O Informe Pisa revela unha caída histórica do nivel educativo | Empeza o curso nas tres Universidades galegas | Plan para reforzar a saúde mental
08/09/2026 00:25:01Galicia non se libra dos malos resultados xeneralizados do informe PISA, que mide as competencias dos alumnos en comprensión lectora, ciencias e matemáticas. Os datos publicados hoxe supoñen o peor retroceso educativo da historia na nosa comunidade, cunha caída de 20 puntos de media | Inicio do curso nas tres universidades galegas. A apertura oficial, nun acto en Vigo. Os estudos de Medicina comenzan a aplicar o acordo para a descentralización da docencia práctica | A Xunta dedicará máis de 170 millóns de euros á posta en marcha do novo plan para a saúde mental. Aposta por ampliar as unidades adicadas a trastornos de conducta alimentaria e a atención a colectivos como adolescentes ou maiores que sofren soidade non desexada | Tralos roubos de patrimonio noutras comunidades, a consellería de Cultura analiza as necesidades de seguridade e revisa os protocolos de prevención dos museos galegos. Os responsables do museo provincial de Lugo destacan o especial valor dalgunhas pezas que albergan, como o torques de Burela. 08-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado