Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Día de Volta a clase en Galicia para os alumnos galegos de infantil, primaria, secundaria e Bacharelato, que por primeira vez non chegan aos 300.000. Son uns 4.600 menos que o curso anterior, debido ao descenso demográfico | O grupo Inditex presenta un novo récord de beneficios, preto de 3.000 millóns de euros no primeiro semestre do ano, un incremento de case o sete por cento, cunhas vendas que roldan os 20.000 millóns. Cifras que amosan a fortaleza da multinacional con sede en Arteixo, que prevé investir 2.500 millóns ao longo deste ano | Marc Casadó é xa novo xogador do Deportivo. O centrocampista chega cedido polo FC Barcelona ata xuño de 2027, con opción de compra. O Dépor destaca que con él suma un xogador asentado no fútbol de máximo nivel, con dous títulos de Liga e que ten vestido xa en dúas ocasións a camiseta da selección absoluta | Os datos de Meteogalicia confirman que este verán e o máis cálido do que se teñen rexistros, cunha anomalía térmica de 2´3 graos e ata 33 xornadas con avisos por calor. A Chuvia na última semana de agosto axudou a equilibrar o déficit hidrolóxico. 09-09-2026

Os roubos ocorridos nas últimas semanas en museos como o de Villena ou Albacete están a causar preocupación na rede museística galega. A Deputación de Lugo pediu á Subdelegación do Goberno que reforce a seguridade na contorna do museo provincial.

Vigo será a terceira cidade galega en aplicar a taxa turística trala Coruña e Santiago. Entrará en vigor a partir do próximo 1 de outubro tras a súa aprobación en pleno. Os prezos irán dende os 80 céntimos aos dous euros por persoa e día, dependendo do tipo de aloxamento.

Volven as chuvias coa entrada unha fronte polo noroeste. Descenden tamen, de xeito notable, as temperaturas máximas que hoxe apenas chegan aos 20 graos, 25 en Ourense, Nunha xornada na que mesmo Aemet ten activada a alerta amarela por chuvia | Caída histórica do rendemento escolar. Así o reflicten os datos do informe PISA que falan dun retroceso global. En concreto, na nosa comunidade, trátase do nivel máis baixo en 20 anos, en matématicas, ciencias e comprensión lectora | A Xuíza do Tribunal de Instancia de Santiago informa favorablemente á tramitación do indulto para Francisco Javier Garzón, o maquinista do tren Alvia, que descarrilou en 2013 na curva de Angrois| A Xunta pon en marcha un novo plan para abordar a saúde mental. Dotado con 177 millóns de euros, ten o obxectivo de mellorar a atención, co foco posto nos colectivos máis vulnerables: adolescentes ou maiores que sofren soidade non desexada. 08-09-2026

Volven as chuvias, conforme entra unha fronte polo noroeste ao longo da mañá. Precipitacións que se estenden cara ao interior aínda que máis intensas no litoral noroeste e zonas altas. Descenso notable das temperaturas máximas que hoxe apenas chegarán aos 20 graos, 25 en Ourense. 08-09-2026

Caída histórica do rendemento escolar. Así o reflicten os datos do informe PISA que falan do maior retroceso tanto en comprensión lectora como en matemáticas e ciencia | A xuíza do caso do accidente do Alvia informa positivamente sobre o indulto ao maquinista | Inicio do curso nas tres universidades galegas. A apertura oficial, nun acto en Vigo | A Xunta dedicará máis de 170 millóns de euros á posta en marcha do novo plan para a saúde mental | A consellería de Cultura analiza as necesidades de seguridade e revisa os protocolos de prevención dos museos galegos. 08-09-2026

Galicia non se libra dos malos resultados xeneralizados do informe PISA, que mide as competencias dos alumnos en comprensión lectora, ciencias e matemáticas. Os datos publicados hoxe supoñen o peor retroceso educativo da historia na nosa comunidade, cunha caída de 20 puntos de media | Inicio do curso nas tres universidades galegas. A apertura oficial, nun acto en Vigo. Os estudos de Medicina comenzan a aplicar o acordo para a descentralización da docencia práctica | A Xunta dedicará máis de 170 millóns de euros á posta en marcha do novo plan para a saúde mental. Aposta por ampliar as unidades adicadas a trastornos de conducta alimentaria e a atención a colectivos como adolescentes ou maiores que sofren soidade non desexada | Tralos roubos de patrimonio noutras comunidades, a consellería de Cultura analiza as necesidades de seguridade e revisa os protocolos de prevención dos museos galegos. Os responsables do museo provincial de Lugo destacan o especial valor dalgunhas pezas que albergan, como o torques de Burela. 08-09-2026

A organista en activo máis lonxeva do mundo, a barcelonesa Montserrat Torrent, clausurou a trixésimo séptima edición do Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense. Para a terceira vez que tocaba o órgano máis antigo de Galicia escolleu un repertorio de obras barrocas. O caso desta muller é excepcional porque en abril cumpriu cen anos e dende hai más de tres décadas está xorda total.

Baiona comeza a recibir subministro de auga para abastecemento do encoro vigués de Zamáns. Ante o estado crítico da presa de Baíña, por debaixo de 30 por cento da súa capacidade, o Concello mantén as medidas estritas de aforro como prohibición de echer piscinas, regar xardíns ou o peche de duchas nas praias.

