Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ao principio tiñan poucas pretensións pero, en dous anos, publicaron o seu primeiro disco.

Amosaron a música celta a MIke Oldfield.

Levaron as súas composicións por todo o mundo, especialmente a América onde son moi queridos.

Naceron na cidade da Coruña en 1986.

Constituído o centro de control formado por representantes da Xunta e do goberno central para coordinar o dispositivo de seguridade de cara á eclipse do día 12 | O Río Lérez, por debaixo da metade do caudal ecolóxico recomendado para os meses de verán. Unha situación, provocada pola escaseza prolongada de precipitacións, que leva á compañía Ence a deixar de captar auga para a súa factoría | O Sergas activa o protocolo de rastrexo dos contactos do turista ao que se lle confirmou o positivo por hantavirus. Permanece illado xunto a súa familia en Galicia | A Xunta de Galicia abre un expediente contra a Ruta do Narcotráfico, una iniciativa para percorrer as rías Baixas promovida polo histórico narcotraficante Laureano Oubiña. 07-08-2026

O río Lérez, por debaixo da metade do caudal ecolóxico recomendado para os meses de verán. Ence deixa de captar auga do río para a súa factoría | O Sergas activa o protocolo de rastrexo dos contactos do turista positivo por hantavirus. Permanece illado en Galicia | Constituído o centro de control para coordinar o dispositivo de seguridade de cara á eclipse | A Xunta de Galicia abre un expediente contra a Ruta do Narcotráfico, una iniciativa para percorrer as rías Baixas promovida polo histórico narcotraficante Laureano Oubiña. 07-08-2026

O río Lérez, por debaixo da metade do caudal ecolóxico recomendado para os meses de verán. Unha situación, provocada pola escaseza prolongada de precipitacións, que leva á compañía Ence a deixar de captar auga para a súa factoría | O Sergas activa o protocolo de rastrexo dos contactos do turista ao que se lle confirmou o positivo por hantavirus. Permanece illado xunto a súa familia en Galicia | Constituído o centro de control formado por representantes da Xunta e do goberno central para coordinar o dispositivo de seguridade de cara á eclipse do día 12 | A Xunta de Galicia abre un expediente sancionador contra a Ruta do Narcotráfico, una iniciativa para percorrer as rías Baixas promovida polo histórico narcotraficante Laureano Oubiña. 07-08-2026

Os produtores de millo advirten de que a colleita deste ano podería ser a peor da última década pola escaseza de precipitacións e a intensa calor. Preocupa tamén o efecto no sector gandeiro pola escaseza dun alimento básico para o vacún.

Investigado como presunto asasinato o atropelo mortal ocorrido nun paso de peóns en Bertamiráns. A Garda Civil detivo ao condutor ao considerar que, embestíu intencionadamente á vítima | A deste ano podería ser a peor colleita de millo na última década en Galicia. Queda un mes para o ensilado e a sequidade do clima representa unha ameaza para o cultivo | Falta xa menos dunha semana para a eclipse total que atraerá a milleiros de visitantes a Galicia como lugar privilexiado para a súa observación. Na Coruña, hai semanas que as reservas en restaurantes e hoteis están case ao completo. A patronal pide negociar para desconvocar a folga da hostelería para ese día | Galicia gaña máis de 15.000 habitantes no último ano pola chegada de migrantes. A poboación total acada a cifra de 2 millóns 730.000 habitantes | En Tui un ano máis a súa catedral acolle o festival Musica no Claustro, unha iniciativa con 20 anos de historia. 06-08-2026

Loce o sol en toda Galicia, agás no extremo norte onde terán nubes baixas de estancamento, nun día no que soben as temperaturas. As máximas oscilarán entre os 25 graos da metade norte e os 30 canto máis ao sur. No interior irá máis calor, con 31 graos en Lugo e ata 35 en Ourense. 06-08-2026

Investigado como presunto asasinato o atropelo mortal ocorrido nun paso de peóns en Bertamiráns. Vítima e agresor acababan de manter unha forte discusión na vía pública | A alta demanda provoca aumento de prezos dos aloxamentos turísticos, con ofertas de apartamentos por ata 1.000 euros para esa noite | Os produtores de millo advirten de que a colleita deste ano podería ser a peor da última década pola escaseza de precipitacións e a intensa calor | Arranca O Marisquiño, o festival que dende hoxe ata o domingo converte a Vigo na capital do deporte e da música urbana. 06-08-2026

