensores de última xeración. // Alberto Núñez Feijóo entrevistase esta tarde co Rei Felipe VI en calidade de novo presidente do PP, mentres o partido en Galicia debate cómo afrontar a sua sustitución, se convocar un congreso extraordinario para nomear un novo lider e se debe ser a mesma persoa que ocupe a presidencia da Xunta. // O fiscal dá credibilidade á versión do mariñeiro Samuel Kwesi fronte á do capitán no naufraxio da 'Vila de Pitanxo. e advirte que a declaración deste lle suscita dúbidas sobre algúns dos extremos, como a parada do motor do buque. 06-04-2022

Situación intermedia entre altas presións sobre Azores e baixas sobre as Illas Británicas. Ceos parcialmente nubrados coa posibilidade dalgunha chuvia feble e ocasional en puntos do litoral. As temperaturas mínimas ascenderon lixeiramente, pero aínda se rexistraron algunhas xeadas. 06-04-2022

Arranca, coa intervención simbólica de Pedro Sánchez, a construción das Fragatas F110 en Ferrol, dotadas coa tecnoloxía de misiles e ciberseguridade máis avanzada. Será o maior encargo da historia do estaleiro, con máis de 4.000 millóns de euros de investimento. // O Partido Popular de Galicia prepara a substitución de Alberto Núñez Feijóo, que esta tarde se entrevistará co Rei Felipe VI. // 12 persoas polo menos detidas en Galicia, acusadas de integrar unha organización especializada en construir lanchas rápidas destinadas ao narcotráfico. O operativo policial céntrase en instalacións da comarca do Salnés. // O depósito de resíduos para reciclar aumenta en Galicia un 2 por cento e acada unha media de 30 quilos por persoa no último ano. 06-04-2022