Baiona comenza a recibir subministro de auga para abastecemento do encoro vigués de Zamáns. Os problemas de escaseza de auga fan que o concello do Val Miñor manteña en vigor as medidas estritas de aforro como prohibición de echer piscinas, regar xardíns ou o peche de duchas nas praias | A dous días do comezo do novo curso, o consello da Xunta aproba Un programa de reforzo extraescolar para alumnos de sexto de primaria, que facilitará a súa transición a secundaria | Os prezos da vivenda aumentan ata o 12´9 por cento interanual no segundo trimestre, por riba da media do conxunto de España, segundo o Indice que hoxe publica o Instituto Nacional de Estatística | Os recentes roubos en museos de outras comunidades pon en garda as estas institucións. En Galicia o tesouro de Caldas, no Museo de Pontevedra, a maior colección de ouro coñecida na prehistoria europea. 07-09-2026

Despois dunha fin de semana de moita calor, de novo baixan as temperaturas. Así é todo as máximas aínda chegan aos 27 graos nas Rías Baixas e Santiago, a 29 en Lugo e a 34 en Ourense. Na Coruña quedan no entorno dos 23 e sobre os 25 en Ferrol. Tarde de ceos despexados antes de mañá unha fronte traiga de novo algo de chuvia . 07-09-2026

Baiona comenza a recibir subministro de auga para abastecemento do encoro vigués de Zamáns | O prezo da vivenda libre aumentou en Galicia un 12´9 por cento no segundo trimestre, en relación co mesmo período do ano pasado | A dous días do comezo do novo curso, o consello da Xunta aproba Un programa de reforzo extraescolar para alumnos de sexto de primaria | O Deportivo afianza o seu bo arranque no regreso á primeira división cun novo triunfo, por 2 a 3 en Villareal | O tesouro de Caldas, composto por 41 pezas, con mais de 3200 anos de antiguidade, constitúe a maior colección de ouro coñecido na prehistoria europea. 07-09-2026

Baiona comenza a recibir subministro de auga para abastecemento do encoro vigués de Zamáns. Ante o estado crítico da presa de Baíña, O concello mantén as medidas estrictas de aforro como prohibición de echer piscinas, regar xardíns ou o peche de duchas nas praias | O prezo da vivenda libre aumentou en Galicia un 12´9 por cento no segundo trimestre, en relación co mesmo período do ano pasado, segundo o Índice que hoxe publica o Instituto Nacional de Estatística. No que vai de ano, o aumento dos prezos supera o 7 por cento | O Deportivo afianza o seu bo arranque no regreso á primeira división cun novo triunfo, por 2 a 3 en Villareal. O conxunto coruñés remonta co protagonismo especial do dianteiro Pierre Aubameyang | O tesouro de Caldas, composto por 41 pezas, con mais de 3200 anos de antiguidade, constitúe a maior colección de ouro coñecido na prehistoria europea. Está custodiado no Museo de Pontevedra, en garda tralos recentes roubos noutros museos de España. 07-09-2026

O Consello de Política Fiscal aproba a reforma do financiamento autonómico á que se opón a Xunta por non ter en conta o envellecemento e a dispersión da poboación, nin estar negociada coas comunidades | Os libros de texto son un dos principais gastos para as familias nestas datas. Cada vez máis recorren a internet para compralos, por prezo ou comodidade. Pero hai librarías de toda a vida que resisten fronte a Amazon | A organista en activo máis lonxeva do mundo, a barcelonesa Montserrat Torrent, vai clausurar o Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense. 04-09-2026

Media Galicia está en alerta por calor agás as zonas de costa. As temperaturas subiran aínda máis neste inicio da fin de semana na que continuaremos con influencia anticiclónica, mañá con posibilidade de treboadas e o domingo co aire cálido retirándose da comunidade. Hoxe os termómetros poden superar os 34 graos no interior da Coruña, os 36 en boa parte de Lugo e en Ourense poderían acadar os 40. 04-09-2026

O Consello de Política Fiscal aproba a reforma do financiamento autonómico á que se opón a Xunta | Os libros de texto son un dos principais gastos para as familias nestas datas. Cada vez máis recorren a internet. Pero hai librarías de toda a vida que resisten a Amazon | O Celta avanza lento. Sacou un punto do empate a ceros contra a Real Sociedade, que apenas lle vale para escapar da zona fonda da clasificación. O Deportivo enfróntase mañá ao Villarreal | A organista en activo máis lonxeva do mundo, Montserrat Torrent, vai clausurar o Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense. 04-09-2026

O Consello de Política Fiscal aproba a reforma do financiamento autonómico á que se opón a Xunta por non ter en conta o envellecemento e a dispersión da poboación, nin estar negociada coas comunidades | Os libros de texto son un dos principais gastos para as familias nestas datas. Cada vez máis recorren a internet para compralos, por prezo ou comodidade. Pero hai librarías de toda a vida que resisten fronte a Amazon | O Celta avanza lento. Sacou un punto do empate a ceros contra a Real Sociedade, que apenas lle vale para escapar da zona fonda da clasificación. O Deportivo enfróntase mañá ao Villarreal | A organista en activo máis lonxeva do mundo, a barcelonesa Montserrat Torrent, vai clausurar o Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense. 04-09-2026

É unha muller excepcional non só por ter cen anos senón tamén porque está completamente xorda.

Ensaia no monsteiro de San Paio, en Santiago, as obras barrocas que vai tocar no Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía.

Comezou a estudar piano con cinco anos e con nove xa daba concertos.

Sempre tivo un ouvido privilexiado pero hai trinta anos quedou xorda e asegura que sente a música no interior.