Investigado como presunto asasinato o atropelo mortal ocorrido nun paso de peóns en Bertamiráns esta madrugada. A Garda Civil detivo ao condutor que, sospeita, embestíu intencionadamente á vítima, un home de 30 anos co que acababa de manter unha forte discusión na vía pública | A menos dunha semana para a eclipse, a alta demanda provoca aumento de prezos dos aloxamentos turísticos. Na Coruña os hoteis están un 15% máis caros. E Ofértanse apartamentos e casas por ata 1.000 euros para esa noite. Os restaurantes cas mellores vistas xa non admiten máis reservas. O sector confía en que se chege a desconvocar a folga prevista para esa data | Os produtores de millo advirten de que a colleita deste ano podería ser a peor da última década pola escaseza de precipitacións e a intensa calor. Preocupa tamén o efecto no sector gandeiro pola escaseza dun alimento básico para o vacún | Mil cincocentos deportistas de 30 países participarán nas distintas probas de skate ou bmx, do Marisquiño, o festival que dende hoxe ata o domingo converte a Vigo na capital do deporte e da música urbana. 06-08-2026

A Garda civil investiga a un home de 25 anos, como presunto autor dun delito de homicidio imprudente e outro de abandono do lugar do accidente, trala colisión mortal ocorrida en Vilagarcía, a primeira hora da mañá | A Policía portuguesa investiga a aparición, en Caminha, dun camión de matrícula española semiafundido no Río Miño, co que se sospeita, é unha lancha empregada para o narcotráfico no seu interior. A embarcación, de doce metros de eslora e tres motores de gran potencia, ten un valor superior aos 400.000 euros | Comenza a conta atrás para a eclipse solar, que será xusto dentro dunha semana. Entre os mellores lugares para contemplalo hai algúns puntos que xa contan con seu propio atractivo turístico, especialmente nestas datas, como é a localidade de San Andrés de Teixido | No Carballiño, 30 cortadores de polbo para elaborar unha tapa xigante con 610 kilos de cefalópodo. Un novo récord que supera en dez quilos o do ano pasado. 05-08-2026

Recuperamos a influencia do anticiclón nunha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados na metade sur onde soben as temperaturas e máis cubertos en áreas do norte, onde descende lixeiramente. As máximas entre os 23 graos na Coruña e os 32 de Ourense. 05-08-2026

A Garda civil investiga a un home de 25 anos, como presunto autor dun delito de homicidio imprudente e outro de abandono do lugar do accidente, trala colisión mortal ocorrida en Vilagarcía | Investigan a aparición dun camión de matrícula española semiafundido na beira portuguesa do Río Miño, co que se sospeita e unha lancha emregada para o narcotráfico no seu interior | Entre os mellores lugares para contemplar a eclipse hai algúns puntos que xa contan con seu propio atractivo, como é a localidade de San Andrés de Teixido | No Carballiño, 30 cortadores de polbo para elaborar unha tapa xigante con 610 kilos de cefalópodo. Un novo récord que supera en dez quilos o do ano pasado. 05-08-2026

Morre un condutor, de 39 anos, nun violento choque frontal en Vilagarcía. Ocorreu a primeira hora da mañá. A Garda Civil busca ao outro condutor implicado, que fuxíu do lugar | Investigan a aparición dun camión de matrícula española semiafundido na beira portuguesa do Río Miño, co que se sospeita e unha lancha emregada para o narcotráfico no seu interior. A embarcación, de doce metros de eslora e tres motores de gran potencia, ten un valor superior aos 400.000 euros | Comenza a conta atrás para a eclipse solar, que será xusto dentro dunha semana. Entre os mellores lugares para contemplalo hai algúns puntos que xa contan con seu propio atractivo turístico, especialmente nestas datas, como é a localidade de San Andrés de Teixido | No Carballiño, 30 cortadores de polbo para elaborar unha tapa xigante con 610 kilos de cefalópodo. Un novo récord que supera en dez quilos o do ano pasado. Un evento desfrutado por centos de comensais, e que serve como presentación da Feira do Polbo que se celebra este domingo na localidade ourensá. 05-08-2026

A Seguridade Social gaña case 13.000 afiliados máis na nosa comunidade no mes de xullo, e acada un novo máximo histórico de 1.130.000 cotizantes | Galicia pecha un mes de Xullo negro polo impacto da calor con 129 persoas falecidas por causas atribuibles as altas temperaturas. Unha cifra que nos sitúa como a sexta comunidade con maior mortalidade | Hai vinte anos comezaba en Cotobade un dos peores incendios da historia de Galicia. O lume expandiuse tamén polas provincias de Ourense e A Coruña durante doce días, e arderon máis de 90 mil hectáreas | O Deportivo da Coruña, a piques de anunciar a fichaxe de Angeliño, que volve trece anos despois de marchar ao Manchester City. O lateral de Coristanco xa se incorporou á concentración do Depor en Italia e ao longo do día pasará recoñecemento médico. 04-08-2026